Dous anos de retraso para o remate do vial Caldas-Vilanoviña

Novembro 16th, 2007  |  Published in| the_category Eventos

 vial-vilanovina.jpg

Segundo comenta o Diario de Arousa: O proxecto de mellora aprobouse en novembro do 2005 coa previsión de que os traballos estarían rematados no prazo de catro meses. A idea era a de anchear o trazado en determinados puntos para mellorar así a seguridade vial. Xusto nas inmediacións da parroquia de Paradela, no lugar de Vilanoviña, estas decisións afectan a varios galpóns e a un cruceiro de pedra que posúe unha gran riqueza patrimonial e cultural.

As protestas dos veciños no referido a estes traballos de acondicionamento xiraban sobre o desnivel do trazado e todos incidían en que “hai que evitar que nun futuro quedemos anegados polas choivas ou polas riadas”.

Semella que a Deputación empeza a facerlle caso aos veciños de Vilanoviña…a ver se é verdade.

Máis información: Diario de Arousa (15-11-07)

Os comentarios están pechados.