O Alcalde de Meis “chupando” foto

Outubro 23rd, 2007  |  Published in| the_category Política  |  6 Comments

 portadaarousa231007.jpg

Resúltame un insulto aos veciños de Meis que apareza o alcalde nunha concentración popular para exixir un dereito esencial como o de poder ser atendido por un médico. Veredes que en todas as noticias aparecidas até de agora nos diferentes medios de comuniciación NON fan referencias a xestións realizadas desde a Alcaldía sobre esta cuestión. Xa está ben de que nos tomen por imbéciles. O único que saiu nos medios foi como se botaban balóns fóra, botándolle a culpa a Consellaría de Sanidade. ¿Se cadra, o Alcalde non pode facer exixencias públicas e notorias?

Agora vemos ao Alcalde de Meis facendo o PARIPÉ en San Martiño. Preguntémonos entón: ¿Falou o Alcalde persoalmente coa Conselleira de Sanidade?. A min non me chega con que este señor faga nen ten sequer unha chamada telefónica, ainda que esta cuestión non teña que ver directamente cos seus deberes, mais si ten que velar polas inxustizas que vaian aparecendo no concello, que non son poucas. Son xa tres semanas sen un médico e este señor non abreu a boca perante a institución responsábel nen deixou constancia pública do malestar existentes nas parroquias afectadas. Que non nos veña agora con milongas. Isto é vergoñento porque é tan culpábel coma a Consellaría de Sanidade da situación xerada.

Máis información: Diario de Arousa (23-10-07)

Responses

  1. fochon says:

    Outubro 23rd, 2007 at|comment_date at comment_time 22:13 (#)

    Dis que a cuestión da sanidade, non ten que ver cos deberes do Concello; Ben. Entón que debe facer este home,aparte de estar ao lado dos veciños, acaso queimarse ao bonzo.
    Realmente e unha lastima que os medios de comunicación, non fagan ningunha referencia as xestións do alcalde. Pero eu preguntome, e que fixo a nosa oposición, moito mais cercanas a consellería e o Sergas.
    Que lastima que esta páxina , tan ben informada, outras veces do que dín, non nos conte o que fixeron, para solucionar o problema.

  2. pepe jeans says:

    Outubro 24th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:21 (#)

    Fochón, as funcións dun alcalde non só se ciñe a cuestións burocráticas senon incluso en todo o que lle pode afectar a un concello. Por exemplo, se unha estrada é competencia do estado e está habendo accidentes ou está con fochancas, o alcalde ten a obriga de suxerir o arranxo da mesma ó organismo competente, logo non?
    Coincido contigo no tema da oposición (sobre todo ó PSOE, quen son os que levan a Consellería de Sanidade), pero non foron a facerse a foto como o alcalde.
    Só quero rematar cunha cousa, lle saleu redondo ó alcalde estar nunha concentración, donde moitos de nós sabemos que non se rasgou as vestiduras por esta cuestión, pero o pobo non o sabe.

  3. fochon says:

    Outubro 25th, 2007 at|comment_date at comment_time 22:40 (#)

    Pepe jeans, concidiremos en que a oposición foi moi coherente, o non sair na foto, non fixeron nada, e non foron posar para a foto.
    Dende logo, os xerifantes dos dous partidos a nivel local, deben estar encantados co ridículo.
    Ter unha oportunidade tan boa, para aparecer nunha foto, en calquer medio local, ao lado de calqueira delegado da consellería afín, dando a nova da pronta solución do problema gracias as suas xestións.
    Aparecendo despois como salvadores de Meis, e coma sempre, deixala pasar de largo.
    Esto deixa ver o nivel dos nosos políticos, eso si, despois virán os que comulgan con pedras do muiño, para facernos ver con sofisticadas explicacións demagóxicas, que o problema esta no PP, pero non ven o que temos na otra banda.

    P.D.
    Por certo encantoume o das “fochancas”.
    Un saudo.

  4. Mimadriña says:

    Outubro 26th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:33 (#)

    O alcalde sale na foto co jersey verde, e leva unha semana co mesmo jersey. temos que pagarlle máis sueldo para que non ande sempre coa mesma roupa,xa que non debe ter cartos para comprar outro, pois supoño que non será problema de que non o lava , ou si???
    Claro que o color tampouco é que lle fravoreza.Pode que o color do PP xa non sea o naranza e pode que pasaran ó verde.Quizás é eso??
    Menuda imaxe a deste home, eu xa prefiero tomalo a coña, ainda que acuda ás miñas consultas a San Martiño.Sale na foto para dar a entender que fixo algo, e NON FIXO NADA DE NADA.nON SEI SI OS DA OPOSICIÓN FIXERON ALGO OU NON , TAMPOUCO SEI SE ALGUEN FALOU CON ELES PARA QUE O FIXERAN,PERO CO ALCALDE SI FALARON.Ten moita cara o alcalde, eso é o que ten, moita, moita cara.

  5. DE PRIMEIRA MAN says:

    Outubro 26th, 2007 at|comment_date at comment_time 20:19 (#)

    Eu podo informar por fontes directas, que po lo menos cos do PSOE ningún veciño se puxo en contacto para intentar arranxar a situación. Ainda así, tamén sei, que a Portavoz do Grupo Socialista se puxo en contacto telefónico ca Conselería para pedir contas, e solicitar que se arranxase a situación tres ou catro días antes da famosa concentración. Non sei si a súa intervención xurdiu efectos ou non, pero de todos modos o asunto xa tiña que estar arranxado con antelación a dita concentración porque es espazo de horas non se consigue un médico substituto.
    Pero alégrome que ningun dos da oposición fose a facer demagoxia nin a quitarse a foto a San Martiño, como o alcalde que deu pena.
    O raro foi que non levase na man a mangueira de Rajoy e Feijoo que tanto deu que falar e seguro garda como recordo, porquer daquela tamén saleu na foto. Para a proxima se gaña as elección que lle dean un cacho desa mangueira en vez do bastón de mando do Concello.
    Saúdos.

  6. pelopincho says:

    Outubro 28th, 2007 at|comment_date at comment_time 20:33 (#)

    Claro q é criticable q nos deixen sen consulta médica en San Martiño, moi criticable. Aínda q, por outra parte, non quedamos desatentidos, ya q noutras consultas próximas se encargaron d prestarnos atención médica.
    Sen embargo, tamén hay q dicir q era a ocasión propicia para q o alcalde e o noso grupo de goberno aproveitaran para sacar réditos políticos a unha decisión q é responsabilidade dunha administración q é competencia doutros partidos.
    Non vos enteraste d q o día da primeira protesta, unha concentración q fixeron diante do centro médico, e á q acodiron as cámaras da nosa inefable televisión local, incluso se disfrazou a un tipo para q aparecese con muletas e cun pé vendado.
    Como vedes uns mestres da comedia.
    É alí estaba un concellal do PP que vive na zona facendo de portavoz veciñal, mostrando a indignación terrible que lle producía o feito.
    E despois foron os propios membros do equipo de goberno os q fixeron e colocaron os carteis anunciantes da concentración, e ata se adicaron a transportar xente á mesma.
    Eu agardaba unha gran pancarta do estilo da de NON QUEREMOS CELULOSAS, NIN O ALCALDE NIN OS VECIÑOS, SE A QUEREN OS DO BLOQUE, QUE A LEVEN PARA O CAMPIÑO. Pero nada, o departamento oficial de márketing non estivo á altura. Tamén fallou o departamento oficial de catering, porque unha concentración sen comedela… Onde se veu eso, sobre todo cuns representantes municipais como os nosos. Se nese aspecto son uns mestres.