Algo FEDE en Santo Tomé de Nogueira

Novembro 20th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Política, Sociedade  |  21 Comments

Que pasa en San Tomé de Nogueira? Que asunto escuros agocha o Alcalde?. Velaí a Carta que Dores Montoya, veciña e comuneira de Santo Tomé de Nogueira, ademais de Concelleira do BNG na lexislatura 2003-2007, enviou aos diferentes medios de comunicación:

ConcelleirosBNG3 Dores Montoya “A Chata”, a primeira pola esquerda

“Como veciña e comuneira da parroquia de San Tomé de Nogueira-Meis, síntome na obriga de contar o acontecido nas últimas asambleas da Comunidade de montes da miña parroquia, logo de ler as mentiras vertidas polo señor alcalde de Meis na prensa da comarca.

O día 13 de setembro de 2009 celebrouse unha asamblea da CCMM de San Tomé , á que acudeu o señor Pérez Estévez.Nesa reunión o señor alcalde, sen ter dereito e sen ter solicitado nen concedido permiso para a súa asistencia e intervención, insultou á directiva, ocupou un sitio que non lle correspondía e alterado e de malos xeitos dixo que se ía votar a “súa proposta” de que lle cedéramos os veciños o térreo comunal que el desexaba por tempo indefinido e nunhas condicións irrisorias.Avisado de que o proceso de propostas e decisións non era ese, que a asamblea ten que seguir unha lexislación e regulamento, fixo caso omiso e dixo que se votaba a súa proposta. A asamblea tivo que ser suspendida pola directiva da comunidade, provocando que o alcalde insultase e amenazase ao presidente da comunidade e que algún acompañante do alcalde insultase ao avogado da comunidade e a outros membros da directiva, facendo que incluso se estivese a pique de “chegar ás mans”, o que se evitou coa axuda dos veciños.O espectáculo do señor José Luis Pérez Estévez foi penoso e lamentable, deixando asombrados a moitos veciños que non entendian a súa reacción, tendo en conta ademais que o presidente da CCMM de San Tomé foi concelleiro do PP e membro da Xunta de goberno varios anos con Pérez Estévez. Chegou a dirixirse a el decíndolle “vou a acabar contigo”.

Días máis tarde solicitaron a miña sinatura para, según palabras textuais, “botar ao presidente da CCMM”, acompañando esta frase dunha expresión insultatnte que prefiro non repetir.O mesmo fixeron outros “amigos” do alcalde ou compañeiros dos mesmos intereses, que buscaron a sinatura doutros veciños, usando falsos argumentos, como que a sinatura era para solicitar unha asamblea explicativa, ou que era para decir sí a un parque acuático ou mentiras similares.A realidade era i é que pedían a sinatura para convocar eleccións, cambiar a directiva e “facerse” eles coa CCMM para así poder manexar ao seu antoxo e intereses o que é de todos.

Pronto se descubreu que as argumentacións para pedir sinaturas eran falsas pois estaba convocada unha asamblea para o día 30 de outubro, quedando ademais aclarado que en San Tomé non nos opoñíamos a un parque acuático ,nen moito menos, a única oposición era a agasallar os nosos térreos para sempre a uns cuantos aproveitados que os querían a cambio de nada.

Así foi como o día 30 de outubro tivemos unha asamblea da comunidade.A ésta acudiron persoas que non podían facelo por diversas razóns legais, por exemplo por ser doutras parroquias e non ser comuneiros, como o caso do señor alcalde.O presidente da comunidade pideu que os non comuneiros abandoaran a sala de reunións, e despois de ter insistido e de algunhas protestas, os que non podían asisitir foron abandoando as dependencias da escola laica, lugar da reunión, a excepción do alcalde que se negou unha e outra vez, de moi malas maneiras e cunha actitude chulesca e prepotente.O presidente da comunidade, decíallo de forma adecuada e contundente ,pero o alcalde non atendía a razóns. Os veciños pedían insistentemente que o alcalde saira, pero o señor Pérez non facía caso.Esta que escribe,xunto com outros comuneiros, facendo uso dos nosos dereitos como comuneiros, solicitamos que o alcalde se retirase e que de non facelo , pediamos a presenza da garda civil para que o sacase da sala, ante o que o señor alcalde de Meis, de forma violenta e fora de si, alterado e a chillidos, díxo textualmente “había que matarvos a todos”, o que provocou que algún veciño se ofrecese a sacalo él mesmo “a trompazos” por según palabras veciñais “non ser un alcalde senón un paiaso”. Ante o tinte e cariz que tomaban as cousas , o presidente da comunidade tivo que erguerse do seu asento, e con amabilidade pero con firmeza, tivo que suxeitar ao alcalde por un brazo e tivo que “poñelo fora”.

Unha vez o alcalde no exterior a asamblea ía discurrindo con normalidade, un topógrafo e o un avogado, informaban polo miúdo do que supoñía unha cesión e demais aspectos legais relacionados coa mesma.Os comuneiros decidimos ceder os terreos precisos para un parque acuático ao concello nunhas condicións: por trinta anos e cunhas compesacións, lóxicas ao noso entender, pero non para mans privadas que especulen e se enriquezcan gratuitamente co que é de todos os veciños de San Tomé.
No transcurso das explicacións do topógrafo, o alcalde insultou ao presidente da comunidade dun xeito soez e maleducado, voltou a entrar e tiveron que voltar a sacalo fora, e desde o exterior solicitaba dos seus compinches que tirasen os bancos, fixesen follón e reventasen a asamblea.Tamén o avogado e o topógrafo foron blanco dos seus insultos.

O alcalde avergonzouse a si mesmo, e fíxonos sentir vergoña a todos, vergoña allea, de ter un rexidor de ese “calibre”.

Despois de ser espectadora desta rocambolesca e triste historia, de acudir a algo que,pensaba eu, solo acontecía nos plenos, pois fun concelleira catro anos e vivín de primeira man como o alcade insultaba e agredía verbalmente aos concelleiros da miña formación política, comprobo como Pérez Estévez perdeu os papeis totalmente e fai o mesmo cós veciños, cunha directiva e con ex-compañeiros seus de formación política.
Preguntome a onde é capaz de chegar e por que?

Esa é a pregunte que todos os veciños nos facemos, o por qué desa violencia do alcalde?

A resposta é sinxela e por todos coñecida.Así o pasado venres día sete fomos convocados a unha reunión na Casa de cultura de O Mosteiro, e o alcalde lonxe de disculparse polo aberrante do seu comportamento, dounos un mítin acompañado polas concelleiras Mónica Outeda,Ofelia Barral e a veciña de San Tomé e concelleira do grupo de goberno,Raquel Outeda, que pretendeu tomarnos o pelo e rirse de nós.O 1º tenente alcade, Eugenio Fernández, non acudeu.
Días despois leo as declaracións do rexidor de Méis culpabilizando aos veciños e facendose a víctima.
Mais desde aquí, como veciña e comuneira, quero deixarlle claro que temos unha directiva da comunidade elexida polos veciños e democrática, que funciona nas normas e leis dunha democracia e non dun réxime totalitario, por mais que lles pese a algúns e algunhas.

Solicito do seu médio de comunicación publique o meu escrito.

Mª Dores Montoya Freire”.

Responses

  1. un veciño says:

    Novembro 23rd, 2009 at|comment_date at comment_time 19:12 (#)

    totalmente de acordo con esta carta.un saúdo

  2. outro veciño says:

    Novembro 26th, 2009 at|comment_date at comment_time 9:16 (#)

    non todos estamos de acordo con esta carta, as firmas non son falsas
    o 31 de octubro recibeunas o presidente da comunidade y non e verdade que se obtuberon con engaños, firmou mais do 30% do censo dos comuneros
    estos comuineiros non lles importa o color de partido politico
    son solo comuneros de santome…. vostede non lle importa para nada o ben estar da parroquia solo miran o que queren mirar non outra cousa…

  3. Veciño contra a corrupción says:

    Novembro 26th, 2009 at|comment_date at comment_time 14:33 (#)

    Pois se asinou o 30% significa que o 70% non está de acordo. O que non me gusta moito é interese dos constructores en sacar tallada do noso monte.
    Parabens á Chata pola carta. Dignidade é o que lle fai falta a Santo Tomé.

  4. outro veciño says:

    Novembro 26th, 2009 at|comment_date at comment_time 14:50 (#)

    sabian vostedes que non ubo eleccions, a junta retora con o mandato caducado sigue, por eso se buscaron as firmas y non por outro motivo..
    solo estamos de acordo en o que lle falta a santome.. é a dignidade…
    non lle podo dar parabens a chata porque non escribeu ela a carta solo prestou o seu nome, eu si estiben nas asambleas todas ela non pode decir eso……….. Os constructores sacan tallada do noso monte solo si nos queremos, con a directiva actual nunca sabemos donde estamos, fai 5 anos asinou a cesión do monte a o concello y por tempo indefinido.. tampouco o saben vostedes?????

  5. outra veciña says:

    Novembro 28th, 2009 at|comment_date at comment_time 0:32 (#)

    que eu sepa, se non houbo eleccions, foi porque non houbo candidaturas alternativas, por iso quedou a mesma directiva…polo que resulta un tanto sospeitoso que agora queiran recoller firmas, para poder presentar unha candidatura alternativa fora de prazo. E máis sospeitoso resulta que detrás desa candidatura estén os catro caciques e constructores de Santomé, que xustamente son coleguitas do señor alcalde… segue parecéndome sospeitoso. E inda máis o ineterese que ten o señor alcalde por facer un “parque de didáctico e de lecer” deprisa e correndo sen importarlle os veciños, mesmo insultándoos en reunións ás que non está nin invitado… Por certo, se fose certo o da cesión do monte ao concello, non habería tanta polémica e o concello tería a sartén polo mango e non se poría o señor alcalde tan nervioso… algo mais?? Eu non sei a vos pero a min cheirame a negocio do alclade e dos seus colegas. Por que se non, no tempo no que estamos no que en moitos concellos peligran ata as nóminas dos empregados, o noso alcalde ten tanta presa en facer unha inversión de tantos millóns de euros? Non sería mellor que os seus esforzos como alcalde foran encamiñados a fomenta-lo emprego dos nosos xovenes e deixarse de tanto parque acuatico????? Sen ir mais lonxe, hoxe mesmo estan debatindo os comuneiros de san vicente se ceden o seu monte para constuir ali o carallo do parque acuatico. Vos diredes…

  6. un calquera says:

    Novembro 28th, 2009 at|comment_date at comment_time 9:29 (#)

    O final quedaron sen nada os de sto. Tomé, os veciños de S. Vicente non se opuxeron, cada un ten o que se merece.

  7. veciña cabreada says:

    Novembro 28th, 2009 at|comment_date at comment_time 19:49 (#)

    Teño entendido que para haber eleccións antes de deben convocar e nas convocatorias o primeiro elíxese mesa electoral, non é posible saber si habería outras candidaturas si non se formou unha mesa electoral, ou seica se debería presentar esa candidatura a unha xunta saliente, creo que en San tome estanse confundindo os términos, ¿pero porque? ¿porque a esta xunta rectora malia recibir a petición de nova asemblea non a fai?
    Todos sabemos que os cargos da directiva non teñen nómina, á actual gústalles tanto o cargo que non queren deixalo, isto si que cheira mal…
    Naturalmente non se comprende o interese do alcalde neste asunto, a directiva tería que convocar e a tempo aos comuneros, refírome a terlles ao corrente dos feitos e non facelo coa corporación do concello diante. Pero o acaecido estao provocando unha entre as moitas malas xestións da directiva da nosa comunidade… entre algunhas delas pódese mencionar o saldo da comunidade, que todas as comunidades teñen as súas contas ao día e os comuneros canto é o saldo, nós en San tome só sabemos o saldo que había a 31 de decembro do 2008.
    Este entre moitos motivos foi a reacción da petición de convocar asemblea e reuníronse as firmas só par iso si alguén esta mesturando fabas con castañas os veciños de San Tomé deberían de reaccionar e non deixarse manobrar…
    En San Vicente si están obrando como deberiamos facelo nós, só que non se nos deu información algunha, e sobre os terreos cedidos ao concello, calquera pode ver o escrito o alcalde ben se encargou de distribuílo entre os veciños. ¡Verdaderamente isto cheira mal!…. ¿e por parte de quen?

  8. UN HOME says:

    Decembro 1st, 2009 at|comment_date at comment_time 20:28 (#)

    Si e certo que os veciños de San Vicente apobaron a cesión dos terreos para o famoso parque acuático e de lecer, pero penso que foi moy precepitado, antas de chegar a ese “SI”, había que conecer moitas cousas mais, eu pregunto ¿e o Concello quen vai executar esas obras? ¿ou e unha empresa privada?, porqeu as cousas poden cambiar moito, en que vai veneficiar ese parque os veciños de San Vicente porque si queren entrar teñen que pagar a entrada, creo mais ven que se monta unha empresa con ANIMO DE LUCRO, entonces non se pode ceder o monte por tempo indefinido, ¿cando se empezan as obras? ¿cantos empregos para os veciños de San Vicente?, ¿cando empezan a pagar o canon a Comunidade?, en fin hay un monton de preguntas que non se conecen, por iso digo que foi precepido ese “SI”.-

    Por iso digo veciños de San Vicente, non se deite eso me cheira un poco mal, por algunhas outras cousas que andan soltas, opinen e digan

  9. un veciño says:

    Decembro 2nd, 2009 at|comment_date at comment_time 19:01 (#)

    sabedes o q vos digo que uns por “h” e outros por “b” e non se vai facer o dichoso parque acuatico….jaaa que mala sorte que PEPELU Y LOS LADRILLOS BAND perderán un gran bussines.sempre nos quedará a piscina PUBLICA de san lorenzo con acceso libre.eses si que son listos e non os de santo tomé.canto temos que espabilar que sempre nos mexan porriba…bicos

  10. tejero says:

    Decembro 9th, 2009 at|comment_date at comment_time 19:12 (#)

    Se non e interese o do noso alcalde o que ten ca comunidade de santo tome que carallo e, sabedes quen se vai presentar de presidenta pa comunidade? a nosa concejala de santo tome, esa que non sabe nin falar que a manexa o alcalde mais ofelia, decideme se o das firmas non foi por interes, non creo que fora porque as cousas se estan facendo mal na comunidade se non porque o noso alcalde querese facer ca comunidade, como non pudo manejar a juan villanueva o seu antollo pa facer o parque ten que buscar os recursos necesarios para votalo fora e asi manexar el a comunidade. Señor alcalde vostede esta en contra de juan villanueva nesa asamble a que vostede non estaba invitado dixo cousas moi fortes e intentounos convencer os que estabamos fora con vostede de que entraramos e votaramos a asamblea abaixo, e que tiñamos que votar o presidente fora, e disto hai moitos testigos, hay que saber diante de quen se fala non todos somos da misma calaña que vostede.
    Juan Villanueva non te fies de Raquel ela o unico que quere e que ti penses que podes confiar nela para asi irlle co conto o señor alcalde a ofelia, e non te olvides de que a nova candidata a presidencia da comunidade e Raquel a concelleira de jimy, todos estan compinchados non te confies…..

  11. eu says:

    Decembro 10th, 2009 at|comment_date at comment_time 0:07 (#)

    Esto é unha vergonza! Como sexa Raquelita a que se presente é que non ten un mínimo de dignidade. Cada día dame máis noxo esta xente.Veremos o que pasa o Domingo, pero como consigan facerse coa comunidade esta xente é mellor que nos vaiamos olvidando do noso monte. Que me digan a min que o señor alcalde non ten interese… o que pasa e que con Juan non pode, porque no pasa polo aro e el quere todo controlado. Xa ten controladas as comunidades de San salvador, a de San Vicente e a de Armenteira e agora pensaba boartlle man á de San Tomé pero non lle é tan facil.

  12. Un observador..... says:

    Decembro 11th, 2009 at|comment_date at comment_time 1:40 (#)

    Pois si que está a cousa liada…..

  13. eu tamen says:

    Decembro 11th, 2009 at|comment_date at comment_time 14:08 (#)

    parece ser que aqui os olvidades que a villanueva o puso o alcalde na comunidade de santome e da quela votouse fora a jaime lede que non para nada e amigo do alcalde, porque non se fala nada de el si nas asambleas e o unico que fai impugnacions, a estas alturas xa non importa quen sea o presidente da comunidade é unha vergonza se teña que facer una mocion de censura entre catro veciños por unha mala xestion do presidente… juan villanueva non ten vergonza el mescolou o seu rencor con o alcalde é abandonou os seus deberes de presidente…
    si o votan fora vai ter o que se merece..

  14. eu tamén says:

    Decembro 11th, 2009 at|comment_date at comment_time 14:49 (#)

    e que carallo de blog e este que pasa?? non interesa se vesa o que lle pasou a villanueva… e de dominio publico que cando foi electo presidente da comunidade regida entonces por jaime lede, foi o alcalde quen o puso, xa non vos lembrades da festa que se fixo..
    juan villanueva estubo e sigue estando o servicio das voluntades superiores, que non nombro porque xa todos o entenden, da quela si que non tiñan todas as comunidades oxe por oxe fai tempo que has teñen…
    a comedeia de villanueva non engaña todos, sempre queda alguen que o pode descubrir… pero a este blog parece ser que eso non lle importa
    asi que afora con villanueva o tempos dos lacayos hai moito tempo se acabou é o dos parvos tamén.

  15. dfdfdf says:

    Decembro 13th, 2009 at|comment_date at comment_time 4:54 (#)

    a ver,, eu tamen, se a xente de santome botou fora a lede non foi x q quixers meter no seu sitio a villanueva, senon xq lede e compsñia eran uns ladrons que non facian msis que beneficiarse eles e seino de primeira man.. a villanueva poderemos reprocharlle moitas coussas, como a falta de infomacion aos vecinos ou tardar en facer as asambleas pero o que non podes dicir de ningunha forma e que sexa un infiltrasdo do alcalde.que entrou sendo concelleiro e indiscutible pero eso xa o sabian os vecinos cando o elixiron. esperemos que o domingo non haxa sorpresas e sigamos tendo un presi como juan, porque como entren os elexidos de yimi deus nos colla confesados

  16. Un observador..... says:

    Decembro 13th, 2009 at|comment_date at comment_time 23:54 (#)

    A ver, fíxose xustiza este domingo, non? Parece que a xente sabe decidir o qué é bo en cada momento, e neste caso, consideraron que o mellor para a Comunidade de Santo Tomé, é que Juan sexa o seu presidente. Parabens para os veciños e veciños que participaron no proceso e decidiron libremente. O pobo é o que pon a cada un no seu sitio…. Saúdos.

  17. Unha que o sabe todo says:

    Decembro 15th, 2009 at|comment_date at comment_time 14:01 (#)

    A estes que falades mal de Juan Villanueva de que esta dirigido por superiores quenes sodes? Valente,lisardo,sindo,Chelo and company. xa se veu o domingo quen son os ladrons e quen os bos. Cando Marucha dixo o das nominas era pola muller do gallego que estubo dada de alta para poder cobrar o paro e non estuba traballando no monte, e o presi era lede, Juan non esta baixo as ordes de nadie porque se non como vos esplicades o que fixo o alcalde na anterior reunion, vos o que queredes e votalo fora para poder recalificar os terreos do monte e facer o que tiñades previsto ladrons, e outros querian facer un poligono e señor valente que me contesta vostede a isto? Saleuvos mal a xogada asi despois estabades todos chorando na de sindo que non vos daban as contas ou algun dos vosos fallouvos porque tiñades claro que ibades gañar? Os comuneiros non somos parbos e sabemos a quen temos que elexir, non vos chegara o que roubades como pedras leña que pa nos foi unha gran sorpresa saber os mais ricos son os mais aproveitados.
    Quixera decirlle o señor valente que basilio vai no outro mundo e cando todos queriamos cederlle o terreo ti opuxecheste que sepas que estamos orgullosos de facelo e algun remorderalle a conciencia algun dia. Oxala encontredes outra parroquia para lograr os vosos plans, veciños de san vicente preguntadelle o señor cesario e a xunta rectora da vosa comunidade o que lle ofreceu o señor alcade a cambio de cederlle eses terreos? ¿Vas ir outra vez de concejal cesareo, pero cobrando claro?Saudos a todos

  18. UN HOME says:

    Decembro 15th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:36 (#)

    Eu queriame dirixirme a “unha que o sabe todo”, acabo de ver o teu comentario e falas da Comunidade de Santo Tomé, supoño a túa parroquia, e o final fas unha pequena mención a Comunidade de San Vicente, concretamente dirixido a Cesáreo dunha comisión ofertada po lo Sr. Alcalde, moito me gustaría saber si tes coñecemento de esa oferta, pois estaría disposto, porque de verdade eso sería vo pa deixalo claro as veciños de San Vicente, porque a cesión xa veremos mais tarde que non teñan que retificala, tempo o tempo, por eso che agradecería a través deste medio dixeras todo o que sabes, moitas grazas e un saudo

  19. VALENTIN MAQUIEIRA FARIÑA. Tino "fillo de Valente" says:

    Decembro 21st, 2009 at|comment_date at comment_time 13:50 (#)

    COMPROVACION DE ACCESO.

  20. VALENTIN MAQUIEIRA FARIÑA. Tino "fillo de Valente" says:

    Decembro 21st, 2009 at|comment_date at comment_time 15:16 (#)

    …Empezar dirixíndome a que firma con “Unha que o sabe todo” Colgado o 15 de Decembro 2009. … Deberías de estar mais e mellor informada para firmar con ese seudónimo. Persoalmente creo que é pecar de prepotencia.

    Non podrei remontarme o pasado porque o desconozco, pero si che podo explicar certos puntos que comentas e dos que estas moi desinformada. Decir tamén que escribo sempre en primeira persoa e nome propio. E por suposto con nome e apellidos. Chámome Tino e vivo Nas Cacheiras, no nº 16, casa. Santomé. Meis. C.P.: 36637.

    Dudo moito que Juan Villanueva-veciño e presidente da comunidade de Santomé-, esté dirixido por nadie e menos po-lo Alcalde de Meis con quen está enfrentado-. Mais abaixo poreiche un ejemplo de porque creo neste enfrentamento. E se hoxe non podo, fareino mañan. E repito é unha opinión persoal resultado do visto e vivido no tocante o tema “ Parque acúatico”. Desarrollos úrbanísticos… Acojonante. Se previsións houbo nesa zona, non foi precisamente por parte de algúns veciños que se adican o ladrillo. Senón por empresas que outuveron consentemente e terreos por parte da comunidade e Concello. Si estuveses informada saberías que E certo que as houbo, pero non ahora, pero quizais toques este tema algo de oido e non queiras falar del con claridade. Persoalmente coñezo a quen asinou dito contrato no pasado. E cales eran as súas intencións.
    A título personal non teño queixa de como o están a facer o presidente e resto da mesa que nos representa. Agradame a idea de que a nova casa de cultura se vaía instalar no roeiro no que vivo e quero tanto, e este é solo un exemplo. ¿Outro exemplo?, Porta Pisón quedou moi ben. Proxecto; por certo, xa previsto na anterior candidatura-, que non creo que o fixeran tan mal, nin creo que roubaran como se fai mención nalgún comentario aparte do teu. Nin os anteriores tampouco, meu pai e mais Manolo de Lopes, nin os que estuveron antes que non recordo si fora Sindo, Amancio… Nin os de antes de eu nacer. Ou e que entonces roubaron todos menos estes?. Creo que sofrés do eterno problema que teñen moitos dos galegos…. Xa te decatarías da doenza da que falo. ¡Por certo! Debo decir que Porta Pisón, foi levado acabo materialmente po-la actúal directiva. Creo que é un lugar de Lecer que os veciños deberíamos aprovitar mais….E ahora recordo cando xa tendo eu piscina na casa de meus país-que non sei se ter piscina será para ti un delito, seguramente. Seguriño que a fixo cos cartos do monte ¡ Ahí que joderse!-, escaba tóda-las tardes do verán a bañarme en pelotas no pozo. Eu, “Rafa o da Feira”, Rafa o Polo, Miguel, Juan, José, Caio, Luis “ O da Cajalla”, Roberto o Marinero, Carlos Parrado, Noli, os rapaces de Arcos-xa mais vellos ca mín-… Que tempos. Despois veu o pozo de regar do mesmo lugar, e xa nada foi o mesmo.
    Tamén me agrada a idea de que comuneiros que parecían estar desaparecidos decidisen voltar as asambleas e expoñer o seu punto de vista nas mesmas e non solo No Café. O utros lugares de reunión galegos. Somos todos veciños e todos temos algo que decir. Pero parece que opinar. E querer votar os que estan de donde están. E constame que eso non é certo. A lo menos por parte da mayoría que firmou. Que foron moitos. E podes crerme que sen estar involucrado, estiben sempre ben informado.
    Convenceume tamén o feito de que se decidise convocar a un 20%- porcentaje superado con creces- dos comuneiros para presentar unha remoción-creo que se escribe así; de política non entendo moito … pero de sentido común sí-. Eu firmei como un mais, pero non para votar definitivamente os actuales representantes dos comuneiros, como por ahí se dixo que eso era o que se pretendía. Senón para que, e despois de moito tempo-anos-, oubera unhas eleccións democráticas. Decirche que o que realmene se pretendía e que as asambleas se fagán por Lei. E decir, cada 6 meses, e outras cousas. Pero sirva esta de ejemplo. Tamén é certo que se moitos dos veciños que creeron necesaria dita remoción oubesen ido antes as asambleas, esto xa non sería necesario. Alégromo po-lo pobo enteiro de que haixa outras opinións distintas nas asambleas que antes non había, e todo se poida confrontar mais profundamente, xa que creo que en certas ocasións votábese o que a mesa planteaba e punto. Esto último vivino eu cando acudín por primeira vez a unha asamblea. Concretamente tema principal, Casa movil, para un veciño. Basilio. ¡Que lástima coño, era un vo rapaz.! Non cheguei a tratalo moito pero teño compartído algo con él no Bruselas. En fín é a vida mesma. Pero. …Non sabes canto me doe que poidas pensar que meu pai non queria ahí a súa casa donde se puxo. Que eu recorde cando foi presidente xa se lle tuvo que dar un cacho de monte a un veciño, anque despois non se materializase a casa para dito comuneiro. Pero non te preocupes que tamén che vou adicar algo de tempo para este tema. Do que tamén estas moi desinformada. En definitiva creo que todo Santomé ganou co feito de que unha serie de veciños decidisen volver as asmbleas da comunidade, e espero que sigan acudindo.
    Dito todo esto vouche explicar uns puntos nos que estas moi desinformada. Casa Movíl, Parque Acuático, ¿Polígono? ect. Por certo, ¿Por qué non teñen os comentarios nome e apellidos?. Creo que o anonimato e nestes casos agochar a propia identidade. E, en definitiva. NON DAR A CARA. ¡Ala cada quén! Vai ser que os que mais ladran son realmente os que menos morden.

    Teño que despedirme, pero non vou tardar mais ca unhas horas en voltar a entrar e seguir aclarandoche o que desconoces. Bueno, algún tema, de oido tocalo, pero nada mais.

    Vaite informando un pouquechiño. “Xestora D Oido”. Ti oiche campás pero non sabes donde.

    FELIZ DIA DO PATRON A TODO-LOS VECIÑOS. … Na miña casa sempre foi un día grande, pero desque morreu a matriarca non quixemos celebralo.

    Disculpen vostedes as faltas de ortografía pero DA MALA OSTIA, a mente vaime mais rápido cas mans. Velocidade estimada 230 pulsacións/minuto.

  21. Tino says:

    Decembro 21st, 2009 at|comment_date at comment_time 21:29 (#)

    A AQUELES QUE ANDADES PO-LA VIDA POUCO INFORMADOS OU INFORMANDO SOLO O QUE VOS CONVEN… Na vida ahí que ser realista e chamarlle as cousas po-lo nome. Pareceme a mín que si veñen dun lado, valennos a calquer precio. Si veñen do outro lado, todo son especulacións, roubos… . Si é que o final vai ser delito prosperar algo na vida. … E si se fai, xente coma tí a de se encargar de publicar que foi a conta do monte, ou incluso a conta de cousas peores. En fin, sempre ahí que sexa mais listo ca un. Cando reconozas esto último, poderás vivir dentro de ti. Mentras ese día non chegue, non quixera estar dentro do teu corpo.

    En canto o comentario subido o día 15 de Decembro do 2009, e que figura co seudónimo de “ Unha que o sabe todo”… E da verdade resulta que non sabe nada.
    Dito comentario comeza da seguinte: A estes que falades mal de Juan Villanueva de que esta dirigido por superiores quenes sodes? Valente,lisardo,sindo,Chelo and company… vos o que queredes e votalo fora para poder recalificar os terreos do monte e facer o que tiñades previsto ladrons. Que eu sepa, cando se cederon o concello unha determinada cantidade de metros na zona de Arcos, e se asinaron contratos, ningún veciño de Santoméque se adique a construcción, asinou dito contrato. Nen teño coñocemento-e coñezos- de que dita empresa tivese relación con ningún deles. Pero si que é probable que oubese interese no desarrollo-creo recordar duns 300.000m2- por parte dalguén. Pero AFORTUNADAMENTE Medio Rural ou “Comisión de Sabios”- do BNG por aquel entonces- votouno atrás.
    O que sí sei e que a ningún veciño de Santomé dos que mencionas e chamaslle ladróns-que esto ten delito, e ahora entendo porque firmas agochando a túa identidade. E que é,…xa non de xuzgado de garda, senón do Tribunal Supremo-. Como se lle pode chamar ladrón a laguen públicamente sen coñecemento de si é certo ou non- tivese interese no mencionado proxecto.
    Como ia decindo. Calquera dos nombrados nen ten, nin tuvo interese en dita recalificación… E certo que nunca se pode por a man no lume pero, repito que non creo eu que lle interesase dito proxecto porque os iluminados que si tiviron interese- a parte do concello que vive lóxicamente e sobor de todo das licencias, das que percibe unha porcentaje, sexa da cor que sexa: PP, PSOE, BLOQUE…- hoxe xa se adican a outros menesteres porque dita empresa finou, Rip, atalogo. E nome estraña crendo en semellantes proxeccións. … Haber, todos debemos ter claro que Meis non é Sanxenxo, nen o Grove. Ainda cando os bancos repartían diñeiro a diestra e siniestra. O proxecto dunha recalificación semellante nunca sería posible. ¡ Aquí, ainda que o temos todo,e é por eso que a miña terra, a nosa terra e un lugar maravilloso para vivir, non ten mar!. Descoñezo tamén que aixa unha empresa, unha sola. Que poida estar interesada no Parque Acuatico. Fai dous meses había unha empresa adicada a localizar interesados, buscando por Vigo adiante e outras cidades españolas posibles interesados en desenrrolar un proxecto acúatico de tal magnitude pos momentos económicos actuais, ata fecha e según me dixo o home que posiblemente mais sebe de parques acúaticos de España, o Sr. Pepe Osorio-industrial de dito sector-, non ahí candidato. Ahora, si a diputación quere desenrrolar dita obra, ¡!Vendita sexa!!. A do parque, porque a recalificación xa non é posible; do cal repito, que me alegro. Obras dese calibre que as leven outros.
    Remato este punto decindo que dunha volta si se cederon os terreos para semellante andadura, Desenrrolo Urbanístico e Parque. Pero ahora voou a San Vicente, persoalmente creo que foi debido o enfrentamento comunidade-concello, ou mais ven Presidente-Alcalde. Unha lástima, a mín gustavame a idea do parque, en Porta Pisón-lugar tan ligado a auga e lecer dos veciños de Santomé-.
    Ahí un tempo foi un proxecto que lle interesou a Santomé, e a xente votou que sí. Ahora dixeronlle que había que votar non e ala, a votar non. Eu tamén votei non, que non a cesión indefinida, pero como todo o final sempre ahí unha solución legal- ou alomenos en San Vicente de 100 veciños-seica, eu non estaba alí,- 97 votaron que sí. Loxicamente o ofertado nun principio po-lo concello era irrisorio, pero 20.000€ estaba moi ben. O que non entendo e como tendo o mesmo avogado as dúas comunidades-Miguel-, en S.Vicente se pudo cerder en réximen de alquiler por tempo indefinido os terreos, e aquí non. Dame que o Señorito Miguel nos meteu un gol a todo-los veciños, e digo mais, o propio presidente e resto da mesa tamén. El sabía que legalmente a operación era viable senón que fale co despacho de Vigo, con que se asesoraron os veciños de S.Vicente, que él coñece.
    En fín, os que fai un tempo estaban ilusionados co parque, ahora converteron o tema en político e debido o xa mencionado enfrentamento, os veciñ@s vamos ver como se vai-si se desarrola- para San Vicente. Alégrome por eles. Por ahí anda tamen un ruxe ruxe de comisións por parte do concello a uns comuneiros, pero en que mundo vives. De donde saca o concello ditas comisións, como non se vaixen o soldo. E é mais, 20.000€ repartidos entre os comuneiros de San Vicente, xa son unha voa comisión o ano.

    -En canto o seguinte comentario: “e outros querian facer un poligono e señor valente que me contesta vostede a isto?” ¡ Por certo despois de Polígo ven coma! “, “. Dubido que o Sr. Valente, sepa de que lle estas a falar. El é propietario duns cantos m2 no polígono de Meis-Barro. Pero que ten eso que ver con Santomé…. Unha vez mais falas de oido “Manager hearing”. Verás fai un tempo eu-Tino-. Anduven comprando-Porque eu son xestor, e coidome moito de non selo de oido”, terreos no SRA-I7. Para que me entendas, en Mostofrio. Pero para unha empresa da Pobra do Caramiñal con C.I.F. B-15715519, con domicilio social en Rua Da Paz, nº 11, municipio de Pobra do Caramiñal (A Coruña). Dita empresa está interesada en desarrollar o mencionado polígono. Tamén che direi que non exactamente un polígono como de Barro. E un “polígono Light”. Afortunadamente, solo se poden facer naves de 600m2 e está limitado encanto a tipo de industria, potencia electrica e de motores ect. Si queres explícoche as características noutro momento. En definitiva un polígono donde poida haber casas e pequenas naves, mais ben naves comerciales-galpóns-. Pero non industriales das categorías 3ª e 4ª.
    Ahora mesmo dito desenrrolo é inviable. Por razóns tanto técnicas-novo trazado do enlace- como económicas.
    De esto deduzo, que como andaba comprado o fillo de Valente, xa era para Valente. Enterate, instruete, le.
    -No que respeta o comentario donde publicas o seguinte: non vos chegara o que roubades como pedras leña que pa nos foi unha gran sorpresa saber os mais ricos son os mais aproveitados. Direiche que eu-Tino-, ¡que non son como tí dis, rico!. Collín no monte de Santomé uns chimpíns de pedra, po-los camiños adiante, pero a do muro cargouma unha pala da diputación en San Vicente. En canto a leña, falas unha vez mais de oido. Eu a leña, colloa nas miñas toxeirass, ou comproa. Pero si teño que collela no monte fareino coma calquer veciño. E direiche que quero facerlle un circuliño con cantos rodados as árbores e plantas que teño na eira da casa. Quero que sepas que as vou coller no río Argaballa, río que atravesa Santomé de Este a Norte . E non por eso serei nin mellor nin peor persoa, nen dende logo landrón.

    Encanto o comentario que mais transcendencia lle dou: Quixera decirlle o señor valente que basilio vai no outro mundo e cando todos queriamos cederlle o terreo ti opuxecheste que sepas que estamos orgullosos de facelo e algun remorderalle a conciencia algun dia
    En primeiro lugar, Valente non estaba o día que os comuneiros-eu tamén alí presente-, votamos que a casa-movíl debía instalarse na Poroxa, o lado do pabellón de deportes. Eso foi o que se votou, podes pedir copia da acta-si cha dan-, a que tes dereito si ha solicitas, e comprovarás que o que digo é certo. E comprovarás que Valente non se poido opoñer a algo que se votou cando él non estaba presente. E unha vez mais, estas mentindo. Estás falando de oido.
    En segundo lugar, o que Valente confrontou na seguinte reunión, foi o feito de porque si se votou que se instalase a casa na Poroxa, se puxo donde está ahora.
    Parece ser que foi cousa do alcalde, que lle chamou o propietario e él dixolle que a puxese alí. Nono sei. Si sei que se acordou, “ A casa pos terreos da comunidade na Poroxa, e dempois foi para donde está actualmente. En calquer caso demostras coñecer solo o que che conven e a quen che conven.
    Agradeceríache que non fagas política a calquer precio. E si a fas, faino con consentemento de causa. Porque falar ou publicar cousas que oiches po-los roeiros é moi delicado e dañino. Si non podes vivir dentro de tí, quizaís debas comenzar a ser outro tipo de persoa. Ou mellor dito, si non podes vivir dentro de ti. … “Jo… fastídiate.

    Ata pronto. Creo que xa non vades poder publicar alegremente falsedades sen que a verdade sexa subida a rede neste portal. Sempre claro está que sepa do que estou a subir. E non alegre e insconscientemente.