Un alcalde de Meis demiteu en 1928 polo nomeamento dunha muller como funcionaria do Concello

Marzo 6th, 2011  |  Published in| the_category Historia

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER TRABALLADORA

O 16 de Novembro de 1928 o xornal catalán “La Vanguardia” publicaba ná páxina 22 un pequeno artigo titulado “Un alcalde antifeminista“, decía o seguinte:

O Concello de Meis, nomeou Depositaria-Contora a Dona Elvira Salgueiro, viúva de Escudeiro, contra a vontade do alcalde, que protestou deste alarde feminista presentando a demisión con carácter
irrevocábel
“.

Co gallo do 8 de Marzo, Día da Muller Traballadora, o blog de Meis quería celebrar esta data lembrando este feito que forma parte da historia do noso concello e que aconteceu hai case 80 anos. Moito cambiaron as cousas desde entón, mais ainda hai moito traballo por facer para acadar unha igualdade real entre mulleres e homes.

Elvira Salgueiro Castro, veciña de San Salvador de Meis, é a nai dunha importante familia meisiña do século XX. Orixinaria da vella fidalguía meisiña, naceu en San Martiño de Meis en 1873 e faleceu en 1963. Era irmán de Luciano Salgueiro Castro, Licenciado en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela en 1898.
En Novembro de 1931 sería destituida pola Corporación Municipal Conservadora, cuxo alcalde, Ramón Abal Sabarís, gobernaba baixo as siglas de “Republicanos Demócratas”. O Partido Radical Republicano de Meis protestaría por este proceder (ainda que hai que lembrar que Luis Escudeiro e Eduardo Escudeiro, fillos de Elvira Salgueiro, eran respectivamente o tesoureiro e o Vicepresidente do Partido Radical en Meis). En 1934 cando os Radicais Republicanos acceden ao Goberno Municipal restitúen no seu cargo a Elvira Salgueiro.

Do que non se saba moi ben é quen foi este alcalde que demiteu dado que a meirande parte da documentación municipal ardeu no incendio de 1930. Probabelmente se trate de Servando Salgado do que aparece como alcalde de Meis en 1927, foi veciño de Vilanoviña (Paradela) e do que semella foi sustituido por Ramón Abal Sabarís en 1928. Este último sería alcalde até 1934.
Outras posibilidade, é que fora o alcalde Ricardo Feijóo.

Os comentarios están pechados.