Constitúese a Federación Rural Galega (FRUGA)

Novembro 29th, 2009  |  Published in| the_category Eventos  |  1 Comment

xurxo-alvarez Xurxo Alvarez

Este sábado, no Palacio de Feiras e Congresos de Lugo, celébrase o acto de constitución da Federación Rural Galega (FRUGA). Este colectivo nace coa idea de “lograr un maior beneficio das explotacións”, ademais de prestar asesoramento a quen o solicitar.

Logo de algo máis dun ano de traballo en colaboración, acompañado dun proceso interno de debate, chegaron a concluír na necesidade de “aproveitar as sinerxias xeradas por cada unha das asociacións”. O obxectivo, segundo afirman, é o de lograr un maior beneficio das explotacións e dos homes e das mulleres que participan das súas actividades, creando un escenario de colaboración “estábel e organizado”.

Desde Fruga teñen a vontade de crearen unha organización profesional de asesoramento técnico, xestión e apoio as actividades agrarias e forestais, “aberta a todo tipo de asociacións que desenvolvan a súa actividade no medio rural”, así como a persoas a título individual que estean interesadas en “pular pola mellora e o futuro do agro galego”, din.

A Federación xorde da converxencia de distintas asociacións profisionais do rural que veñen desenvolvendo diferentes actividades de apoio e prestación de servizos no ámbito agro-gandeiro e forestal galego. A dita Federación, que “ficará aberta a calquera entidade” que manifeste o seu interese en se integrar e mesmo a aquelas persoas que a título individual tamén queiran facer parte dese proxecto, conclúen.

NOTA: Noticia tirada do blogue GzNación

Responses

  1. Labrego says:

    Novembro 30th, 2009 at|comment_date at comment_time 19:05 (#)

    DEZ ENTIDADES E ASOCIACIÓNS QUE TRABALLAN NO MUNDO AGRO-GANDEIRO E FORESTAL CONSTITÚEN A FEDERACIÓN RURAL GALEGA (FRUGA)

    O acto de constitución terá lugar mañá sábado no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

    A nova organización agraria galega busca un maior beneficio das explotacións e que os homes e mulleres do medio rural logren dun maior rendemento económico do seu traballo

    Lugo, 27 de novembro. Vinte asociacións e entidades que traballan nos sectores agro-gandeiro e forestal galego constitúen mañá, sábado 28 de novembro, a partir das 11.00 horas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, a Federación Rural Galega (FRUGA)

    A Federación Rural Galega xorde da converxencia de distintas asociacións profesionais do rural que veñen desenvolvendo diferentes actividades de apoio e prestación de servizos no ámbito agro-gandeiro e forestal galego. FRUGA nace xa cunha ducia de entidades representativas, asociacións do sector bovino, tanto de leite como de carne, asociacións da avicultores, de propietarios forestais, de maquinaria agrícola, e entidades de asesoramento técnico agrario e medioambiental.

    A Federación nace para aproveitar as sinergias xeradas por cada unha das asociacións que a constitúen, máis as que se poidan integrar no futuro, para logar un maior beneficio das explotacións, homes e mulleres, que participan das súas actividades, criando un escenario de colaboración estable e organizado.

    O Acto de Clausura desta xornada, (ABERTO AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN) esta previsto para as 14.00 horas e correrá a cargo do da persoa escollida como Presidente da Federación, que dará conta das conclusión, acordos e obxetivos que persegue a nova organización agraria galega.