Exito rotundo na III Feira Labrega en O Mosteiro

Xullo 10th, 2010  |  Published in| the_category Eventos




Unha vez máis o bo facer dos veciños de Meis, coa asociación Cabemeis ao frente, levou á 3º edición da feira labrega a un éxito total.No día de onte os veciños e visitantes puideron revivir e ser partícipes dunha das famosas feiras do Mosteiro, que hai preto de cen anos atraían ao noso concello a centos de persoas.
No día de onte as vacas, os porcos, as galiñas e os pitos, os burros e os cabalos voltaron ao Campo da feira. Había moitos anos que non se escoitaba o muxido dunha vaca neste entorno.
Tamen o latoneiro, o cesteiro, o ferreiro e o carpinteiro volveron ser protagonistas do mercado, xunto coa costureira o panadeiro e tamén , un ano máis o aguardenteiro ou “cañeiro”.
Os tratantes volveron coas boinas e as varas a relear nos prezos, e este ano por mor da crise o gando ía un chisco máis axeitado no prezo.
O día caluroso que se presentou desde primeiras horas da mañán non fixo desistir aos centos de persoas que ao mediodía ateigaban o campo da feira, e os distintos puntos de venda de comida e bebida , que ofrecian desde suculentos callos a deliciosas larpeiradas caseiras feitas polas veciñas de Meis. Manxares deliciosos que foron regados cuns bos viños da terra.
Desde este blog a máis calurosa felicitación aos homes e mulleres que fan posible este marabillosos encontro co noso pasado e entre as nosas xentes.
Un día de familia e e de veciñanza, que aúna os obxectivos de lembrar de onde vimos e de revivir o xcalor do encontro entre as xentes. Cousas coma estas fannos sentir orgullosos de nos mesmos e fannos mellores persoas.
Parabens.

Os comentarios están pechados.