Salvemos o Castrove!!!

Novembro 18th, 2007  |  Published in| the_category Ecoloxía  |  10 Comments

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/JzBwi9cxcm8" width="425" height="350" wmode="transparent" /] 

chiste_16×5_peque.jpg 

galiza_non_se_vende2.jpg

Responses

  1. meis says:

    Novembro 18th, 2007 at|comment_date at comment_time 21:20 (#)

    NOTA DO WEBMASTER

    Con este video quero concienciar a todos os veciños e veciñas de Meis sobre un dos grandes patrimonios que ten o noso concello: O monte Castrove. Xa está ben do “ananismo mental” dalgunhas persoas coa teima de asfaltar as pistas e camiños do Castrove e xa é hora de que tomemos conciencia os meisinos e as meisinas do perigo que corre a fisionomía do monte cos “chaleciños” que queren construir.

    De todos NÓS depende de que non se destrúa o noso monte. Xa está ben que nos digan que vai ser beneficioso para Meis. ¿Se cadra a estas alturas non nos chega co Campo de Golf?…¿onde está o cacarexado “beneficio”?.

    Agardo que sexa do voso agrado.

  2. pura says:

    Novembro 19th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:49 (#)

    Algún día saldrá a luz a verdades dos chales e os intereses verdadeiros de quen se empeña tanto en que se leven a diante.

  3. chuza.org says:

    Novembro 19th, 2007 at|comment_date at comment_time 15:28 (#)

    ¡Salvemos o Monte Castrove!…

    Xenial vídeo que sae neste blogue de Meis, onde se pide axuda para salvar ao Monte Castrove, presa primeiro do Campo de Golf xa feito e que agora se quere urbanizar ferozmente. Paremos a Louzán e á “familia”….

  4. ESPE says:

    Novembro 19th, 2007 at|comment_date at comment_time 15:39 (#)

    E unha verdadeira pena que esteamos nas mans destes especuladores que non teñen outro interés nin outra cultura e sabedoría que a dos cartos e a do enriquecemento personal. Gustoume moito este video, porque di a verdade, e deixa en descuberto quen son os que lle queren ó concello e quen lle quere ó bolsillo. Cando vin a foto do das orellas déronme ganas de estrangulalo. Perdoade a miña expresión pero ese puto analfabeto vido a máis cree que dende o seu sillón pode facer e desfacer o que lle saia dos co… pasando por enriba dos veciños, da paisaxe dos animais. Habería que collelo a él e ó noso alcalde e seguramente a algún que está movendo fíos na sombra e atalos coas trampas que lle teñen ós cabalos do monte, que ainda que sexa ilegal, seguen estando nesas condicións, ainda que a os nosos solidarios, intelixentes, cultos e bondadosos representante importalle iso tanto como o futuro das nosas aldeas mentras eles teñan o peto cheos. Seguro que lle poñen máis interes a quen gaña a liga de futbol. LADRÓNS!!!

  5. markos says:

    Novembro 19th, 2007 at|comment_date at comment_time 20:16 (#)

    Magnífico!

  6. Tiger says:

    Novembro 19th, 2007 at|comment_date at comment_time 20:54 (#)

    Bem polo campo de Golfe de Meis e fóra o urbanismo selvagem. Adositas longe do Castrove. Galiza livre de especuladores.

  7. chuza says:

    Novembro 20th, 2007 at|comment_date at comment_time 11:26 (#)

    Hola!
    Quero comunicarlle o webmaster, por si non o sabe e lle interesa anuncialo, que onte día 19 de novembro se celebrou no concello de Meis as 21:00 horas, un pleno extraordinario, onde se aprobaron as subidas das taxas da recollida do lixo, da aunga, así como se implantaron novas taxas como por licencias urbanísticas, licencias de primeira ocupación…, e unha nova taxa pola celebración de vodas cililes no concello de Meis.
    O público era escaso como na maior parte dos plenos. O único grupo da oposición que estivo presente foi o grupo socialista porque a representante do BNG no asistiu o pleno nin a comisión informativa previa.

  8. Ortigueira Sostible says:

    Novembro 20th, 2007 at|comment_date at comment_time 19:40 (#)

    Saúdos, defensores da natureza e da vosa terra! Parabéns polo video. Sabede que as “famiglias” depredadoras do territorio son unha especie invasiva e perniciosa que por esta terra tamén padecemos. A nosa particular, gosta tamén dos campos de golf, do ladrillo a pé de costa e a pé de castros e de abrir inmensos buratos no monte que chaman canteiras de lousa. Sabemos do dificil que é implicar á sociedade nestas cousas e da complicidade que atopan estos vampiros da terra na política e na administracción. Por iso vos trasmitimos a nosa solidariedade e apoio. Animo. Unha aperta dende Ortigueira.

  9. chuza says:

    Novembro 21st, 2007 at|comment_date at comment_time 13:22 (#)

    Sigo esperando a resposta do webmaster

  10. Que Pesados!!! says:

    Novembro 22nd, 2007 at|comment_date at comment_time 2:09 (#)

    A ver se os dades de conta de que o webmaster supoño terá vida máis alá do blog, co cal non vos impacientedes se non sae unha noticia. Digo eu non??