O PP continúa co uso perverso das instalacións municipais

Abril 23rd, 2010  |  Published in| the_category Política  |  1 Comment

O BNG en Meis organiza este sábado día 24 de abril un acto en relación á situación económica do país. Unha charla na que se expoñen as medidas e propostas que desde o Bloque Nacionalista Galego se fan ante a situación que está a atravesar o noso país.
Mais o Partido Popular de Meis non quere que o BNG teña voz, e sobre todo non quere que os veciños vexan alternativas e escoiten outras opcións á difícil situación que se está a atravesar.
Así, unha vez máis, denegou o uso de instalacións municipais para a realización da charla.
Vemos como nos locais municipais, que son propiedade de todos, dos homes e mulleres de Meis, que non dos membros do PP, se fan actos e reunións de todo tipo e de diversa índole, chegando a facerse incluso actos relixiosos, como os de Semana Santa, que se fixeron hai poucos días na casa de cultura de O Mosteiro, igual que en anos anteriores.
Desde o BNG non acertamos a comprender como se pode facer misas e non se pode dar unha charla.
A razón é simple e sinxela, desde o Partido Popular en Meis estase a facer un uso caciquil dos bens municipais, estase usando a situación de goberno, non en beneficio de todos, senón en beneficio político do partido na alcaldía, e ao mesmo tempo faise un uso abusivo de poder de cara a todos os que non din “Amén” á política da concelleira de cultura Ofelia Barral.
A señora concelleira nega o uso de ningunha instalación municipal ao Bloque Nacionalista Galego, decindo que non deixan ningún local municipal para actos políticos.
Pero habería que preguntarlle onde está o regulamento de uso das instalacións, sabendo que non existe, e o único no que se basea é na súa decisión persoal. E sen embargo teñen ofertado locais municipais a particulares para “comidas privadas”, particulares, de ningúnha asociación.
Que explicación ten isto?
Máis estas actitudes nunca foron un atranco para o BNG na nosa laboura, nen o serán.
O acto programado para este sábado 24 de abril ás sete e media da tarde, ao que están invitados todos os meisinos e aqueles aos que o tema a tratar e debatir sexa do seu interese, farase na casa de cultura de San Lourenzo, propiedade da CC de Montes desta parroquia, e que, tamén hai que decilo, tivo e ten un comportamento exemplar cos nacionalistas de Meis, deixándonos as súas instalacións sempre que lle foron solicitadas, poñéndoas en todo momento á nosa disposición. Xan Castaño, do BNG, e Xoan Xosé Bouzas “Tupi”, da CIG, falaran nesta charla.
No Mosteiro, Meis, a 23 de Abril do 2010
Asdo: Mª Carme Rodriño, Portavoz Municipal do BNG en Meis

Responses

  1. Xan Sabarís says:

    Maio 5th, 2010 at|comment_date at comment_time 1:56 (#)

    Que máis terá que o acto sexa considerado político? Un acto relixioso non é un acto político? Que baixe Deus e o vexa (sic). Lamentablemente o concepto de liberdade de expresión non é algo que os partidos (todos) e, por ende a sociedade, asimilen moi ben.