Intercambio cultural entre Meis e Zumaia (Euskadi)

Outubro 5th, 2007  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis  |  5 Comments

xuntanza-de-meis-en-aranzazu-euskadi.jpg

O vindeiro 1 de Novembro chegará a Meis a Coral de San Pedro de Zumaia (Gipuzkoa) por mor da visita realizada pola Coral Xuntaza de Meis no mes de Maio. Segundo engade Montse Arosa Villar, que dirixe a Coral meisina desde comezos de ano: “entre as nosas actividades, demos un concerto que gustou moito ó público pero sen dúbida o que mais gustou foi o pasarrúas que fixemos a golpe de gaita, tambor e bombo polas rúas da zona vella de Zumaia, arrastrando a centos de persoas ó son da muiñeira. Segundo nos contan os compañeiros do coro San Pedro, todavía se fala naquelas rúas <<de aquella tarde que pasaron por aquí los gallegos>>. Por suposto direiche que no bombo, amablemente prestado por Carmela, aparecía en letras ben grandes <<CONCELLO DE MEIS>>”.

xuntanza-de-meis-os-gaiteiros.jpg

Este intercambio cultural entre Galiza e Euskadi rematará o 4 de Novembro, no que se achegarán a Meis arredor de 60 persoas procedentes de San Pedro de Zumaia.

xuntanza-de-meis-polas-ruas-de-euskadi.jpg

O Programa que realizaran os vascos do Coro San Pedro organizados pola Coral Xuntaza de Meis, segundo explica Montse Arosa: “Levarémolos a visita-la zona do Salnés, por suposto o concello de Meis, o pazo de Señoráns, Armenteira, os muiños, a cidade de Pontevedra, Cambados, Combarro, etc. O venres día 2 cantarán na igrexa de San Vicente a misa do Acto Xeral de Animas e o sábado día 2 darán un concerto no auditorio acompañados pola coral xuntanza e a banda de música a Vertula de Paradela. Cada grupo terá o seu momento e despois a coral xuntanza cantaremos xunto coa banda dúas zarzuelas e para rematar, que mellor que, acompañados pola Vertula cantaremos ambolos dous grupos o ‘Negra Sombra’ xuntos.”

FESTIVAL DE CORAIS XUVENÍS NO MOSTEIRO

O vindeiro domingo 18 de novembro celebrarase no Mosteiro un festival organizado pola Coral Xuntanza Xoven de Meis, integrada na Federación Coral Galega (FE.CO.GA). Acudirán a este evento 8 corais xuvenís e infantís da Comunidade Galega.

Noticia nos xornais: Diario de Arousa (10-10-2007)

Responses

  1. says:

    Outubro 8th, 2007 at|comment_date at comment_time 20:25 (#)

    Aí vamos. Esto e o que saben facer. non son os unicos do concello e sen embargo lles dan cartos a barrer. que pasa coas bandas? dame noxo a coral empezando por monse. Como non ten traballo dirige coros, pero seica a coral non e a mesma sen o antiguo director. esta non lle chega a suela o que pasa e que non ai outro para o sitio. crense moito esta xuntanza

  2. fochon says:

    Outubro 8th, 2007 at|comment_date at comment_time 22:36 (#)

    El comentario anterior, no solo rezuma mala baba.
    Criticar gratuitamente a una persona, por que recibe dinero por dirigir una Coral, es absolutamente despreciable.
    Será que el que ha escrito esto, trabaja por amor al arte.
    Lo que realmente da asco, es su comentario.

  3. MONTSE says:

    Outubro 8th, 2007 at|comment_date at comment_time 23:20 (#)

    ¡!¡!¡!…Tes moita razón. Dende que Emilio non está na coral, esta non é a mesma, pero por unha simple razón: cada maestriño ten o seu libriño, e por suposto que o antigo director era e é un grande director e unha grande persoa que se fixo a si mesmo traballando, non criticando gratuitamente a ninguen, pero é mellor non falar de segundo que cousas con quen non entende. Se teño ou non teño traballo non é cousa túa, pero non te preocupes que non necesito de xente coma ti para traballar. “Esa xuntanza” como ti dis crese moito máis ca ti desde logo. Pero non perdas de durmir polo noxo ou pola rabia, que a min non me sacas o sono. Por certo, infórmate que o meu nome leva un “t” entre o “n” e o “s”.
    Grazas ó blogemillo por darno-la oportunidade de ofrecer as nosas novas a quen as queira ver.

    MONTSE AROSA VILLAR, Coral Xuntanza de Meis

  4. mariamatouse says:

    Outubro 8th, 2007 at|comment_date at comment_time 23:54 (#)

    Eu non veño aquí a defender a ninguén pero dame a min que neste concello para criticar baixo un pseudonimo inventando hai moita iniciativa.Mais o que máis me molesta e que cando alguen ou alguenes fan cousas o 1º que se fai neste pobo e criticar e logo se as iniciativas teñen exito sentimonos moi orgullosos de ser meisinos e tal e cual pascual…non me gusta escribir neste tipo de historias pero é que este tema (a critica sistematica) sacame das miñas casillas.Nada mais, a traballar polo pobo, que sacando as festas gastronómicas (q ben rentábeis que son)non hai quen faga nada. Aburiño…

  5. meis says:

    Outubro 9th, 2007 at|comment_date at comment_time 7:04 (#)

    NOTA DO WEBMASTER

    Independentemente de credos, ideoloxías e de gusto polas corais, teño que botar unha lanza a favor do traballo que realiza Montse Arosa nas corais do Concello de Meis. Non sei se Emilio Lede é mellor que Montse Arosa, dame igual. O que si sei, que unha persoa que dí sentir noxo por outra moi ben non debe estar. Se cadra, debe ter moita envexa.

    Mais o que realmente me chama a atención é o seguinte. Ben é certo, que algúns poden recibir algunhas axudas económicas de máis. Iso, se fora o caso da Coral, non se lle pode imputar a ela, senon ao verdadeiro culpábel da situación, o CONCELLO DE MEIS. Institución que fai das subvencións un xeito de caciquismo e clientelismo político. O que se deberían de preguntar estas asociacións é cantos dos seus integrantes votan ao PP e porqué lles votan.
    As asociacións culturais de Meis debariánse de asociar para facer forza, isto si que lle pode facer dano a esta política de control que exerce o PP. A Unión fai a forza, este é o gran poder que ten o pobo, e que nunca exerce.