Os negocios de Telmo Martín e o irmán do conselleiro de Cultura

Xuño 7th, 2010  |  Published in| the_category Sociedade

Artigo de Galicia Confidencia

Ademais de ser propietarios nos apartamentos do Grove en pé malia unha orde de derrube; o líder do PP de Pontevedra e Fernando Varela son socios na sociedade Gralicia. Ademas, nas casas de Raeiros tamén é socio o constructor do concello de Sanxenxo, adxudicado por Telmo Martín, e que se desviou máis dun 30% do orzamento.

Por Galicia Confidencial | | 07/06/2010

Pero quen esta detrás desta promotora?

Segundo o Rexistro Mercantil , os administradores de Inproin son:

•Fernando Varela, irmán do concelleiro de cultura Roberto Varela e actual presidente da Asociación Galega de Graniteiros
•Jose Ramón Vallejo Sueiro
•Jose Fernández Vidal, constructor de Meaño
Jose Abal Vidal, de Construciones Abal de Meis.

José Abal Vidal, a través de Construcciones Abal, foi tamén quen fixo a nova casa do concello de Sanxenxo baixo o mandato do aquela alcalde e hoxe líder do PP na cidade de Pontevedra, Telmo Martin.

A nova casa do concello foi financiada pola conselleria de Xustiza en 2005 sendo titular Xesús Palmou, mediante unha subvención de 675.000 euros a pagar 5 anualidades e no devandito convenio para “ obras de reforma e ampliación da casa do concello” o importe total ascendía a 843.749 euros.

Despois de varios bailes de cifras, ao final a obra adxudicase por 955.000 euros firmando o contrato administrativo o 15 de maio do 2006. Porén, ao entregar a última certificación da obra o custe da obra aumenta en 278.323,76 euros, tendo o Concello de Sanxenxo que levar ao pleno de setembro do 2008 esta modificación por exceder do 10% dos recursos ordinarios do presuposto da obra. E é que o custe dispararase máis dun 29% dende a adxudicación.

Ademais dos seus vínculos en Raeiros e no Concello de Sanxenxo, Fernando Varela e Telmo Martín son amigos dende hai moitos anos e socios na empresa Gralicia Pedras Elaboradas SL, na que tamén participa o conselleiro Roberto Varela. Por iso o nome de Fernando Varela soou como un dos posibles candidatos a alcaldía de Sanxenxo polo PP.

Os estreitos vínculos de políticos conservadores cos chalés de Raeiros, xa coñecidos como “Villa PP”, sitúan a demolición desta urbanización ilegal como un dos puntos clave da campaña das eleccións locais.

Os comentarios están pechados.