O Zacande renova a súa directiva

Xuño 19th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade  |  2 Comments

No club de fútbol Zacande ven de renovarse a directiva. Na última asemblea o equipo presidido por Manuel Chao presentou a súa demisión ao completo. Os problemas producidos pola interpretación do calendario e, en principio perda dun partido, que non resultou ser tal, aceleraron a marcha dos que levaron últimamente as rendas dun equipo que ven de destacar nesta tempada entre os da súa categoria. Apenas un punto separou ao Zacande do ascenso. Un sono truncado, mais que de seguir o clube neste bo nivel de xogo, e co ánimo dos aficionados será alcanzado na vindeira tempada.
O timón do clube está agora nas mans de Xosé Antonio Fariña Casal e o seu equipo.

Responses

  1. UN AFICIONADO says:

    Xuño 21st, 2010 at|comment_date at comment_time 20:58 (#)

    Eu penso que si está en voas mans, pero según radio macuto creo cometeron xa un vo erro, si e certo que ficharon xa a o adestrador e din que volve a ser LUIS, eu recordolle que por culpa de este señor o Zacande non subeu este ano a Segunda, de momento poden correxir teñen tempo, non vaya a pasar o mesmo nesta próximas tempada sereía unha pena.

    Voa sorte e aupa Zacande

  2. unha says:

    Xuño 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 23:20 (#)

    O primeiro que hai que correxir é a túa ortografía. Se realmente foches aos partidos, non sei como podes dicir que se segue Luis, é un erro. Como sempre as culpas ao entrenador…