O BNG PROGRAMA MAÑÁ UN ACTO SOBRE AS CAIXAS

Decembro 16th, 2009  |  Published in| the_category Eventos  |  6 Comments

suarezcanal

O Bng programa mañá un acto non auditorio para falar sobre a fusión e a nova lei dás caixas

El BNG organiza en Vilagarcía un acto sobre la ley de fusión de las cajas de ahorros

Responses

  1. UN HOME says:

    Decembro 16th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:33 (#)

    Que pena me da todo isto que se comenta sobre as Caixas de Aforros, de que os Partidos Políticos metan a naris nestas cousas, me peregunto ¿hasta o día de hoxe as Caixas o fixeron perfectamente? e estamos falando de mais de 100 anos, cando os políticos non mentian a naris donde non saben e sigo preguntando, ¿que queren politizar as Caixas?, ¿as queren favorecer?, ¿as van a facer mellor?, penso que non, como decia fai mas de 100 anos que estas Caixas funcionaban moi ven hasta que chegaron e se meteron dentro, e como lles pare pouco agora o Sr. Feijoo e compàñia, petenden gobernalas, cando de verdade estes Organismos non os necesitan para nada, non os políticos lle van a enseñar nada, solo ENTORPECER a sua laboura.-

    Entendo e creo como ciudadán y cliente de unha das caixas, aquí non debería de entrar a política, non tiñan porqué non son eles os donos porque creo que os donos somos todos os clientes donde a Xunta e os seus mos queren USURPAR algo que non lles corresponden, e que non veñan a decir que estan defendendo os dereitos dos galegos, eso non e certo, e me refiero a todos estamentos politicos, PP, PSOE e BHG, solo buscan facer unha Ley na que lles permita gobernar a eles cando non teñen a mais remota idea do que e unha Entidade Financieria, por eso pedirìa a todos os clientes de estas Entidades nos manifestemos neste sentido, que deixen os financieiros traballar como o viñan facendo sin meter eles alí a naris, que pena me da.-

    Eu si lles daría un consello os políticos, deixen as Caixas de Aforro e miren os Concellos, esos si son un verdadeiro despilfarro, pero ahi non o queren ver, lles seguiría diciendo fusionen os Concellos, faganlle Auditorías porque eses de verdade están despilfarrando os nosos cartos ¿porque lle dan a espalda a estos e non os miran? aquí si que ganariamos moito diñeiro si hubera un control, señores do PP, PSOE e BNG, giren a roda e controlen os Concellos cantos cartos ganariamos e dixen tranquilas esas Caixas de Aforro, razonen e mediten e se daran conta de que teño razón, e sobre estos dispilfarros podriamos falar moitisimo mais, pero esto non o miran.-

    E pa non estenderme mais deixo aquí este comentario para todos aqueles que o miren reflexionen e digan o que pensen sin ánimo partidista.-

    Un saudo

  2. unha muller says:

    Decembro 20th, 2009 at|comment_date at comment_time 23:28 (#)

    Sigamos reflexionando pois e aclaremos unhas cantas cousas. As caixas a diferenza dos bancos, que reparten os seus beneficios entre os seus accionistas.Creáronse para que os beneficios que se obteñan se reinvistan en obra social, iso quere dicir que teñen a obriga de reverter en, por exemplo,aportarlle cartos a empresas que traballen no noso territorio ou apostar pola nosa cultura, proxectos de investigación, etc,etc…, remarco: aquí aquí. Os partidos políticos que nos gobernan son elixidos democraticamente,son as persoas que o pobo elixe para representarnos. Que teñan representación nos órganos de dirección das caixas non quere dicir que as gobernen, senón que teñen presenza dentro delas xunto con outras persoas que conforman os órganos de dirección. Eu creo que isto é moi importante, porque estamos asistindo a unha crise do modelo económico, onde o que se dicía era que o capital xa se regulaba só,que non lle facía falla control público. E que pasou, que os grandes bancos despois de encher os petos de beneficios e especular có ladrillo, sen control e revertendo os beneficios neles mesmos, metéronnos nunha crise dos que houbo que ir a rescatalos con diñeiro pú-bli-co, si. Os cartos de todos e todas, e déronselle eses cartos sen ningún tipo de condición, millóns de euros así se pedir nada a cambio, pero vamos fin@s se pensamos que van repartir beneficios con tot@s nós cando os teñan.
    Non hai que confundir control, con dominio, son dous termos ben distintos. Para a economía Galega é moi importante ter instrumentos económicos como as caixas para poder ter unha ferramenta co a que realizar investimentos en proxectos que melloren os nosos sectores económicos, que repercutan nunha mellora de tod@s @s galeg@s.
    Tamén hai que recordar que está fusión das caixas ben dada porque nin ao poder centralizador nin a os grandes bancos estatais lles interesan as caixas, xa que os aforros de galegos e galegas está na súa maioría nelas, e isto réstalles beneficios e poder, e danos unha autonomía aos galegos/as que non lles interesa en absoluto.
    E por último unha cousiña máis, non é certo que as caixas ata o de agora lles fose ben e se arranxasen elas soíñas, porque o certo é que teñen problemas económicos e que precisan dun saneamento nas súas contas, outra cousa e que disto se falase ben pouco e a xente non teña coñecemento.Os dados que fixo públicos o regulador estatal indican que Caixa-nova e Caixa Galiza se atopan entre as dez primeiras entidades onde máis medrou a morosidade desde Xuño de 2008 ata Agosto de 2009, ou que ambas as dúas xunto a Caixa Catalunya son as únicas entidades que teñen esgotado o 100% do avales do Estado ao que tiñan dereito. As nosas caixas teñen problemas, e por iso que di o Goberno Galego e Gayoso ou Méndez, hai que acudir ao FROB,a pedir cartos. Claro que precisan de control e claro que o goberno galego debe poder redirixir os nosos aforros cara a sectores económicos estratéxicos do noso país.
    Outro saúdo.

  3. Iris says:

    Decembro 21st, 2009 at|comment_date at comment_time 21:16 (#)

    Ola, necesito porme en contacto convosco e non teño o vos correo, podesde enviarme un correo a cousasinforma@gmail.com

    Grazas

  4. UN HOME says:

    Decembro 29th, 2009 at|comment_date at comment_time 17:43 (#)

    Hoxe mirei na prensa y lein como a Xunta co seu colega do Bloque falaban da nova Lei das Caixas, e eu con moita rabia me preguntaba como e posibel que o PP e mais o BNG poidan aliarse nun tema que a ningún deles les tiña que importar, si sendo de extremos opuestos como chegaron a un acordo conxunto, que interese ou beneficios esperan outer, porque de verdade algo hai detrás de todo esto, critican a PSOE por apartarse de ese ATRACO, e eu lles diría “unha retirada a tempo e unha victoria”, agota estarán contentos tanto o Sr. Feijoo oomo o señor Almerich, e no m e digan que defenden os intereses dos gallegos e gallegas que tanto se jactan, antes de nacer estes dous “señores”, xa a Caixas eran Caixas e funcionaron perfectamente sin que estos politiquillos ahora fixeran unha Lei a sua medida pa fusionar as duas Caixas galegas e así poder manexalas a oseu antollo, me digo pobres Caixas ou pobre Caixa si de verdade hai fusión.-

    Como non era menos, a Lei adaptouse para poder xubilar a persona que mais treballou po la Provincia de Pontevedra sin perxudicar en este caso o PP a outra persona Sr. Mendez e así levar a dirección para a Coruña, esto de verdade non pode ser mais malicioso, cando o Banco de España e a Confedración Española de Caixas de Aforros non aconsellan a fusión por ningún lado, que barbaridad4 ¿QUE SABEN OS POLÍTICOS DE FINANZAS?, porque de verdade si superan algo tiñan moito donde mirar e endereitar, empecen a facer auditorias externas po los Concellos e sigan po las Diputación, entonces terian que xubilar a todos os Alcaldes e Presidentes de Diputacións, ahí creo terian qeu empezar e non po las Caixas de Aforro, porque ese e un ven de todos os impositores e non de Xunta, dende a nova Lei se nos sacou representatividade, e eso no e de facer, o volvo a decir que non digan que e en defensa dos galegos, senón todo o contrario cada ves nos sacan mais os nosos dereitos para eles coller a “SARDIÑA” o seu carón.-

    E agora quixera decirlle algo a esa “Muller”, como se nota que fallas por voca dos politicos, non sei e por suposto descoñezo o ten cargo na politica e non me veñas con paalbras técnica<s, eu non as entendo, pero creo te moi pouca idea do que e unha Caixa de Aforro, pero che digo, tamen descoñezo os anos que podes ter, con toda segurade que cando naceches a que antes se chamaba "Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municiapl de Vigo", sa fviña facendo moita obra social na Provincia de Pontevedra, e con toda seguridade que ti mesma te beneficiache de esta Obra social, recordoche e preguntache ¿quen constitueu a Universidade de Vigo? a qeu oxe se chama Caixanova, ¿os Auditorios a Nivel provincian e Rexional? Caixanova, ¿as axudas a moitisimas actidades culturais? Caixanova, ¿un Colexio Hogar? Caixanova, ¿unha escola de Secretarias? Caixanova, e así podeche estar diciendo moitos mais, esto e por si non o sabias e agora veñen os fenomenos dos politos e din ustedes son parvos e nos vamos a dirixir a Caixa ou as Caixas de Aforro, por favor xa nos daremos conta mais tarde que todo esto foi un montaxe do PP e do BNG pra lucrarse de algo, porque non dixeron esto antes das eleccións, xa xei "muller" vas a decir que e por ven dos gallegos e das gallegas, nonte enganes e psado un tempo darasme a razón.-

    Non con esto quero entrar en polémica con nadie, pero si me sinto como galego e como cliente de Caixanova moi ofendido e defraudado po los policos, e como remate peguntaría a o PP e a BNG, ¿ porque nos sacan unha Lei para os Bancos? que operan en Galicia de que os seus beneficios sexan distribuidos en Galicia que como calquera Caixa debennos ter e os levan para outras partes, obligarlle os invirtan como dicen vostedes no noso Pais.-

    Moitas grazas por permitirme este comentario

  5. unha muller says:

    Xaneiro 2nd, 2010 at|comment_date at comment_time 1:35 (#)

    Primeira cousa, igual que vostede ten a súa opinión eu teño a miña. Igual que vostede saca conclusións pola información que ten ou pola que recibe,eu tamén tamén teño a miña información e opinión. Ninguén fala pola miña boca que non sexa eu. Engado tamén que, a miña linguaxe creo que é bastante clara e sinxela. Se vostede non ten coñecementos para chegar a ela non creo que deba ser eu a que teña que transformarme nunha iñorante, senón que vostede debería de preocuparse por resolver esas carencias.
    Vostede cando di que se fixo unha lei á medida para fusionar as dúas Caixas no Parlamento Galego, está mentindo. A orde de que se fusionen as Caixas, non ven do Goberno Galego, ven do Goberno Central(porque senón o PSOE votou en contra da nova lei aquí no parlamento), e non afecta a Caixas Galegas, afecta a tódalas Caixas do Estado Español. As Caixas teñen que fusionarse, queiran ou non, ogallá puideran manterse as que hai. A vostede que lle parecería que en vez de fusionarse entre elas, e que queden os órganos de dirección aquí e as súas ganancias tamén o fagan con unha entidade foránea, como pode ser Caja Madrid, e teñamos menos capacidade de decisión sobre elas, ou capacidade nula?. O que recolle a nova lei de Caixas aprobada no Parlamento é que se propicie a Galeguidade das Caixas, xa que se teñen que fusionar que sexa con outras entidades Galegas. A participación do Parlamento Galego nos consellos de administración será dun 20%, a representación dos impositores será dun 30% (representantes dos clientes). Nos órganos de goberno non poderá haber cargos políticos.
    Falemos de porque o PP acabou votando a favor da lei de Caixas proposta polo BNG. Se vostede vai ás hemerotecas e mira os xornais verá que a Feijoo pouco lle interesaba o tema das Caixas, de feito nin tiña opinión. O que pasou foi que a iniciativa do BNG puxo na sociedade Galega este tema(descoñecido ata ese momento), e houbo moita xente que se manifestou en contra de que a fusión se realizase con entidades foráneas, polo que a Feijoo non lle quedou máis remedio que posicionarse.

    Con respecto ao que di dos Bancos.Estaría ben que dende o Parlamento Galego tivésemos competencia e se puidese facer unha Lei para a regulación dos Bancos(para iso teríamos que ter un Estatuto e competencias que non temos).No caso dos Bancos sería competencia do Goberno Central(neste caso Zapatero) crear unha lei que regulase estas entidades. Se lle puxese condicións cando lle dá cartos públicos, sería un bo principio.O que non entendo eu é por que vostede fala dunha lei para os Bancos, cando parece que está tan en desacordo co a lei de Caixas.
    Un saúdo

  6. UN HOME says:

    Xaneiro 22nd, 2010 at|comment_date at comment_time 16:54 (#)

    Hoxe de novo volvo a chamar a atención de \unha muller\, non sei si viches a prensa de hoxe \faro de Vigo\, e vergonzoso o que di o Sr. Feijoo, así como tamen algúns dos seus compinches, de primeiro me vou a referir a estos politiquillos que nin siquera foron capaces de sacar o bachiller elemental e como agora opinan o que e deben facer as Caixas de Aforro, a verdade que e penoso e o certo que estamos dirixidos por estas persoas, tamén quero referirme os seus compadres moi lexanos dos seus ideales políticos pero quen de poñerse de acordo para atacar a unha Entidade bancaria como Caixanova.-

    Sr. Feijoo, sigue matinando na fusión cando todos entendidos e técnicos financieros desaconsellan a fusión, e según a prensa este personaxe non se dignou entregar asa famosa auditoria completa as Caixas de Aforro, ¿Que esconde? ¿ porque non a entregou completa? ¿ acaso lle din que non deben fusionarse? ¿ donde está a transparencia?, cantas preguntas quedarán no aire que os clientes non sepamos e somos os que temos dereiro a coñecer todo o detalle porque de verdade somos os accionistas das Caixas, non a Xunta e case seguro que o Sr. Feijoo nin cliente e, nin os seus camaradas, e queren gobernar as Caixas con esa Lei o fixeron ser deles, con toda a cara din qeu os consellos de Administración votaran, pero si a maoiria con esa nova Lei son do PP e do BHG, xa me gustaría que cando eso chegara a Asamblea dixera no a fusión, que alegría e si o Banco de España di non xa estaran dandolle voltas, porqeu o Sr. Feijoo xa dixo que si o Goberno Central reclamara se pondrian en contra del, eso quere decir que as cousar non foron feitas dentro da Lei si pode existir un posible recurso ou mais.-.-

    A Sra. Porno, que cara ten, en decir que defende, defendeu e seguira defendendo os intereses de Caixanova, eu a eso chamolle ter moita cara e pouca dignidade, caudo ela era Alcaldesa de Vigo ven que se aproveitaba de Caixanova en todos os seus aspectos, e agora por intereses políticos fai como pilatos a vende por un prato de lentellas, que pena me da dan, xente así non podía ocupar postos de relevancia, solo teles de miradeiros.-

    A Cig, uns revoluccionarios natos, que din estar en defensa dos traballadores, e resulta que agora tamen salen dicindo que si se deben de fusionar as Caixas, ¿pero donde está ese patriotismo de defender os traballadosres?, cando coa fusión se van a perder mais de 1000 postos de traballo, e que non veñan diciendo que están defendendo mais si non se fusionasen, dichosa política, e mais o cazo.-

    En en canto a BNG, siguen dandome moita pena, e de verdade me estaban simpatizando un pouco en con esto me decepcionaron totalmente, e todavía siguen defendendo a fusión sen ter coñecemento de nada, falando po lo que din outos políticos, a estos que non conecen nada de nada lles aconsellaría tomasen nota do que din os entendidos na materia financieira que todos eles sesaconsellan a fusión, tomade nota e retificade porque eso de verdade e de sabios o retificar, non digades o que non sabedes, Sr. Aymerich e compañia non entreguedes Caixanova e tamén Caixagalicia a Caixa Madrid, a qeu ven agora Rato a Santiago a decirlles o que deben facer, e dipois vostedes chamansen galleguitas, por favor, de verdade e penoso.-

    E agora a vostede “unha muller”, por certo e en poucas palabras, me da a sensación que se trata de unha persoa xoven por la sua expresión, me demostrou ter moi pouca cultura e intelixencia, porque de verdade si fora intelixente o boa política tiña que saber: para ser un vo politico primeiro tería que ter man direita e man esquerda que voste no a ten, e segundo si fora intelixente sabería que ponerse a altura dunha persoa que nun da mais non e rebaixar a sua personalidade senón todo o contrario e buscar a forma de que todos podamos entender, espero que esta pequena recomendación e reflesión lle sea boa nun futuro.-

    Moitas grazas e un saudo