Mestras e Mestres de Meis

Marzo 28th, 2011  |  Published in| the_category Historia

A Casa da Capela do Mosteiro (foto de 1897), foi durante case un século Escola.

PEQUENA ESCOLMA DE TRABALLADORES DO ENSINO VINCULADOS A MEIS

Abal Vázquez, Marina: Natural de San Martiño de Meis, aparece en 1922 como Mestra en San Salvador de Meis e en 1930 en Paradela.
Alvarez Bengoechea, Mª Candelaria: Nomeada Mestra Interina en San Martiño de Meis en Novembro de 1938.
Baladrón Martínez, Consuelo: Alumna en prácticas na Escola da Armenteira en 1938
Barés Castellá, Filomena: Mestra de San Salvador de Meis que en 1922 pasa á de O Campo (Marín) nunha permuta con Carmen Domínguez
Barreiro Novoa, Mª Josefa: Nomeada interina da Escola de San Martiño de Meis en 1938
Barros, Baldomero: Mestre da Escola Americana de Paradela en 1938
Barros Mosqueira, Juan: Mestre da Escola de Paradela en 1922
Beade Barral, Marcial: De San Salvador de Meis, pasa a ser o Mestre en San Martiño de Meis en 1934 procedente de Pidre (Ourense)
Blanco López, Samuel: Natural de Burgos, foi mestre en Paradela, xa aparece como Mestre da Escola Americana de Paradela en 1912, e Santo Tomé de Nogueira até 1936. Faleceu en Meis.
Buceta Güimil, Aurora: Natural de San Salvador de Meis, onde foi soterrada. Foi mestra en Poio. Séc. XX.
Castro Santos, Filomena: Nomeada Mestra en San Salvador de Meis en 1931
Cochón Freire, Carmen: Toma posesión da Escola Mixta de Santo Tomé de Nogueira en 1936. Natural de Meis.
Cochón Freire, Manuel: Natural de Meis, foi Mestre, entre outros, na Escola de Codeo (Ríos).
Cochón Freire, Socorro: Natural de Meis. Mestra en Santo Tomé de Nogueira en 1936
Conde Lorenzo, José: Natural de Meis, emigrou á Arxentina, Mestre e un dos fundadores das Escolas Americanas de Meis.
Domínguez, Carmen: Mestra que en 1922 permuta a súa praza pola de San Salvador de Meis.
Escudeiro Salgueiro, Luis: Natural de Meis. Mestre Nacional
Fariña Mariño, Purificación: Mestra, natural de Meis
Feijoo Pereira, Eduardo: Mestre que veu a San Salvador de Meis en 1934 procedente da Escola de Ribarteme
Fernández, Jesús: Mestre da Escola Americana do Mosteiro en 1931
Fernández González, Alvaro: Procedente de Abrante (Lugo) comeza a dar clases na Escola da Armenteira en 1934, ainda hai dados en 1938.
Fernández Gutierrez, Aurelia: Nomeada Mestra Interina da Escola de San Salvador de Meis en 1934
Fontenla Ferrin, Carmen: Mestra de Meis, cuxos herdeiros reclaman os dereitos pasivos en 1908
Freire Miguez, Matías Modesto: Mestre no Mosteiro en 1862 e en 1878
Freire Rivas, Filomena: Mestra do Mosteiro, elexida en 1926 a vogal de Meis no Colexio de Mestres de Cambados
García Martínez, Antonia Rosa: Mestra Interina da Escola da Armenteira en 1934
García Rino, Dionisio: Mestre que causa baixa da Escola de San Salvador de Meis en 1936
Goberna, Carmen: Nomeada Mestra Interina da Escola de San Lourenzo de Nogueira en 1904
González Andrade, Isabel: Mestra da Escola da Armenteira que se deu de baixa en 1936
González e Ayos, Ramón: Mestre nos Cruceiros (San Martiño de Meis) en 1862
Gutierrez del Arroyo, José: Nomeado Mestre en 1895
Irago García, Manuel: Mestre Nacional en Meis, hai dados en 1932, en 1934 pasa á Escola de Barro (Noia)
Lorenzo Malvar, Joaquina: Mestra de San Martiño de Meis en 1896
Maneiro Trillo, Luisa: Consigue a praza de Mestra de San Martiño de Meis en 1908, procedía da de Baredo (Baiona).
Martín, Rita Rosalía: Mestra da Escola da Armenteira até 1910
Medal Filgueira, Hortensia: Faise cargo da Escola de San Salvador de Meis en 1936 e en 1938 pasa á Escola de Santo Tomé de Nogueira
Mouriño Moraña, José Manuel: Mestre de Paradela, xubilouse en 1903. Xa aparece como Mestre en 1862 nunha escola na Modia (Paradela).
González Ortigueira, Dolores: Mestra que aparece como veciña de San Salvador de Meis en 1902
Otero, Carmen: Mestra en San Salvador de Meis en 1897
Panadero Charlín, Concepción: Mestra da Escola de San Salvador de Meis en 1918
Pazo Picallo, Filomena: Mestra de Paradela en 1907
Pérez Iglesias, Salvador: Mestre en San Salvador de Meis en 1878
Pérez Pérez, María: Mestra da Escola de San Martiño de Meis en 1918
Portela Portela, Domingo Manuel: Mestre de San Salvador de Meis, que solicita xubilarse en 1893
Rey Soto, Higinio: Aparece como Mestre de Paradela en 1929
Río, Julia del: Mestra na Armenteira en 1932
Rivas Ares, Rosendo: Mestre no Mosteiro en 1881. Presumibelmente, natural de Meis
Rivas Rodríguez, Socorro: Mestra no Mosteiro en 1862 e en 1902.
Rodríguez, José Mª: Mestre de Nogueira, sobreseido expedente gubernativo en 1894
Rodríguez Padilla, Joaquín: Mestre en Vilar (A Armenteira) en 1862
Sánchez Blanco, Mercedes: Foiselle adxudicada a Escola de Santo Tomé de Nogueira en 1938
Santos, Mena: Mestra da Escola de San Salvador de Meis en 1931
Teijeiro Freire, Servando: Mestre no lugar da Igrexa (San Salvador de Meis) en 1880
Trigo Diaz, José: Mestre da Escola Americana de Santo Tomé de Nogueira en 1932.
Vázquez y Arias Carbajal, Carmen: Nomeada Mestra da Escola de San Martiño de Meis en 1918
Vázquez Millán, Cándido: Mestre en San Martiño de Meis en 1881

Os comentarios están pechados.