Landín

Maio 13th, 2012  |  Published in| the_category Familias de Meis

Existe 51 abonados ao servizo telefónico na provincia de Pontevedra, 3 en Meis, 5 en Portas, 3 en

Poio, 8 en Pontevedra, 10 en Vigo, 10 en Marín e o resto espallados pola comarca do Salnés. Non é fácil dar unha orixe a este apelido que algúns sinalan unha procedencia lusa. Desde o século XVII existen persoas co apelido Landín polo actual termo municipal de Meis. En 1689 actuaba na freguesía de San Vicente de Nogueira o escribán Xoán de Landín Señoráns, unha filla entronca co Casal de Caticovas. Nesta parroquia de Nogueira é onde se fixaron os Landín de Meis, xa en 1752 atopamos como veciños a Francisco, Tomasa, Pedro, Pascual, Xosé Antonio, Xacinto e Angel Landín. Houbo casas dos Landín en San Fiz de Lois (Ribadumia) e en Tremoedo (Vilanova de Arousa), así un Brais de Landín desta casa casou con Dominga Barreiro Monterroso, a fins do XVII.

Os comentarios están pechados.