Pedro Fraga Maquieira

Decembro 4th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

Serra de Fraga (Chile), na honra do meisiño Pedro Fraga Maquieira

Pedro de Fraga naceu en San Lourenzo de Nogueira (Meis) o 5 de xuño de 1742; fillo de Julián de Fraga e María Maquieira, naturais do reino de Galiza, nacidos de cristiáns vellos e de nobre e distinguida calidade. Desde que chegou ao reino de Chile, dedicouse ao comercio.
O 11 de agosto de 1773 Pedro de Fraga e Maquieira en Real Provisión de amparo de nobre a favor por auto da Real Audiencia de Chile, Santiago, en cuxa virtude foi recibido no cargo de Subdelegado do partido de Copiapó (Chile).
Nomeado corregidor do partido de Copiapó en setembro de 1773, portouse con honra, pureza e integridade, concepto xeral en toda xurisdicción, invirtindo todos os seus proventos en beneficio do propio lugar, formando pontes firmes de pedra e lousa labrada nas rúas, refaccionando o cárcere, comprando prisións para a seguridade dos reos, abrindo zanxas para que en caso de avenidas a vila se libertase de asulagacións que a ameazaban, poñendo reparos para atallo do río, facendo conducir até os contornos da vila a auga que algúns interesados tiñan cortada no seu principio, con perxuizo dos pobres e especialmente dos indios; adornando ricamente a freguesía, e en fin repartindo cuantiosas limosnas en común e en particular.
De Pedro de Fraga foi sen dúbida o descubridor, aoredor de 1811, dos xacementos “Ladrillos, Puquios, e probabelmente Farallón, Rosario, Checo e Cerro Blanco“. Hai unha serra que leva o seu nome nas cartas cartográficas de Chile.

En resume, Pedro de Fraga e Maqueira (mineiro, comerciante, Correxedor e Xustiza Maior de Copiapó 1773, Cabaleiro Cruzado, Subdelegado do Cabildo, cateador sagaz e entusiasta, emprendedor e traballador infatigábel, constructor de obras públicas, comandante das compañías de cabaleiría, mordomo da parroquia, desprendido benefactor dos pobres; achegador de innumerabeis xacementos, é sen dúbida o mineiro máis importante de Chile no século XVIII, xunto ao francés Francisco Subercaseaux; sen embargo, “recibeu o pago da ingratitude” (Sayago), e morreu na pobreza en La Rioja, Arxentina.

Arturo Hiparco Lois Fraga (1879-1963), tataraneto de Pedro de Fraga e Maquieira

Xenealoxía:

I Xeración
Julián de Fraga e María Antonia Maqueira, naturais do Reino da Galiza

II Xeración
Pedro de Fraga c.c. Eustaquia Revilla (filla de José de la Rivilla e María Morales) en 1760 en Copiapó

III Xeración
Manuel Fraga Revilla c.c. Catalina Fuentevilla en Copiapó

IV Xeración
Gregorio Fraga Revilla c.c. Raquel Cumplido Villafañe

V Xeración
Raquel Fraga Cumplido c.c. Juan Serapio Lois Cañas

VI Xeración
Arturo Lois Fraga

Os comentarios están pechados.