A Armenteira, San Salvador e San Martiño de Meis sen médico

Outubro 16th, 2007  |  Published in| the_category Sucesos  |  2 Comments

 sanmartinho.jpg

Segundo ven de publicar “Canal Rías Baixas” San Martiño, San Salvador e A Armenteira fican sen médico: “Os veciños da parroquia de San Martiño de Meis atópanse indignados pola situación de precariedade sanitaria que están a vivir. Dende a xornada de onte ninguén atende o consultorio público desta parroquia por falta de médico. O doutor habitual que presta servicio en San Martiño está de vacacións, e o servicio público sanitario non mandou ningún substituto” .

Máis información en Canal Rías Baixas: A parroquia de San Martiño de Meis sen médico

Diario de Arousa (20-10-2007), La Voz de Galicia (21-10-2007)

OS VECIÑOS CONSIGUEN O MÉDICO QUE LLES PERTENCEN POR DEREITO

san-martino-de-meis.jpg

Canal Rías Baixas (22-10-07): “Os veciños de San Martiño de Meis terán o médico pediron nos últimos días. Así o fixo saber esta tarde o Servizo Galego de Saúde. A noticia coñeceuse pouco despois da manifestación para denunciar á situación que afecta a máis de 1.300 veciños desta parroquia. O seu médico está de vacacións e non tiña substituto…ata agora. A súas peticións deron o seu froito. Xa existe solución para esta situación que se estaba a agravar día tras día.”

san-martino-de-meis1.jpg san-martino-de-meis2.jpg

A nova nos medios: Faro de Vigo (23-10-07), La Voz de Galicia (23-10-07), Diario de Arousa (23-10-07), La Voz de Galicia (26-10-07)

Responses

  1. rufina says:

    Outubro 29th, 2007 at|comment_date at comment_time 21:24 (#)

    Esta última da foto do chaleco, non e a presidenta da comunidade de montas de San Martiño? Medo me da.
    Pero eu escribo para preguntar porque quitaron deste blog una noticia que se publicou fai uns días dunda suposta praza de policía local para o Concello que supostamente xa estaba otorgada…Gustaríame opinar sobre o tema, pero extráname que se suprimira a noticia.

  2. meis says:

    Outubro 30th, 2007 at|comment_date at comment_time 15:17 (#)

    NOTA DO WEBMASTER

    Rufina grazas polo teu comentario. Non hai nada estrano, o que acontece é que estou mirando, arranxando e improvisando cousas para mellorar o blogue, facelo máis atractivo. Gostaría facer unha web medianamente seria e non sei se poñendo as noticias do “ruxe ruxe” que circulan polo noso concello será algo bó ou non. A idea non a desboto.

    Se queres publicar algunha cousa en relación ao tema que plantexas, pódesme mandar un correo e falámolo.