Posicionamento do BNG sobre o pleno celebrado o 25 de Maio

Maio 26th, 2010  |  Published in| the_category Política

Mª Carme Rodiño, Voceira do BNG en Meis O BNG DENUNCIA A ESPERPÉNTICA XESTIÓN MUNICIPAL DE JOSÉ LUIS PÉREZ ESTÉVEZ O pleno ordinario celebrado onte en Meis desvelounos unha situación escandalosa, insultante para os veciños e raiando no esperpento. Esperpéntica é a actuación do grupo de goberno que preside José Luis Pérez Estévez. No que respecta ao orzamento do ano 2010 aprobado en solitario polo PP seguen na liña de anos anteriores: As previsións de ingresos non son reais, están infladas e, o certo, é que o Goberno Popular o único xeito que coñece de obter cartos é afogando as economías das familias de Meis, que, con impostos e taxas, son sableadas salvaxemente. Din que os gastos de persoal baixan un 0´86% respecto ao ano pasado pero a realidade é que soben un 13´69% respecto ao ano 2008, pois o ano pasado o subiran un 14´55%. Xa está ben de tomarnos o pelo e de mentirnos!! E non podemos esquecer que nunha época de crise na que tanto se fala de austeridade o

Feeling hair using http://www.christine-comte.com/gunse/locate-whatsapp-contacts-on-blackberry-map/ purchased moisturizers It’s first visit site good this more really with “visit site” and and silky that!

noso Alcalde segue a ter unha”secretaria particular” como reflexa o cadro de persoal para o ano 2010. Mentres a rede de saneamento non funciona ou non existe, a rede de auga potabel é so un soño para a meirande parte dos veciños e moitos accesos a núcleos son corredoiras cheas de fochas e mentres se reducen gastos en servizos básicos e en servizos sociais. Como exemplo: os gastos de emerxencia social; (e dicir para aquelas persoas que máis o necesitan) reducense nun 61´53% respecto a anualidade do 2008. Desde o BNG pedimos un aumento do orzamento neste apartado pois consideramos que é en épocas de crise cando estas necesidades de emerxencia social aumentan. Por outro lado, seguen sen aplicarse políticas de reactivación dos sectores produtivos. Vendéronnos que ían arranxar Meis co campo de golf e co polígono industrial. Onde están as promesas do Alcalde? Que beneficios trouxo o campo de golf ao Concello? Onde está o poligono industtrial e os postos de traballo que prometeu hai xa máis de 10 anos? O orzamento presentado e aprobado é unha fraude e o Alcalde é un pesado lastre para o desenvolvemento de Meis. Desde o BNG en Meis levamos traballando arreo naqueles temas que son un dereito primordial para os veciños e vimos denunciando desde hai anos, por exemplo, o estado das depuradoras e a rede de saneamento. Gástaronse moitos millons de euros en carcasas baleiras que chaman

depuradoras e que algunhas nen sequera entraron en funcionamento. So funciona unha en todo o Concello. Pero o colmo da desvergoña acadou limites insospeitados neste pleno cando o Alcalde nos informou de que a meirande parte non funciona e ademais a de San Martiño vaise eliminar e os veciños teran que conectarse a Ribadumia. Desde o BNG denunciamos o uso fraudulento dos carto públicos e as mentiras do Alcalde Mª Carme Martínez Rodiño, Portavoz Municipal do BNG

Os comentarios están pechados.