Casa de Cultura de Zacande (Nogueira)

Agosto 15th, 2009  |  Published in| the_category Ecoloxía, Economía  |  9 Comments

Sen lugar a dúbidas os veciños de Zacande (Nogueira) poden estar ledos pola Casa de Cultura que construiron coas súas propias mans. Mais eu quero facer unha reflexión en xeral sobre esta cuestión:

1. Como é posíbel que as institucións públicas (Deputación de Pontevedra e Concello de Meis) dean cartos, e iso que temos poucos, para a construcción dunha Casa de Cultura que está situada a menos de 200 metros do Centro Multiusos do Mosteiro?

2. Será unha nova polìtica do PP para aforrar cartos?, Veremos agora aos veciños de Meis asfaltando camiños, colocando os sumidoiros, etc?

3. Por qué se fai isto neste lugar cando hai parroquias no concello que non dispoñen dun Centro Cultural?

4. De quen é a titularidade da Casa de Cultura? Construida coas mans dos veciños, cos cartos da Deputación e en terreos do Concello? Hai algún mecanismo que regule o uso deste Centro?

5. É de supor que os veciños de Penente, Veiga da Vila ou Caticovas (todos estes lugares sitos na mesma parroquia á que pertence Zacande) terán os mesmos dereitos para que esas institucións públicas lles subvencionen un Centro das mesmas características, non si?

6. Se cadra, para o Concello de Meis e a Deputación de Pontevedra o resto dos veciños somos cidadáns de 3ª categoría?

Este tipo de actuacións políticas encerran dentro de sí unha gran polémica que algún día estourará nas máns de alguén. Eis a política caciquil do Partido Popular.

casa-de-cultura-de-zacandecasa-de-cultura-de-zacande1

Responses

  1. Fochón says:

    Agosto 16th, 2009 at|comment_date at comment_time 20:52 (#)

    Sencillamente, que nestos momentos, nos que os veciños de Zacande, poden presumir e estar orgullosos do seu magnifico traballo, que alguén formule esta complicada hipérbole para así enmerdar o que eles mostran agora con lóxico orgullo me parece sinxelamente MISERABLE.
    Dende logo fai falta ser retorcido, pa querer cuestionar o orixe dos fondos para paga-lo material desta obra feita coas mans dos veciños de Zacande.
    Debería documentarse antes e sabería, o que esto dí, que estes veciños NUNCA puxeron problemas para ceder as suas instalacións a todos aqueles que llas pediron, Sin nengún custo e nin nada a cambio.
    Debería o que esto escribe tamen, preguntarse o mesmo, de gastos coma os que facía a antigua “Consellaría de Cultura”, gastando millons de Euros na promoción da literatura Galega cos seus acólitos, en lugares tan axeitados coma a Cuba Castrista, esto é solo un exemplo.
    En fín, moitas felicidades os veciños de Zacande polo seu ben facer, e animar a outros a que sigan o seu exemplo.

  2. malapécora says:

    Agosto 21st, 2009 at|comment_date at comment_time 19:11 (#)

    Que os veciñ@s de Zacande cedan as instalacións dunha casa de cultura pública, sen ningún tipo de custo, non é de ningunha singularidade. Singular sería que non fose así.O que si sería un problema é que pensasen que é da súa exclusiva propiedade.
    Non confunda,señor Foxón, no artigo non se cuestiona o bo facer dos veciñ@s de Zacande,senón a xestión que se fixo, e se fai con estes asuntos por parte do Concello e da Deputación.E digo que se fai, porque a cousa non remata aquí,xa que o alcalde reuniuse cós comuneiros de San Vicente para “ofrecerlles”,el regala casas de cultura como que regala churros!!, outra casa de cultura nas inmediacións da igrexa.Con esta serían catro na mesma parroquia, a de Escudeiro, o Multiusos,a de Zacande e a futura de San Vicente. Namentres os veciñ@s de Meis ou San Martiño non teñen lugares onde organizarse.Estupendísima xestión dos recursos do Concello!!, que este ano para “cadrar” as contas pediu un crédito e endebedounos a tod@as un pouco máis.Porque os cartos do Concello, non nos esquezamos, son de tod@s, e responsabilidade de xestionalos ben de quen goberna.

  3. Abal Abal says:

    Agosto 21st, 2009 at|comment_date at comment_time 20:52 (#)

    Fochón, unha vez mais, demostra que é un analfabeto funcional: Non entende o que lé.

    Tal vez, non sexa capaz de soportar as críticas pola nefasta labor que fai o Partido Popular en Meis.

  4. VILAGONDE says:

    Agosto 26th, 2009 at|comment_date at comment_time 16:01 (#)

    Pois eu son do punto 4 que expón aquí o administrador do blog: Se a construiron uns, o terreo é de outros e os cartos de outros… paréceme moi interesante que se saiba quen vai tomar as decisions futuras respecto á construcción.

    Por certo, guapísima a edificación. Eu son máis partidaria destas cousas xeitosas e pequenas que non grandes “obras” de pedra máis feas que…

    Por certo, levaba unha tempada algo apartada por saúde (non me esquecera do blog), este ano tocáronme todas, así que iso, que xa pasarei máis a cotío.

  5. Lamentable Post says:

    Agosto 28th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:46 (#)

    Lamentable post cheo de sectarismo; que sinxelamente non merece nin unha argumentación que o rebata porque é moi ruín e cargado de resentimento.

    Parabéns para Zacande e a súa xente.

  6. Franco says:

    Agosto 28th, 2009 at|comment_date at comment_time 22:47 (#)

    Hombre, por hacer una reflexión sobre como gastan el dinero las instituciones públicas (del PP) no me parece en absoluto sectario, es más, creo que refleja la MALA GESTIÓN que tenemos en nuestra alcaldía.

    Háblales de sectarismo a los vecinos de San Martín o de Meis y puestos a seguir con los ejemplos que pone el autor del post, los de O Pazo de San Tomé de Nogueira que también queremos un lugar social ya que los de Mosteiro nos caen muy mal. ¿Nos lo harán o no?, a lo mejor se descubrirá quienes son los verdaderos sectarios de esta concello.

    Puestos a seguir con el tema, el autor desconoce otro hecho, la Casa esta de Zacande es el tributo que paga el Louzán y el José Luis a ciertos vecinos para que no apoyasen a el hermano de la concejala del Bloque en su pretensión de montar una lista en las últimas municipales. El apoyo que contó este individuo por parte de los vecinos de Zacande, Monte de Casa y La Rochela fue importante al principio, hasta que el PP fue comprando traidores y todo por una casa que tuvieron que hacer ellos mismos.

    Pues hay que aprender de los de Zacande, si señor, les aconsejo a los vecinos de Meis, San Martín, Lantañón, Penente, Ai, etc que si quieren algo que la solución es fácil, montar una lista para las municipales, eso sí, hecha por votantes del PP.

  7. Pinheiro says:

    Agosto 29th, 2009 at|comment_date at comment_time 10:15 (#)

    Non hai cousa máis sectaria e ruin que facer unha casa de cultura para uns poucos veciños, desatendendo as demandas doutros sectores poboacionais que están máis necesitados.

  8. Lamentable Post says:

    Agosto 29th, 2009 at|comment_date at comment_time 23:57 (#)

    O dito…o falar non ten cancelas…

    Parabéns á xente que adica tempo de seu en beneficio da comunidade. Parabéns a Zacande pola súa xente.

    No resto non penso entrar, como diría aquel “sería moi divertido se non fose tan triste”

    Apertas

  9. Chaiñas says:

    Agosto 30th, 2009 at|comment_date at comment_time 22:03 (#)

    ¿Sectario?, ¿Ruin?, polo que leo nadie falou mal dos veciños de Zacande, senon das autoridades políticas. ¿Alguén sabe cal é a política cultural do PP en relacióna aos centros sociais?, dar cartos públicos (de todos e todas) para un centro social en Zacande tendo moi preto o Multiusos do Mosteiro e a Casa de Escudeiro si que me parece sectario e ruín.