“Meis, Caderno de Bitácula” celebra o Día das Letras Galegas con Carlos Callón

Maio 14th, 2010  |  Published in| the_category Eventos

Carlos Callón e Iria Taibo nos muiños do Caxín (S. Martiño de Meis)

“Meis, Caderno de Bitácula” celebra o Día das Letras Galegas con Carlos Callón, Portavoz da Plataforma Cidadá “Queremos Galego” e un dos persoeiros galegos que máis defende a nosa lingua nos últimos tempos. Esta Plataforma convoca á cidadanía a unha manifestación o 17 de maio que sairá ás 11:30 h. da Alameda de Santiago de Compostela. Vai haber autobuses de balde que van sair da comarca do Salnés, para os interesados poñerse en contacto no telefone 986-565059 e no e-mail: salnes@bng-galiza.org

Desde este blog de Meis queremos agradecer a Carlos Callón e a Iria Taibo a súa xentileza por vir a Meis e apoiarnos na loita e defensa da nosa lingua. Invitados por este blog e a Plataforma Queremos Galego en Meis, do que forman parte o blog de Meis, a Asociación Cultural A Vertula de Paradela, A Mesa pola Normalización Lingüística (un de cuxos membros é a presentadora do acto Mª Xosé Dourado), o BNG e a CIG, visitamos varios lugares do concello, desde As Aceñas (Paradela) até o mosteiro da Armenteira e os muiños do Caxín (San Martiño de Meis) e cun xantar no Bar “A Fonte” (A Armenteira).

A xornada rematou cunha charla a cargo de Carlos Callón no Multiusos do Mosteiro e que sobardou as propias expectativas dos organizadores, case un cento de persoas ateigaron a sala da Casa de Cultura.

Iria Taibo e Carlos Callón, á esquerda da foto.

ENTREVISTA A CARLOS CALLÓN. Realizada o 9 de Maio en Caxín (San Martiño de Meis)

Meis é un pequeno concello da Comarca do Salnés que apesares disto garda unha relación histórica coa nosa lingua. Un dos documentos máis antigos que se atopan do século XIV, escrito en galego, está realizado no noso concello, se cadra o máis antigo da comarca do Salnés. Trátase dunha concesión do mosteiro da Armenteira sobre unha cesión de cartos que devenga unha finca para costear o hospital de pelengrinos sito en Caldas de Reis.

Sobre a reinvindicación lingüística e de normalización da nosa lingua, subliñar que aquí se realizou unha das primeiras misas en galego durante o franquismo. Nos anos 60, acudían persoeiros da igrexa cristián como Espiña, Morente e Torres Queiruga, que xunto co párraco da Armenteira Fernández Ramos organizaban misas en galego no día de Santo Ero. Este tipo de actos eran denunciados como separatistas e aos que acudían a polícia social para obter información dos que alí acudían e dos organizadores da mesma.

1. Carlos, semella que moito non cambiou a situación?

Desde o franquismo houbo cousas que cambiaron. Os adiantos non foron en ningún momento dádivas, calquera cousa, por pequena que fora, sempre a gañamos, coa utilización social.
Coas contradiccions que se queira, mais por exemplo o estatuto recoñeceu a lingua como oficial. Unha parte positiva é esa parte da sociedade que é consciente dos seus dereitos. A perda de falantes é grande e nos medios hai menos emprego do galego que hai anos. O certo é que estamos nunha encrucillada e vese por exemplo en Meis. É unha boa metáfora. Podemos ver as nosas cousas tan ridículas e paifocas como o “cancodrilo” da chamada “aldea de pedra” ou recuperar o noso ben feito.

2. Por que nace a plataforma Queremos Galego?

Nace polos ataques á lingua, encabezados polo presidente da Xunta. É o primeiro en atacalo, a nível discursivo, o máis virulento da historia da autonomía. Desde A Mesa veuse a necesidade dunha movilización unitaria. Participa activamente toda a sociedade, menos o Partido Popular.
Hai algo positivo, a pesar do negativo, hai moito español falante que participa. En Ourense, nun acto, na recollida de sinaturas, achegouse unha señora e dixo:
Son a favor del gallego? No serán de esos que dicen que están a favor del plurilinguismo y van contra el gallego?”
Esto demostra que hai xente que está a favor dos dereitos e que pode dar o paso tamén a falar o galego.

3. Que podemos decir da imposición do galego durante o bipartito? É unha das lendas urbáns que tanto venden os detractores do galego

Temos que ver os adiantos e tamén aprender dos erros. Vese que a timidez á hora de tomar medidas non é o bo camiño. Hai que aprender dos erros de pedagoxía. E moitas medidas non se chegaron a aplicar.
O decreto que se quere derogar non se chegou a aplicar. Na maioría dos centros de ensino non se está a aplicar.
O conselleiro minte, di que no 60% dos centros se impartía a docencia en galego, e iso non é certo.
Ademais de que as medidas hai que aplicalas, tamén hai que explicalas. E non se fixo.
Houbo certo “complexo” á hora de desenvolver políticas a favor da lingua e dos dereitos da poboación. Preséntase a realidade ao revés, tarxivérsaxe e os medios de comunicación fan o xogo.
Non é ir contra o castelán, é defender o galego.
Aquí en Meis, por exemplo, no mosteiro de A Armenteira non hai folletos en galego, e non decimos que non os teñan en español, só pedimos que tamén estén en galego. Nós non estamos contra o español, mais si hai quén está contra o galego.

4. Que opinión tes sobre o trilinguismo do que fala o PP?

É unha camuflaxe do PP para eliminar a presenza do galego, non hai ningún psicopedagogo que defenda o decreto e o seu suposto trilingüismo, nin tan sequera os do Partido Popular, xa que todos teñen claro de que nos centros de ensino é inviábel.
Núñez Feijoo demostra o auto-odio nos seus discursos e nomea a un conselleiro que pode saber inglés pero é incapaz e incompetente.

Iria Taibo: ”É incríbel que unha persoa tan inculta sexa conselleiro de cultura. Ironías da vida.”

Por exemplo no día do libro soltáronse na rúa e escribíronse en prazas das principais cidades versos do poema “Negra Sombra” de Rosalía de Castro, para iso a Consellería utilizou “cerca de 100.000 libros ou 14 toneladas de mercancía”…e choveu e sabíase que chovía. 100 mil libros inutilizados. Os libros quedaron enchoupados. Un espectáculo vergoñento. Pura propaganda.

5.Cal é a túa valoración de que o Consello da Cultura Galega non apoie este decretazo e o goberno da Xunta continue na mesma senrazón?

Nadie o apoia. Gobernan pensando na rúa “Génova”. Para que preguntan a súa opinión se non a van ter en conta?

6. Como ves a postura do Valedor do Pobo en relacion ao gaslego?

Está devaluando a institución. Foi un erro nomealo cos seus perxuizos contra a lingua. Debería demitir e senón deberían cesalo.

7. Hai moita xente que pensa que a normativa non se adecua ou asemella á fala da xente. Hai algo de certo ou é froito do descoñecemento?

Se o galego se empregase con normalidade en todos os ámbitos non resultarían raros os cambios na normativa. O problema é da falta de uso.
Din que o galego está sempre a cambiar, mais hai sete anos que non se fixeron. Temos que ter en conta que é unha lingua ferida e ten que saldar chagas.

8. Hai algúns sectores que opinan que o galego está moi preto do portugués. Como o valoras? Como está a relación coa lusofonía?

Pensemos o que pensemos é evidente que o portugués é unha fonte de riqueza, tamén económicamente. En Extremadura están a traballar e mellorar cos terreos da lusofonía.
Se se dera unha hora semanal no ensino, o estudantado remataría cun certificado. Co estudo do portugués, que ademais faise con subvecións da Unión Europea, poderíase acadar un certificado e e iso sirve para entre outras cousas presentarte as oposicións da Unión Europea, nas que se esixe o coñecemento de dúas linguas comunitarias. E isto non se fai polo auto-odio e por razóns de tipo político.

9. Coñecías Meis ou estiveras aquí?

É unha vergoña decilo, pero non estivera aquí. Coñecía de xeito documental cousas do voso concello pero non físicamente. Estou moi agradecido pola voso invitación e podedes crer que é moi “enerxizante” ver o grupo de traballo que tedes. Estou encantado destar hoxe aquí.

Máis información sobre Carlos Callón: O Blog de Carlos Callón

Os comentarios están pechados.