Salustiano Vidal Lores

Xullo 15th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Salustiano Vidal (1850-1930)

Nacido en Cambados na metade do século XIX. Emigrou moi cativo á Arxentina, casou con Matilde Oubiñas Preciado e con Encarnación Fraga Padín.

A finais do século XIX regresa a Galiza e merca o Pazo de Caticovas (Nogueira), mais ten unha residencia na vila de Cambados. En 1908 é nomeado alcalde do noso concello.

Ainda que baixo o seu mandato a Feira do Mosteiro foi en aumento, son moitas as noticias da época onde se lle acusa de actividades caciquís (entre outras, os veciños ian a traballar de balde aos predios do Pazo). Tivo no agrarismo meisiño o seu principal opositor, encabezado polo avogado Ramón Salgado.

Sobre 1923, coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera, foi sustituido. Morre o 8 de xuño de 1930 en Cambados.

Os comentarios están pechados.