As Depuradoras de Meis non funcionan. Solución xa !!

Maio 3rd, 2010  |  Published in| the_category Eventos

As Depuradoras de Meis non funcionan. Solución xa !!

Este foi o eslogan escollido por un grupo de veciños para denunciar o estado lamentábel das depuradoras do concello. Só unha das 11 depuradoras que existen en Meis funciona, o que amosa que Meis ainda non chegou ao século XXI no que se refire aos servizos que melloran a calidade de vida de todos nós. Ainda hai moito que facer e o goberno do PP durmindo, coma sempre.

A faixa que foi colocada o sábado á noite en San Martiño de Meis está sendo moi comentada por todos os veciños. O PP deuse moita presa en retirala, hoxe mesmo, (velaí outro caso de represión contra a liberdade de expresión), ogallá actuará así de eficiente para dotarmos de servizos básicos a todos os veciños e veciñas de Meis.

“La Voz de Galicia” recolle a protesta (05.05.2010): Denuncian cunha pancarta o estado das depuradoras de Meis. O Concello asegura que se está traballando para pór en marcha as instalacións

Os comentarios están pechados.