Coa auga ao pescozo

Setembro 25th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Hai dous anos que todos recibíamos abraiados nas nosas casas, semana si e semana
tamén, recibos de impostos municipais de recollida de basura atrasados, de lectura de
contadores da auga e do I.B.I. con incrementos de ate un 400%, nalgúns casos nos
que se posuían invernadoiros. Hai dous anos que esta crise empezaba a azoutarnos a todos,
e a algúns, estas recadacións intensivas e abusivas en tempos duros para a xente do
rural parecíannos inxustas e a destempo.

É aquí, que dous anos despois a crise segue presente nas nosas vidas, que detrás
daquelas subas de impostos viñeron outras. Todo prevé que a crise vai continuar e, a
nova Lei de Augas que o goberno do Partido Popular da Xunta de Galiza ten aprobado
no parlamento, vai axudar a minguar inda máis as xa minguadas economías rurais. A
nova lei fará que teñamos que pagar dous novos impostos polas augas, o canon da auga
e o coeficiente de vertido , a instalar contadores homologados nos pozos privados e,
a pagar polas augas das traídas que veciños e veciñas realizaron por iniciativa propia,
cando non se respondía a estas necesidades básicas.

Estes novos impostos só teñen un afán recadador, non introduce modificacións
substanciais dende o punto de vista ambiental nin da protección dos recursos
hidrolóxicos galegos. Con incrementos sobre o consumo de auga para unha familia de
ate o 360%. A Xunta de Galiza prevé recadar o dobre con este imposto. Coma sempre,
sobre quen recaerá o xugo recadador será sobre quen menos pode e debe, as familias,
a xente que inda resiste no campo e ten explotacións dalgún tipo, os colexios, centros
de saúde, restaurantes grandes…Poderían poñer en marcha a recadación do canon
industrial, que incrementaría os ingresos e garantiría un uso sostíbel da auga e unha
xestión transparente do canon industrial. Pero incrementarlle os impostos a quen máis
uso fai dos recursos, e máis rendibilidade lle saca, non parece ser do gusto desta Xunta
do PP .

Os comentarios están pechados.