Pleno Extraordinario Novembro 2007

Novembro 23rd, 2007  |  Published in| the_category Plenos  |  1 Comment

jose-luis-perez4.jpg

O pasado 19 de Novembro celebrouse un Pleno Extraordinario no Concello de Meis con varios puntos do día: Conta Xeral de Orzamento 2006, Imposición de Taxa e aprobación da ordenanza fiscal para a celebración de vodas civís no concello de Meis, de limpeza e medio ambiente e das Licenzas e servizos urbanísticos. Ademáis foi modificado as ordenanzas fiscais reguladoras da taxa de recollida de residuos sólidos urbanos, tratamento e eliminación dos mesmos, así coma da taxa por servizos de ditribución de auga, gas, electricidade e outros.

A este pleno non asitiu, por razóns de forza maior, a concelleira do BNG Mª Carme Martínez.

O debate foi polémico, sobre todo na Taxa por voda civil no concello no que o Alcalde tomou  como referencia para o devandito canom “o que habitualmente cobran os curas”.  O certo é que a decisión do goberno local de estabelecer esta nova taxa provocou reaccións encontradas no Grupo Municipal do PSOE que tildaron o novo imposto de “aberrante”. O alcalde, José Luis Pérez Estévez, manifestaba a súa “sorpresa” ante a resposta dos socialistas e defendíase das acusacións da oposición alegando que “este novo imposto suporá un beneficio para os veciños, xa que eses cartos irán a parar ás arcas municipais”. A voceira do PSOE, Marta Giráldez Barral, declarou que “Chamamos persoalmente a todos os concellos da comarca e só en Vilagarcía nos dixeron que había intención de aplicala a principios de ano”.

Máis información: Diario de Arousa (21-11-07), La Voz de Galicia (21-11-07) (1), La Voz de Galicia (21-11-07) (2), La Voz de Galicia (21-11-07) (3), Canal Rías Baixas (21-11-07)

Responses

  1. ramiro says:

    Decembro 5th, 2007 at|comment_date at comment_time 11:52 (#)

    Onte día 4 de novembro celebrouse un novo pleno extraordinario no concello de Meis, para adheririse os plans da diputación para solicitar as AXUDAS FEDER.
    Todos os grupos que asistiron votaron a favor.
    Como anécdota dicir que o alcalde non estaba e dirixeu o pleno o tenente alcalde.