O PARQUE ACUÁTICO DO CONCELLO DE MEIS

Novembro 8th, 2009  |  Published in| the_category Concello  |  11 Comments

PIC_0063

O Alcalde de Meis séntese libre e campa ás súas anchas. Parece que, ultimamente cando non consegue o que quere, é capaz incluso de tentar pasar por encima dos veciños e veciñas de Santo Tomé e da dirección da Comunidade de Montes desta parroquia. Así ven de demostralo nas diferentes reunións que se celebraron o pasado mes co tema do Parque Acuático, nas que o Alcalde interrompeu sucesivamente o curso da reunión dos comuneiros, negouse a abandonar a sala de reunións para a votación e tivo que ser chamado ao orde polo presidente da Comunidade de Montes e por outros comuneiros que se atopaban alí.
Posteriormente parece que se arrepentiu da súa actitude e, citou aos veciños e veciñas para unha reunión na Casa de Cultura do Mosteiro, en principio para pedirlles desculpas, inda que logo se converteu nun mitin.
Ao Señor Pérez Estévez cando as cousas non lle van por onde el quere sáenlle as unllas e incluso os dentes.É unha pena que a prensa non recolla enteiramente todas estas informacións. Inda así publicamos aquí o que saíu nalgún medio eses días.

Meis entiende que la propuesta de los comuneros hace inviable el futuro parque acuático La entidad aprobó una alternativa a las peticiones presentadas por el Concello

Los comuneros de Meis quieren el parque acuático, pero exigen algún beneficio a cambio

Responses

  1. un veciño says:

    Novembro 9th, 2009 at|comment_date at comment_time 19:49 (#)

    Este alcalde está moi enfangado. Ten dadas varias licencias a “GRANDES CONSTRUCTORES” do noso concello encima de terreos que non son seus(pertencen a un emigrante en arxentina, ó cal foron a “visitar” o alcalde con varios constructores a Bos Aires, e como non quixo vender pois ocuparon os seus terreos con edificacions ilegais).un saudo

    O alcalde foi advertido mediante burofax do erro que estaba a cometer pero NIN CASO.CORRUPCION PURA Y DURA!!!!

  2. tejero says:

    Novembro 9th, 2009 at|comment_date at comment_time 22:31 (#)

    Estuben nesas reunións e a verdad e que hay moito que contar deste alcalde, na reunion de comuneiros interrumpeu moitas veces a reunion, incluso chegando a entrar dentro e insultando a un topografo que estaba explicando uns planos, despois de estar toda a reunion na porta decindolle os seus amigos que tirasen bancos para votar a asamblea abaixo, fixo unha chea de comentarios como que o presidente da comunidad de montes de santo tome non valia para ser presidente, que o tiñamos que votar fora, veu a reunion con un dos seus socios o de acuagal que facia ese home ali o que pasa e que aqui hay mais interes do que os veciños pensamos, nunca vin asi o alcalde que nos representa parecia que estaba perdendo os estribos. Do mitin que dou o outro dia a verdade e que o unico que fixo a parte de non pedir desculpas foi deixar quedar mal o presidente da comunidad xa que eu creo que todo foi moi planeado para deixar quedar mal o presidente diante dos comuneiros, da señorita Raquel teño que decir que ese guion non foi escrito por ela se non pola señora Ofelia, xa que non sabia nin o que lia, todo estaba moi preparado. A miña opinion e que este alcalde esta moi interesado nos terreos de santo tome por moito que diga que buscara alternativas noutras parroquias, aqui hay gato encerrado xa que ten demasiados socios que tamen lle interesan eses terreos, e se non o logra asi acabaran con botar fora o presidente da comunidad como xa o estan planeando cando os seus amiguetes ou socios como lle queirades chamar viñeron a miña casa e a doutros veciños a recoller firmas para votar a o presidente fora da comunidad e asi coller a comunidad eles.

  3. tejero says:

    Novembro 10th, 2009 at|comment_date at comment_time 15:57 (#)

    non entendo esta pagina resulta que onte escribo un comentario sobre o parque acuatico e hoxe xa non esta, ou non vos interesa que se fale mal do alcalde ou no no entendo

  4. tejero says:

    Novembro 10th, 2009 at|comment_date at comment_time 17:43 (#)

    hola

  5. pallotas says:

    Novembro 10th, 2009 at|comment_date at comment_time 17:50 (#)

    este ayyuntamiento ta parvo de todo

  6. Outeda says:

    Novembro 10th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:58 (#)

    Nenguén invitou ao alcalde a asistir a unha reunión da comunidade de montes. Que falta da educación e de desprezo mais absoluto aos comuneiros. Por qué tanto interese neste asunto?…

  7. cheiramal says:

    Novembro 10th, 2009 at|comment_date at comment_time 20:34 (#)

    Corrupción. Chámase así. Na primeira asamblea levou con el a xente que nunca vai as asambleas, constructores da nosa parroquia de San Tomé, os que se reunen no café de Sindo polas noites.Que casualidade, ¿a que sí?.
    Queren o terreno de todos e quéreno gratis, despois reparten o pastel entre eles, e pensan que somos gilipollas.
    E a concejala de San Tomé botounos un discursito o venres no multiusos,que é para botala fora da parroquia, e por riba escribironllo e vai e di que é dela e vai en contra todos os de San Tomé decindo falsedades e mentiras.Debe ser feliz jodendolle a vida oas veciños da nosa prroquia, xa sea de forma personal ou desde o concello.
    Pero con San Tomé atoparon.
    Bueno prefiero non decir cousas dela , pero poderíavos decir o tipo de persona que é.

  8. un veciño says:

    Novembro 11th, 2009 at|comment_date at comment_time 13:42 (#)

    este pensa que os de santo tome son parvos…e lle van a dar ó NOSO CONCELLO uns terreos gratis para que él faga uns negocietes cos seus colegas corruptos da construcción(esa camarilla que todos coñecemos con audis e mercedes, todos sin pagar ou de renting.

  9. uncalquera says:

    Novembro 12th, 2009 at|comment_date at comment_time 23:58 (#)

    cada un ten o que se merece, o parque acuatico estara no concello se non e nun lado sera noutro, pero a cuestion e que estara….despois queixanse

  10. tejero says:

    Novembro 19th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:16 (#)

    señores que noticion saleu hoxe na prensa esa e a verdade de todo o que pasou nas asambleas non o que dixo o señor alcalde, nin as concelleiras na reunión informativa(mitin). Queda claro que o unico que quere o alcalde e votar o presidente fora e dispoñer dos terreos da nosa comunidade, porque non dixo a señorita Raquel na reunión que ela era unha das candidatas do alcalde para ser a presidenta da comunidade de santo tome, pensaba que a xente no nos ibamos a enterar pero non se pode ir a o bruselas e falar cas suas amiguetas cando hai moitas ourellas pendentes do que esta decindo, ¿estara na nova candidatura que ten preparado o alcalde que se presentara o dias das eleccions que se van a combocar polas firmas que el mandou recoller os seus socios? Para o alcalde ela e a mellor candidata a presidencia porque a manexan o seu antollo, como xa se veu na reunion como a manexou ofelia e o alcalde para eles quedar ben.

  11. Tino says:

    Xaneiro 2nd, 2010 at|comment_date at comment_time 13:02 (#)

    Creo que todo-los comentarios son encontra do alcalde, e en definitiva do seu partido. A mín eso dame igual. O que non me parece axeitado e que se fale do que aconteceu nas asambleas de comuneiros pasadas en Santomé, para facer política contra este ou outro alcalde si fose o caso. Que él estivese implicado directa ou inderectamente cando se puxo ahí o actual presidente xogandolla o anterior. Non quere decir que ahora fose a ser do mesmo xeito.
    O Alcalde de Meis usou “os seús comodíns” denovo o seu antoxo, desembocando esto nun mal entendido. Que eu saiba dita rapaza e veciña da nosa parroquia non foi como candidata a mesa electoral que se presentaría si a remoción prosperase. Ningún dos veciños que ian formar dita candidatura teñen relación política co actual alcande, nin co concello.
    Pensar que unha serie de veciños estaban do lado do Sr. Alcalde e ver so o que se quere ver. Politicamente convence e distorsiounou a realidade. Pero esta foi outra moi distinta.
    Falar por falar, é non decir nada. Ou en definitiva disimular a verdade.
    Creo que non se debe usar os veciños e comuneiros de Santomé, a través das súas asambleas para facer política contra o concello. Sexa da cor que sexa.
    Tamén creo; non quero crear malos entendidos, que Luis debeu solicitar os comuneiros asistir a dita reunión. Solos nos podíamos decidir si se lle concedía ou non estar alí.
    Da reunión da casa de cultura non podo falar xa que non estiven presente. Pero supoño que se trataría dun mitin. O que non sei é encontra de quen nin de que. E agradecería que se alguén, sensato e coherente me quixera expoñer o seu punto de vista do acontecido. Agradeceríallo. Do que sí estou estou convencido e de que dita reunión, lexos de venefiar os comuneiros interesados en que en Santomé tivésemos eleccións democráticas. Perxudicounos…. Anque pensando bén. Si as tivemos, feito do que me alegro. 34 veciños votoron por unhas eleccións conforme a ley. E 63 creron que se pretendía votor a actual mesa. Persoalmene gostame acudir as asambleas e estou esperando as de Xuño. Mais ala dos lindes de Santomé non me interesa o que ocorre polítamente. O feito de que a miña cabeza e corazón sexa de ideas “mais ben de esquerdas”. Creame un conflito co bolsillo. Xa que este, é de dereitas. Levo convivindo que este dilema dende neno. Xa sei que pode ser algo incoherente pero é a miña realidade e debo vivir con ela. Creo eso sí, que ten a súa parte boa. E é o feito de que poida ser nas miñas manifestacións transparente, claro e imparcial. “Eu non me caso con ninguén”. Anque esto vaia encontra dos meus propio intereses.
    Saudos a tódo-los veciños.