O galego deixa de existir na Autovía do Salnés

Agosto 25th, 2010  |  Published in| the_category Cultura

Premer na foto para visualizar mellor o contido da información do panel

Os paneis informativos colocados na autovía do Salnés relega a nosa lingua a un segundo plano, eís a política do PP: O galego, a nosa lingua, a dos nosos/as pais/nais, avós/avoas….en fin, a lingua dos nosos devanceiros afastada de todos os lugares.

O BNG recolleu o malestar dos veciños e veciñas do Salnés, entre outros de moitas persoas de Meis, para denunciar esta situación. Así o deputado do BNG, Bieito Lobeira, presentou unha iniciativa na que incide, con retranca, en que para o PP o galego non é apto para as sinalizacións viarias (podería incrementar a sinistralidade), a sofisticada tecnoloxía dos paneis luminosos é incompatíbel coa nosa lingua mais non co castelán e inglés, os propios galegos e galegas non temos dereito a recibir información viaria na nosa lingua (os de Salamanca ou Birminghan en Galiza si), igual que se elimina da educación as matemáticas e as físicas se elimina “democráticamente” o galego na condución e por último deixa entrever que esta é a política de bilinguismo harmónico do PP onde o galeguismo amábel do PP nos leva a que o galego non moleste ao castelán e ao inglés.

O BNG pregunta no Parlamento por esta situación e a responsabilidade do mesmo. Podes ollar a iniciativa do BNG: Español-Inglés

Os comentarios están pechados.