DOLOROCK 2009

Xullo 9th, 2009  |  Published in| the_category Eventos  |  3 Comments

quique-arosa

DOLOROCK 2009

Xa hai sete anos que ven realizándose no Concello de Meis, penúltimo sábado do mes de agosto día 22, o festival de música Pop-Rock Dolorock, organizado pola Asociación Sociocultural A Baralla. Consolidado xa nos circuíto de festivais gratuítos de verán, o ano anterior houbo unhas 4.000 persoas chegadas de todo Galiza e do resto do Estado que se pasaron por el, con máis de 60 tendas que utilizaron o cámping. Este ano espérase senón superar esta cifra, cando menos igualala.
Colaboran economicamente diferentes institucións públicas, casas comerciais do Concello de Meis e da zona de O Salnés e, no caso da Xunta, que si colaborou nas outras edicións pasadas, parece que este ano andan un pouco desorganizados burocraticamente após de levar xa catro meses no goberno. O que fai que non haxa alguén,en concreto, designado para tratar o tema das subvencións. Non vamos pasar por alto tampouco,o bo facer e a colaboración altruísta que fan preto de corenta voluntarios que traballan na organización do mesmo.Neste senso a Asociación A Baralla fai unha chamada á colaboración, da xente que se achegue esta semana ás festas de San Bieito 2009, no Mosteiro, para que se pasen polo bar que terán montado na praza da peixería os da organización do festival, xa que é unha maneira máis de contribuír a que este festival siga adiante.
Hai que destacar deste festival que se realiza no rural o seu carácter dinamizador, que lle aporta a este Concello de cerca de 5.000 habitantes unha afluencia de preto de 4.000 persoas e, que esperamos siga a medrar. Iniciativas de balde para o ocio dirixidas á xente moza, non sobran nunca e menos nestas épocas.
Confirmados ata o momento para esta edición do DK2009 hai os seguintes grupos:

LOVE OF LESBIAN. Barcelona
THE BLOWS. Vigo
NUDOZURDO. Madrid
DJ CHEMA REY. (Radio 3)
Faltan por confirmar outro grupo e un DJ.

Responses

  1. dolorock says:

    Xullo 26th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:07 (#)

    Engadimos ao cartel a eMe dj . Pronto pecharemos o cartel completo. Para máis info podedes visitar o noso blogue onde podedes atoopar ás ultimas novas relacionadas co Festi.
    Un saúdo.

  2. dolorock says:

    Xullo 26th, 2009 at|comment_date at comment_time 18:09 (#)

    Olvidávaseme o enderezo do blogue : http://dolorock.blogaliza.org/ . O dito. Vémonos o 22!

  3. A Baralla says:

    Agosto 14th, 2009 at|comment_date at comment_time 16:25 (#)

    DOLOROCK 2009

    Love of Lesbian

    Niños Mutantes

    Nudozurdo

    The Blows

    Chema Rey Dj

    Eme Dj

    22 Agosto 2009 En Mosteiro Meis (Pontevedra)

    ENTRADA GRATUITA e acampada libre

    + info en: http://www.dolorock.es