O BNG leva ao Goberno Municipal de Meis perante o Valedor do Pobo

Maio 31st, 2010  |  Published in| the_category Concello

“O BNG LEVA PERANTE O VALEDOR DO POBO A DISCRIMINACIÓN DO USO DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS POR PARTE DO GOBERNO LOCAL DE MEIS”

O BNG presentou unha queixa perante o Valedor do Pobo sobre a discriminación que fai o Goberno Municipal do PP de Meis para o uso das instalacións municipais.
A portavoz municipal do BNG, María do Carme Martínez Rodiño explicou que o pasado mes de abril solicitamos o uso do local municipal situado na Casa da Cultura, para o 24 de abril de 2010, ás 19:00 horas, co obxecto de celebrar un acto público dirixido á informar aos veciños e veciñas sobre cuestións e actividades do grupo municipal do BNG, sendo desestimada baixo o argumento de que “cada partido debe ter unha sede na que levar a cabo as xuntanzas que considere oportunas”, cando é obriga do Concello poñer a disposición dos grupos municipais locais do Concello para as actividades de xestión e información aos veciños e veciñas.
María do Carme Martínez Rodiño, dixo ademais que a solicitude do BNG tiña por obxecto a celebración dunha reunión informativa pública e aberta aos veciños e veciñas de Meis, actividade propia dunha organización política para informar á cidadanía de asuntos do seu interese, e que constitúe parte esencial do exercicio do dereito de participación política, dereito fundamental que con esta resolución se limita e constrinxe de forma absolutamente inxustificada.
E o despotismo do PP con aquela resolución intenta negarlle a voz ao BNG, facendo un uso caciquil do libre albedrío co que conta o Goberno Municipal para ceder ou non o uso das instalacións municipais. No século XXI négaselle aos representantes do pobo calquera uso ou goce de instalacións públicas co que desenvolver a súa acción política e diaria.
Asdo: BNG-Meis

Os comentarios están pechados.