A Casa do Cura da Armenteira

Abril 28th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica  |  2 Comments

armenteira38.jpg

Hai unha semana comentábavos sobre a perda significativa do xardín botánico da Saleta que tivemos os veciños de Meis para facelo un Ben Público a disposición do pobo. Daquela era Tenente Alcalde do Concello José Luis Pérez Estévez e non foi a única barrabasada que fixeron naquela lexislatura os do PP (1995-1999). Foi sonada en todo o País a Casa que o Cura da Armenteira se fixo diante do mosteiro da parroquia, sen que o Alcalde (Jorge Casal Pintos) nen o que é hoxe Alcalde fixeran nada para que iso non fora adiante, claro está: Coa Igrexa topamos!!!. Unha obra que empezou sen licencia ningunha.

Isto ven a conto, porque teño a memoria (memoria histórica) moi viva, de todo o que pasou e pasa no meu concello, porque non creo que se poda xulgar as cousas mirando só nestes últimos 4 anos, senon que debemos ollar nos 25 últimos anos de DESGOBERNO do PP (anteriormente Alianza Popular).

Non é a miña intención facer deste blog unitemático en política, mais si coido que debo de falar de cuestións de Meis que nos faga reflexionar sobre o rumbo que van tomando as cousas, sobre todo a poucos días de celebrarense eleccións municipais.

Responses

  1. Cruceiro do Culebrón says:

    Abril 29th, 2007 at|comment_date at comment_time 23:26 (#)

    Esa casa e unha aberración arquitectónica e debe ser demolida. Mentras tanto o muíño do mosteiro, peza importantísima da etnografía da parroquia, está a piques de vir abaixo.

  2. autor x says:

    Maio 23rd, 2007 at|comment_date at comment_time 17:54 (#)

    É terrible o que se fixo coa casa do cura da Armenteira, e o que é máis terrible é que os veciños desta parroquia non se opuxeran unánimemente e se organizaran para evitar este despropósito arquitectónica contra unha das xoias histórico-artísticas da comarca e de Galicia.
    Non entendo.