Cinemas Dixitais no Multiusos do Mosteiro

Outubro 26th, 2007  |  Published in| the_category Cultura

 cinemas-dixitais.jpg

Dende o 27 de Outubro até o 6 de Decembro vanse desenvolver no Mosteiro varias sesións de cinema feito en Galiza: “Entre Bateas” o 27 de Outubro, “O Partido”  28 de Outubro, “Secuestrados en Xeorxia” 10 de Novembro, “Jalisco” o 11 de Novembro, “O Tesouro” (de Anxel Fole) 17 de Novembro, “A Atlántida” 24 de Novembro, “A Biblioteca da Iguana” 25 de Novembro e por último o 6 de Decembro co filme “Máis ca irmáns”.

Estas sesións conta coas colaboracións da Consellaría de Cultura da Xunta de Galiza, IGAEM, TVG, Concello de Meis e a Axencia Audiovisual Galega. O prezo das entradas serán de 2 € para os maiores de 14 anos e 1 para os menores desa idade.

Máis información nos medios de comunicación: Diario de Arousa (26-10-2007)

Os comentarios están pechados.