Os Irazábal de Meis

Setembro 28th, 2008  |  Published in| the_category Familias de Meis  |  1 Comment

irazabal.gifirazabal1.gifirazabal2.gif

Este apelido tivo arraigo no concello de Meis desde o século XVII desaparecendo a comezos do XX. Debiron de ter unha casa brasonada en San Salvador de Meis, parroquia onde residía o primeiro con este apelido que se coñece, o capitán Juan de Irazábal que casou con Isabel Núñez de Figueroa. Sábese que nesta freguesía desapareceron nestes últimos anos varios brasóns dos que non se ten constancia das familias ás que pertenceron.

Esta liñaxe dos Irazábal de Meis enlazaron cos Güimil, Abal, Muiños, Outeda, Salgueiro…polo que somos moitos os veciños de Meis (principalmente asentados nas parroquias de San Salvador de Meis, Santo Tomé de Nogueira, San Martiño de Meis e San Vicente de Nogueira) que descendemos desta familia de orixe vasca.

En 1769, Manuel de Irazábal, neto de Juan de Irazábal, presenta un preito contra Antonio Patón e consortes polo vínculo que fundara Gregorio Garcia. Manuel de Irazábal presentou este recurso en favor do seu fillo que tivera con María Antonia Patón, familiar seguramente de Antonio Patón.

En 1902, era alcalde de Meis Ceferino Fernández Irazábal “O Macanudo”, alcuña que lle puxeron por haber estado varios anos na Arxentina.

Responses

  1. Monica Fernandez Calvo says:

    Abril 20th, 2010 at|comment_date at comment_time 0:54 (#)

    Mi padre es Ceferino Fernandez Ruibal, nieto de Ceferino Fernandez Irazabal, vive en Buenos Aires, Argentina desde 1950. No volvio nunca a Meis pero siempre lo tiene presente.
    Seria muy gratificante tener noticias de alguien que lo recuerde alla.