Relato y Memorias de un prisionero y cautivo del régimen de facto del “General Franco”

Decembro 10th, 2007  |  Published in| the_category Libros

portada-rancheiro.jpg

“Relato y Memorias de un prisionero y cautivo del régimen de facto del <<General Franco>>” é da autoría de Manuel Barros Chantada “O Rancheiro”.

No mes de Agosto de 1980 publicouse este libro de lembranzas sobre a Guerra Civil e a Postguerra do que se fixeron uns 500 exemplares pagados do propio peto do autor que os reparteu entre os seus amigos, familiares e achegados na Arxentina, mesmo tamén en España nunha viaxe que realizou en 1985.

Rubén Barros González, fillo do autor, rematou hai unhas semanas unha segunda edición mellorando sustancialmente o texto, para unha lectura máis doada, e mesmo engadeu algunhas cousas máis sobre a vida do seu pai. Moi probabelmente, este libro vaia ser anexado a un traballo que se está realizando sobre a República e a Guerra Civil en Meis.

Manuel Barros é, sen lugar a dúbidas, un heroe, disos dos que todos os meisinos e as meisinas podemos sentirnos fachendosos. Recomendaría a súa lectura porque son impresionantes os relatos que alí aparecen, da súa fuxida, de como salva a súa vida varias veces e sobre algúns apuntamentos históricos que realiza sobre o Meis da primeira metade do século XX.

Os comentarios están pechados.