‘Love of Lesbian’ encabeza o cartel de Dolorock ’09

Agosto 22nd, 2009  |  Published in| the_category Eventos  |  2 Comments



O sábado 22 de agosto a música alternativa soará de novo no Campo da Feira de Mosteiro.

Love of Lesbian, Niños Mutantes, Nudozurdo, The Blows, Eme DJ e Chema Rey DJ. Este é o cartel co que se presenta Dolorock 2009. Despois de seis edicións, o festival mantén a súa esencia, impulsar ás novas agrupacións galegas de música alternativa.Pero a experiencia, e a boa sona acadada, fan que Dolorock figure xa como un dos festivais de referencia xunto ó Cultura Quente de Caldas ou o Festival do Norte de Vilagarcía. O reto para esta sétima edición, superar as catro mil persoas de público do ano pasado.

O sábado 22 de agosto, 30 mil watios de son e 50 mil de luz inundarán o Campo da Feira de Mosteiro, en Meis. Será a partir das nove da noite. A Asociación Cultural A Baralla está detrás da organización de Dolorock. No seu afán por impulsar o festival, o ano pasado realizaron unha serie de enquisas entre os asistentes para coñecer en que podían mellorar. Das respostas obtidas naceu, entre outras novidades, a contratación de Love of Lesbian como cabeza de cartel.

Todos aqueles que se acheguen o día 22 a Meis terán a súa disposición zona de acampada gratuíta a cen metros da zona dos concertos. Para máis información sobre aloxamento, o cartel ou como chegar ó recinto pódese atopar na web www.dolorock.es.

NOTA: Información tirada do Canal Rías Baixas

Responses

  1. Parabéns says:

    Agosto 25th, 2009 at|comment_date at comment_time 17:19 (#)

    Grande, grande! que ben mo pasei este ano. Cada edición mellor. Os meus parabéns para a organización!!

  2. Homenaxe says:

    Setembro 11th, 2009 at|comment_date at comment_time 17:15 (#)

    Quero mandar o meu máis sentido pésame á corporación do BNG, pola repentina perda do seu compañeiro David Fandiño. Eu coñecíao dende a EXB e impactoume moito a súa morte. O dito, moito ánimo a todos. Unha aperta moi sentida.