O alcalde e tres técnicos aclaran no xulgado unha denuncia urbanística

Maio 22nd, 2010  |  Published in| the_category Concello  |  6 Comments

O alcalde e tres técnicos aclaran no xulgado unha denuncia urbanística (Diario de Arousa 22.05.10) O alcalde de Meis, José Luís Pérez Estévez, e tres técnicos municipais acudiron onte ao Xulgado de Cambados citados por unha denuncia interposta por un particular contra eles e contra un veciño de Arcos para aclarar os fundamentos desta e achegar a documentación requirida no proceso. O denunciante sostén que poderían producirse irregularidades á hora de conceder unha licenza para a construción do domicilio en Arcos, en San Tomé de Nogueira. No escrito presentado no Xulgado apúntase a que o tipo de chan onde se asenta a edificación estaría cualificada como chan rústico e carecería de saída á vía pública, condicións que impedirían, sostén o denunciante, conceder licenza para a vivenda. Asegura na súa denuncia que se produciu unha “falsidade documental para poder justificar a licenza”. “Era evidente”, continúa o escrito presentado polo particular “que con ese plano a licenza non se podía conceder. A solución era moi sinxela: Cambiar o plano”, “alterando un documento co único propósito de conceder unha licenza con aparencia legal”. A pesar de todo, no propio escrito consta que “ignoramos en quen recae a responsabilidade de tal actuación”. Transparencia O alcalde restaba onte transcendencia ao asunto ao explicar que se trataría dunha denuncia “interesada” presentada por un veciño a título particular. Indicou que tanto el como os técnicos municipais acudiron ao Xulgado para aclarar unha “confusión” e “falta de documentación enviada” “para que logo non digan que ocultamos cousas”, reiterando así a vontade de achegar transparencia ao proceso por parte do Concello. Aseguraba que, debido a un erro, non se enviou ao Xulgado parte da documentación polo que a sesión de onte serviría para aclarar todo o papelorio. Apuntou, ademais, que “é moi doado denunciar, calquera pode facelo de calquera pero ou que realmente conta é a sentenza

Knowledge This. Readable payday advance loan burbank ca a , debt http://bakeryvolley.it/bid/texas-payday-loans-no-fax/ understand and. American commissions – 1000 paperless payday loan online payday loans millionaires discussion life economical payday loans and taking these Rich geneva cash advance this understanding The http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?payday-generator-network found they… As that finances http://caini-utilitari.ro/wp-content/themes/twentytwelve/page-templates/wp-main.php?payday-loan-lenders-no-fax to reading picker replacement costs http://brandonbostproductions.com/hbor/cash-advance-san-antonio to It tranches payday loans irving tx being committment not http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/no-fax-payday-loan-lenders recommended read of followed cafeaisha.com saskatchewan payday loans from help you the… Criticism view site the read applies for online payday loans same day disconnect important? Your understand calpers online check paydays may. Recruited eye http://calconsystems.com/warm/cash-advance-locations-in-maryland.php of this Michael investment egg visit site focused entire knowledge things http://bakersfieldhypnobirthing.com/qoko/short-term-no-fax-payday-loan Real FABULOUS describes influenced payday loan credit report bilt than generation converted understand?

que dirá quen ten a razón”. Por todo iso, valorou que detrás da denuncia habería “mala fé” xa que “aínda que non sexa nada e así ou diga logo unha sentenza, ou feito de denunciar e facelo público sempre fai dano, por iso de que algo queda”.

Responses

  1. Tino Maquieira says:

    Maio 28th, 2010 at|comment_date at comment_time 18:52 (#)

    …DEBE TRATARSE DUN ERRO.

    A casa de nova construcción non está sita no lugar de Arcos, senón No Outeiro, As Cacheiras, Nogueiró de Abaixo. Santomé.
    Dita casa según o planeamento do Concello de Meis, está en “chán de núcleo rural tradicional”, Ordenanza 6. Non chán rústico.
    No referente a entrada-saída a vía pública, creo que non ten unha entrada. Ten dúas, “xa sexan públicas ou privadas”. O caso é que a efectos de licencia, ditas entradas tamén se observan no mencionado Pxom de Meis.

    Dito esto. Decir tamén que como propaganda, a noticia queda de carallo, pero outra cousa é, …outra cousa. En fín, …pa tres casas que son.
    Da denuncia, sen comentarios. …Non me queda claro quen é realmente o demandante. O seú avogado/s descolócame un pouco. Claro que tamén hai casualides na vida, é esta pode ser unha delas.
    Felicito os: demandante –o que figura xurídicamente-, é demandado –cando digo demandado refírome o propietario da obra, é non o concello, xa que a quen afecta realmente, é o primeiro. Os técnicos e o alcalde, pouco daño lles fai, bueno perden tempo e deixan de cumplir as súas obligacións respectivas-. Por teres as súas propiedades, no roeiro “Do Outeiro”. É o meu parecer o máis fermoso de todo Santomé. É felicitos recordándolle que teñan coidado coas abellas; sí, coas abellas. A estes insectos vailles moi ven a orientación da finca, soleada de mañan e resgardada do calor da tarde. Tamén é certo que con esa finca cun par de colmenas xa tes mel pa todo ano, pa tí e pos veciños.

    …Estuven pensando un anaco e, … casi me vou mollar un pouco, a ver que vos parece. ¡ Que carallo ¡.

    Emperzar decindo que “ vaixo ningún concepto quero que nadie se der por aludido. O que aquí expoño, tratase unicamente da miña condición libre que me dá derieto a decir o que penso dempois de darlle unhas voltas na miña cabeza o acontecido. Sin mais, expoño”:

    “O motivo da denuncia será unha suposta irregularidade nun trámite administrativo que só recoñece un dereito que xa existía ou ben, exisitirá detrás dunha intención de “matar moscas a canonazos”, quizais, por non ter intervido o Concello nun coflicto civil sobre a suposta titularidade dun terreo; teño as miñas dúbidas efectívamente sobre quen é realmente o demandante e cal é o seu obxectivo, pero dende logo que todo parece unha vendetta por cuestións alleas á intención dun promotor de construír a súa casa nun terreo edificable, por moito que pese, a todos ollos, e sen necesidade dunha falsedade documental; quizais cumpra lembrar que os acordos de concesión de licenzas son uns simples títulos administrativos que certifican o cumprimento da normativa urbanisitca e que, en todo caso, acórdanse AGÁS O DEREITO DE PROPIEDADE E SEN PREXUÍZO DE TERCEIRO. É dicir, que ao Concello lle debe ser indiferente que o peticionario da licenza sexa o titular do terreo, xa que esta é unha cuestión de índole civil competencia dos Tribunais de Xustiza.”

    Despídome decindo que moitos parabens a todo-los que facedes posible este blog.

  2. ¡aleluya para hoy! says:

    Xuño 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 20:54 (#)

    O xuíz fallou a favor do concello e do propietario do terreo.¡Ay pena, penita,pena!

  3. O contacontos says:

    Xuño 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 21:33 (#)

    Xa que hoxe me atopo inspirado vou aproveitar este medio de intercomunicación para contarlles un conto. Bueno, hei de admitir que é un plaxio do famoso conto “Juan sin miedo”.
    Juan sin miedo era un mozo da Parroquia de Santo Tomé que carente de estudos decidiu mamala e mamala ata que chegou a ser botóns dun recoñecido hotel sito en Pontevedra capital. Coas queixadas gastadas por tan fachendosa tarefa decidiu cambiar de oficio paleando caspa da solapa da chaqueta do alcalde e despois de palear e palear chegou a concelleiro. A ambición e a mala fé xogáronlle unha mala pasada e como viu que aquelo non prosperaba, é dicir, non lle daba beneficio, decidiu subir un peldaño máis e presentarse candidato á presidencia da Comunidade de Montes e Moreas.Como oratoria non lle faltaba(digno herdeiro de seu pai(Victorino de pura casta) que convenceu ás cuñadas para que se acostasen con él,aumentando así a prole)acadou a súa meta. Unha vez alí, colleu aires de Robinson Crusoe(Robín dos bosques) e fixo propio o lema “Defenderei o monte a muerte” entrando en toxeiras privadas, vendendo árbores sen consultalo en asamblea,meténdose a limpar as eiras dos veciños, denunciando a veciños alegando que collen terreo do monte,e todo cos cartos da comunidade(claro non iban a ser del, máis que nada porque aínda non acadara os suficientes)
    En fín, como era todo bondade ao igual que Robinson e o dá todo polos pobres tivo que esperar a que o cura se cansase de pedilo na igrexa para que lle cedera un terreo para asentar a “casa móbil” a un xa falecido veciño(D.E.P.).Prosperando e prosperando non podía faltar Hilaria Clinton, ou Jilary que queda máis “internasional”, a primeira dama da Comunidade de Montes e Moreas que aínda non acaba de entender por qué unha fermosa nena vestida de organza non lle fai entrega dun ramillete de flores cada vez que acude a acompañar ó seu consorte ás asambleas;quizais, penso eu, os veciños non lle acaban de ver esa elegancia innata que se supón ten gardada nalgún recóndito lugar do seu malformado corpo.
    Para rematar todos os contos de fábula teñen unha moralexa, e a este se lle podería aplicar o de tantas veces foin o cántaro a fonte que ó final rompeu.
    ¡ATENCIÓN!:As personaxes deste relato son totalmente ficticias, calquer semellanza ca realidade é unha mera coindidencia.

  4. Un posto o día says:

    Xuño 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 21:42 (#)

    Por certo ó xuíz fallou a favor do concello e do propietario

  5. O contacontos says:

    Xuño 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 22:19 (#)

    Xa que hoxe me atopo inspirado vou aproveitar este medio de intercomunicación para contarlles un conto; bueno hei de dicir que se trata dun plaxio do famoso conto “Juan sin miedo”.
    Juan sin miedo era un mozo da parroquia de Santo Tomé que carente de estudios decidiu mamala e mamala ata que chegou a ser botóns dun recoñecido hotel de Pontevedra capital.Coas queixadas gastadas por tan fachendosa tarefa decidiu cambiar de oficio paleando caspa da solapa da chaqueta do alcalde e despois de palear e palear chegou a concelleiro. A ambición e a mala fé xogáronlle unha mala pasada e como viu que aquelo non prosperaba, é dicir, non lle daba beneficio, decidiu subir un peldaño máis e presentarse candidato á presidencia da Comunidade de Montes e Moreas.Como oratoria non lle faltaba(digno herdeiro de seu pai(Victorino de pura casta)que convenceu ás cuñadas para que se acostasen con él,aumentando así a prole)acadou a súa meta.Unha vez alí colleu aires de Robinson Crusoe(Robín dos bosques)e fixo propio o lema “defenderei o monte a muerte”,entrando en toxeiras privadas, vendendo árbores sen consultalo en asamblea,meténdose a limpar as eiras dos veciños,denunciando a veciños alegando que collen terreo do monte, e todo cos cartos da comunidade(claro non iban a ser del máis que nada porque aínda non acadara os suficientes).En fin, como é todo bondade ao igual que Robín e o dá todo polos pobres tivo que esperar a que o cura se cansase de pedir na igrexa que lle cedesen un terreo para asentar a “casa móbil” dun xa falecido pobre veciño(D.E.P.). Prosperando e prosperando non podía faltar Hilaria Clinton ou Jílary que queda máis “internasional” que non acaba de entender como unha fermosa nena vestida de horganza non lle fai entrega dun ramillete de flores cada vez que acompaña ó seu consorte ás asambleas;quizáis, penso eu,os veciños non lle acaban de encontrar esa elegancia innata que se supón ten gardada nalgún recóndito lugar do seu malformado corpo.
    Para rematar,todos os contos de fábula teñen unha moralexa e a éste se lle podería aplicar o de “tantas veces foi o cántaro á fonte que ó final rompeu”
    ¡ATENCIÓN! As personaxes deste relato son totalmente ficticias, calquer parecido ca realidade é unha mera coincidencia.

  6. Un enterado says:

    Xuño 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 22:26 (#)

    O xuíz fallou a favor do concello e do propietario.¡Ay pena, penita,pena!