O alcalde de Meis négase a contestar as preguntas do BNG nos plenos

Novembro 29th, 2009  |  Published in| the_category Política

bng Onte, día 24 de novembro de 2009, celebrouse un pleno ordinario no Concello de Meis, no que ademais do único punto da Orde do día en relación a un regulamento de Honras do Concello, que se aprobou por unanimidade, estaban presentadas para o seu debate 12 mocións, 7 do Bloque Nacionalista Galego, 3 do PSOE e dúas do PP, algunhas delas (do BNG) presentadas xa para o debate en anteriores plenos, pero que o PP, por incapacidade política e cobardía, postergou. Mais o alcalde, José Luis Pérez negouse ao seu tratamento. Nervioso e visibelmente alterado, negouse incluso a tratar as mocións populares. Así, mocións nacionalistas relativas á suba dos impostos, á tarifa eléctrica, relativas á violencia de xénero, entre outras, sobre cuestións de vital importancia, quedan, no mellor dos casos, postergadas. Deu paso así, de inmediato, ao punto final de rogos e suxestións. Unha vez a voceira nacionalista fixo uso do seu turno de palabra, interpelou ao rexidor popular sobre as causas de que non se contestase, desde o Concello, ás preguntas formuladas hai xa meses, pedindoas de forma reiterada e incluso por escrito, sobre cuestións diversas, como por exemplo o paso da secretaría de terceiro a segundo nível. A negativa a contestar é o xeito de facer política do rexidor meisiño. Así no pleno de onte, unha vez máis, negouse a contestar a todas as preguntas do BNG, calquera que fora a índole das mesmas. “Non sei”, “non contesto” ou “para outro pleno” foron as únicas palabras de Pérez Estévez ante as cuestións planteadas desde a formación do Bloque Nacionalista Galego. Cuestións relativas, por exemplo, ao “suposto” parque acuático municipal do que fala na rúa, pero do que nada se sabe a nível oficial. Cuestións sobre si hai estudio e proxecto, si hai partida orzamentaria ou compromisos económicos doutras institucións públicas, e outra serie de interrogantes quedaron sin resposta, provocando ademais o enfado do rexidor por terllas planteado. Pero o colmo do despropósito e da “barbárie política”, alcanzou a seu cumio cando o alcalde de Méis, despois

de solicitar á voceira do BNG lle fosen entregadas as actas da Xunta de goberno no prazo legal que a lei estabelece, de dez días, dixo que non as entregaran durante anos e que ainda que era certo que as tiñan que dar en dez dias, e que nunca o fixeran, pola súa comodidade as entregaban aos dous meses. Recordar que a instancias do BNG, despois de solicitalas por escrito de forma insistente, ano trás ano, e cando viron que se ía levar por outros cauces, fixeron entrega das actas da Xunta de goberno de “cinco anos completos”, e lonxe de cumprir a legalidade vixente, deron en entregalas fora de prazo, unha e outra vez, adxuntandoas ás convocatorias dos plenos. Onte, ante a solicitude de ditas actas en prazo, o alcalde de Meis dixo que non as daba en tempo e que el non cumpría a lei, que eso era certo, pero que a culpa deso era “da oposición” porque para el son uns incompetentes. Ante o que a voceira do BNG, lle recordou que ten que cumplir a lei e que se non a cumple, el é o responsábel. Para o señor Pérez, insultar aos veciños e a oposición, facer caso omiso da lexislación, e facer uso abusivo do poder, está a ser un costume. Desde o BNG recordaselle, e requireselle, que ten a obriga de cumprir coas súas funcións. Pero o DNI de Pérez Estévez como alcalde é a cobardia e a prepotencia. Mª Carmen Martinez Rodiño Voceira do BNG en Meis

Os comentarios están pechados.