O Quiquirrio

Abril 25th, 2010  |  Published in| the_category Personaxes

0622

Luis Rodiño Rodiño “O Quiquirrio” naceu o 7 de Febreiro de 1923 na Barcia de Abaixo. Moi coñecido entre os veciños do noso concello e os do contorno, aprendeu a tocar o armonio co veciño de Talide Delfín Barral “O do Pesco” (que chegara a tocar na orquestra “Satélite” da Coruña). En 1944 xa o atopamos tocando a bataría da orquestra “La Unión” de Lantaño.
Tocaba o armonio nas misas de San Martiño, preparaba o coro parroquial e deu clases na Reitoral da súa freguesía natal.
Persoa moi apreciada por todos os veciños, faleceu solteiro en 1987.

Os comentarios están pechados.