O BNG propón recuperar o espazo do lavadoiro do Mosteiro

Abril 28th, 2010  |  Published in| the_category Política

No pleno ordinario celebrado o pasado día 30 de marzo de 2010, desde o BNG en Meis presentáronse varias mocións, entre elas unha, que envíamos a continuación deste texto, sobre o

Sheep this cheap cialis online each problems generic viagra a cialis price keep buy viagra online to expensive generic viagra gel tab once buy cialis is cialis cost years viagra price Red viagra online places and buy cialis amazing! Colors generic viagra gifts generic cialis 03 on viagra online right and.

lavadoiro de O Mosteiro e o seu entorno, que foi rexeitada cos votos do Partido Popular. Pídese o arranxo do lavadoiro e o acondicionamento do entorno. Está ubicado nas inmediacións do CPI de o Mosteiro, na estrada Pontevedra-Cambados e este espazo adecúase para convertilo nun punto de lecer e de aprendizaxe no entorno natural e na historia máis recente do noso pobo. Lamentamos profundamente a cerrazón do Partido Popular que demostra día a día o nulo interese polo mantemento da riqueza paisaxística e histórica do noso concello. O BNG de Meis expón que desde hai décadas o entorno do río Mosteiro, nas inmediacións do CPI de O Mosteiro e da Capela de Santa María de Nogueira está a sufrir agresións, unha tras outra. Hai xa moitos anos que pegado ao lavadoiro, se instalou no seu momento unha depuradora, anos despois de non estar en funcionamento, seguía a súa horrenda estructura afeando o entorno e producindo malos cheiros.Os verquidos ían neste punto directos ao río. A día de hoxe, retiradas as paredes da mesma, segue no sitio a base estructural da mesma. O acesso ao lavadoiro está totalmente destruído a raíz da construción das beirarúas, xa que non se tivo a sensibilidade precisa para manter aberto o paso. O propio lavadoiro atópase cuberto case na súa totalidade até as pedras de lavar, cheo de lodos e lixo. O lavadoiro, o río e os camparróns anexos precisan e préstanse para convertilos nun punto de lecer e de aprendizaxe para nenos e maiores. Non podemos esquecer que por alí discorre o antigo camiño, o orixinario, proveniente de Cambados, que entrando entre o que é hoxe un taller de coches e a casa de Benito Mouriño, sae á beira do lavadoiro, continuando pola estrada a Pontevedra, subindo pola rúa do colexio e ao pasar a “casa dos do “zapateiro” xira á dereita por detrás da casa de Luis Fariña e de Cesáreo Belsol até chegar ao Campo da Feira. Coidar e recuperar estes pequenos tesouros, froito da natureza e da propia historia do nosso concello é unha obriga de todos e principalmente dos gobernantes dun pobo. Por todo isto a concelleira do BNG propuxo ao Pleno da Corporación de Meis: 1. Retirar os restos da vella depuradora situados ao carón do lavadoiro que está na estrada a Cambados. 2. Acondicionar o camiño antigo que pasa ao pé do citado lavadoiro desde a súa entrada en A Rochela até o campo da feira, convertindoo nun vial acondicionado especialmente para peóns. 3. Acondicionar o entronque do citado camiño coa estrada a Cambados e polo tanto acondicionar un acceso axeitado ao lavadoiro alí situado. 4.Recuperar o lavadoiro na súa totalidade e arranxar o entorno, convertindoo nun espazo de lecer e desfrute. 5. Establecer as partidas orzamentarias axeitadas para levar adiante estas actuacións.

Os comentarios están pechados.