Os traballadores de Industrias Carballo inician unha folga polos salarios pendentes de cobro

Febreiro 23rd, 2010  |  Published in| the_category Sen clasificar

A plantilla de Mobles Carballo manifestarase mañá para exixir o pago das indemnizacións.
Fonte: Diario de Arousa.26/03/2010.

L. ROMERO > VILAGARCÍA
Os traballadores da empresa Mobles Carballo, situada en Rubiáns, volverán a saír á rúa mañá, agora para esixir o pago dos 400.000 euros de indemnización -máis outros 68.000 euros en soldos que lle debe a firma- tal e como se comprometeu fai case cinco meses cando pactou o Expediente de Regulación de Emprego, que recordan, legalizou o Xulgado do Mercantil.
Xoán Xosé Bouzas, responsable comarcal da Confederación Intersindical Galega, explicou que ás 11.30 concentraranse na Praza de Galicia e percorrerán todo o tramo de estrada ata chegar á casa do propietario da firma, na Avenida Rosalía de Castro.
Así é que, “mentres el segue paseándose co seu gran coche pola localidade”, os 17 traballadores seguen á espera da indemnización que suma un total de 400.000 euros máis outros 68.000 euros que lles deben polos meses de xullo, agosto, setembro, outubro e 11 días de novembro, “que ha de ser moito máis porque hai que engadirlle o prorrateo das extraordinarias, por exemplo, e que tampouco lles deron”.
Bouzas, “Tupi”, explicou que dende novembro, cando cesou a actividade da empresa e se acordou a indemnización de 30 días por ano traballado con un tope de 18 meses, “non houbo máis contacto”. Ante esta situación, di, tomaron contacto co avogado e os acredores xudiciais pero sen resultados positivos, “todo son largas”.
Segundo o sindicalista, os empregados están cobrando a prestación de desemprego, no obstante, e inda que algún tivo sorte e atopou un novo traballo, segundo Adolfo Santaya, delegado sindical da CIG, a situación “é bastante precaria” e que, ante todo, é o seu dereito a cobrar o que é seu.
Ademais, a empresa está en período de liquidación e “sabemos que hai cartos” engadiu Bouzas, quen asegurou que non entenden entón o motivo de que non se lles pague pois, tamén recordou, que o saldo da súa débeda coa plantilla debe ser prioritarias incluso antes que os acredores.
Petición al Fogasa > Agregou o responsable da CIG que xa ten solicitado ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) que adiante unha parte da indemnización mentres que se desenvolve este proceso, o que serían 20 días por ano traballado con un tope de 12 anualidades, sen embargo, “e aínda que esperamos que os empregados poidan recibila antes do verán, este trámite pode tardar entre 7 ou 8 meses aproximadamente”.
Así, esixen á firma que pague de inmediato o que lle corresponde e senón non descartan repetir as manifestacións durante o tempo que sexa preciso. “Sabemos que todos estes procesos son lentos pero xa pasaron cinco meses” e di que non ven boa disposición por parte da empresa. E nesta mesma liña, recordou que existe un auto do Xulgado do Mercantil que ratificou este acordo e polo tanto deulle validez legal.
Baixo esta consigna percorrerán as rúas da localidade, dende a Praza de Galicia, pasando por Rey Daviña e Juan Carlos I ata chegar, din, á vivenda que o dono da empresa ten preto da praia. Insistiu, “son os seus dereitos”.

Fonte da fotografía: La Voz de Galicia

Os traballadores de Industrias Carballo inician unha folga polos salarios pendentes de cobro
Os traballadores de Industrias Carballo van á folga ao acumular 3 nóminas sen cobrar
O persoal de Industrias Carballo seguirá en folga ata que lles paguen

Os comentarios están pechados.