As Trasnadas no Samaín

Novembro 1st, 2007  |  Published in| the_category Ruxe-ruxe  |  11 Comments

  samain.jpg  samain1.jpg

Andamos mergullados istos días no Samaín, pois por moito que algúns non souberamos moi ben en que consistía, pronto nos puxeron ao día os nosos fillos, traendo as cabazas feitas no colexio ou contándonos lendas alusivas a estas datas.

E falando de lendas e de tempos de trasnos e trasnadas, decir que chegou preto de nós unha “lenda” dos últimos tempos, que non sei se ten sustento de realidade ou base para unha lenda en toda regra.

policia-local.jpg

Acontece que no “ruxe ruxe” de Meis fálase da creación dunha praza de policia local, pero non queda ahí a cousa, vai moito máis aló, pois a suposta praza tería “inquilino, xa que quedou xente das dos “bos” sen colocar” e neste caso en cuestion, a rumoroloxía sitúa nela a unha persoa moi ligada sentimentalmente a unha muller de “gran influencia” no concello. Isto está a provocar un malestar profundo nun amplo sector da poboación de Meis, por tratarse dunha persoa que non desperta moita simpatía social que digamos e sumándolle ao feito de que se dé por adxudicado algo que ainda non está nen creada.

Responses

  1. Maru says:

    Novembro 1st, 2007 at|comment_date at comment_time 23:02 (#)

    Poderiades decir de quen se trata??

  2. meis says:

    Novembro 3rd, 2007 at|comment_date at comment_time 9:41 (#)

    NOTA DO WEBMASTER

    “Maru”, non podo dar nomes por tratarse dun asunto que non ten consistencia de ser certo e afecta a persoas que non obstentan cargos públicos, o que podería acarrear algunha denuncia a este blogomillo.

  3. marujita diaz says:

    Novembro 4th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:21 (#)

    eu creo deberiades de deixar de dicir estupideces y informar un pouco mellor, a quen se lle conta que nun concello solo vaia a haber unha soa praza, eu creo que o que fai este blogomillo deberia de retirar este anuncio que non ten loxica e demostra a pouca cabeza que ten o que escribe, pero bueno, ese ruxe ruxe deberiache de informar mellor , e en vez de non dicir os nomes o que deberias e de dicilos, por que cndo non o dis e por que seguramente non e certo, informate mellor, “ou que che informen mellor”, meis ten outras cousas mais importantes que facer, e non creo que necesite por ahora unha praza, nin duas que seria o loxico de policia local. informate mellor

  4. meis says:

    Novembro 4th, 2007 at|comment_date at comment_time 15:22 (#)

    NOTA DO WEBMASTER

    “Marujita Diaz”, un pouquiño de sentido do humor non che viría nada mal. Penso que o primeiro que debes facer é saber ler (o que está en negriña no artigo é para xente coma ti, con dificultades de comprensión), porque non te enteraches moito por onde ía o artigo. Hai que ser aberta de mente e de espíritu. E desde logo, que máis quixeras que o eliminase.

    Por outra banda, penso que non chega con dúas prazas de polìcia local, fan falla máis… para alimentar máis estómagos agradecidos.

  5. manolo el del bombo says:

    Novembro 4th, 2007 at|comment_date at comment_time 23:28 (#)

    Moi bonito, tiramo-la pedra e agachamos a man, e despois os arghumentos coma en Aqui ai Tomate.

  6. Aquí hai tomate says:

    Novembro 5th, 2007 at|comment_date at comment_time 19:30 (#)

    Manoliño, manoliño, tes que aprender a ler.Eu non sei a quen se refire o webmaster cando fala do suposto policia local do que fala o ruxe ruxe popular, pero si sei que cando lin o artigo entendin claramente, pois así está exposto, que non di os nomes por carecer de sustento formal, e ser só obxeto de comentario popular.Está claro, outra cousa é que sexas corto de entendedeiras, pero diso nadie che ten culpa, ou si??
    É certo ademais que se comenta, eu xa oín falar do tema no bar en San Martiño e o meu veciño Manolo faise o xordo ainda que é concejal.Dame rabia que desacreditedes o webmaster desta páxina cando o único que fixo foi poñer o que todo o mundo comenta, teña sustentabilidade ou non.Está na rúa e eso non se pode negar.
    Aproveito para felicitar o autor ou autores desta páxina, pois ainda que penso que respiran bloqueiros, tamén valoro moi positivamente que poñen anuncios das corais, cursos que organiza o concello, temas de historia, e eso é moi interesante, a pena é que a xente só se fixe nas noticias do ruxe ruxe ou en temas de prensa máis amarilla.Hai que valorar a cantidade de cousas que podemos aprender desta páxina, polo menos eu.Gracias por facela.Moitas ,moitas felicidades.

  7. HOLA says:

    Novembro 5th, 2007 at|comment_date at comment_time 22:18 (#)

    merda e mais que merda a que hai no concello. debe de ter moito traballo a concejala de cultura……..

  8. ------ says:

    Novembro 20th, 2007 at|comment_date at comment_time 23:18 (#)

    Cando queiras vaite ali que sin problema te informa do traballo que ten. envidioso

  9. tito says:

    Novembro 21st, 2007 at|comment_date at comment_time 10:16 (#)

    HOXE SALEN NOS DISTINTOS XORNALES A NOVA DA TAXA POLA CELEBRACIÓN DE VODAS CIVILES NO CONCELLO DE MEIS.RARO QUE NESTE BLOG NON SE FALE NADA DO TEMA, E NIN SE ANUNCIASE A CELEBRACIÓN DESE PLENO EXTRAORDINARIO.
    POR QUE ??

  10. Que Pesados!!! says:

    Novembro 22nd, 2007 at|comment_date at comment_time 2:08 (#)

    A ver se os dades de conta de que o webmaster supoño terá vida máis alá do blog, co cal non vos impacientedes se non sae unha noticia. Digo eu non??

  11. Antonio says:

    Novembro 23rd, 2007 at|comment_date at comment_time 15:58 (#)

    Que lles pasa ós do Pesoe cos do Bloque??
    Da a impresión de que queren deixar quedar mal á concejala do Bloque ou algo.Insisten moito en que non estuvo no pleno extraordinario da semana pasada. Supoño que a eles non lles importará, pois falei o tema cun concejal do PP e díxome que o concejal que tiñan antes os do Pesoe non iba nunca os plenos , que pasaba de todo, e cando lle preguntei polo Bloque díxome que iban sempre, e que si a concejala do Bloque faltara ese día que tiña que ser por algo serio, “esa non falta nunca” dixo de forma textual.É añadeu que ten a impresión, sua que non miña, que os do psoe están un pouco celosos, pois seica agardaban que a do Bloque recuara ó ser menos ca os do Psoe, pero que nin así, que sigue na misma liña de dar caña, e que os do psoe eso non lles gusta, e andan a críticar o Bloque entre a xente para poñerse eles as medallas.Di que ós do PP tampouco lles gusta o Bloque pero que xa están acostumbrados a que a do Bloque lles de guerra.
    Eu persoalmente penso que o pesoe se debería dedicar a facer o seu traballo en vez de amolar ós demais, o Bloque que faga o seu traballo e o PP que goberne, que eso ten asignado.
    Mal imos se a oposición en vez de facer o seu traballo se dedica a amolar ó resto por complexo de inferioridade.