FEIRA LABREGA 2009

Xullo 2nd, 2009  |  Published in| the_category Festas  |  2 Comments

k-yo_200812211

Por segundo ano consecutivo, o vindeiro domingo día 5 de Xullo, vaise celebrar durante todo o día e na praza da feira do Mosteiro, a feira labrega que recrea a histórica “Feira Nova” que se facía no mesmo lugar os días 9 e 24 de cada mes. Esta feira consolidouse entre os anos 1910/1923, durante décadas foi unha das máis importantes feiras da Provincia de Pontevedra e de todo Galiza.
A feira comeza ás 10:00 da mañá e nos diferentes postos poderanse ver recreacións de oficios tradicionais galegos que, xunto cos que xa aparecían representados o ano anterior, latoeiro, costureira, zapateiro, etc… , este ano terán como novidade o augardenteiro e un cesteiro da Escola de Artesanía de Vigo.Tamén repetirá o artesán de Mourente-Pontevedra Dionisio, co seu taller de instrumentos musicais tradicionais.
Unha parte da feira estará adicada as actividades gandeiras e agrícolas da zona, coa feira do gando e a representación da puxa dunha vaca. Diversas representacións de labores tradicionais, como a malla ou a esfolla do millo e organización de xogos tradicionais.
Nas tabernas instaladas na feira poderanse degustar racións de pratos típicos da zona e de doces.
Durante todo o día actuarán diferentes agrupacións folclóricas da zona, con bailes e música tradicional.
A feira Labrega está organizada pola Asociación CABEMEIS, conformada polos veciños despois da primeira edición, para unha mellor xestión da mesma. Pero nela participan asociacións de toda índole e de tódolos recunchos do Concello de Meis, dende Asociacións de Mulleres Rurais, Asociacións Folclóricas ou Mancomunidades de Montes, so por nomear algunhas.Teñen como colaborador de luxo a Don Mario Gallego Rei, coñecido profesor que ten escrito e segue a escribir, nunha labor incansable, sobre diferentes aspectos artísticos, etnográficos e culturais do Concello de Meis.
Toda esta xente son un exemplo de auto organización e colaboración social á ora de levar a cabo iniciativas lúdico socias e de recuperación da memoria da nosa cultura, que tan importante é. Desexámoslle que sigan a facelo así de ben e altruistamente por moitos anos máis.

Responses

  1. Un says:

    Xullo 4th, 2009 at|comment_date at comment_time 16:45 (#)

    Para que vos enteredes do que fan os nosos alcaldes http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Fiscalia/querella/alcalde/Portas/defraudar/Hacienda/elpepuespgal/20090704elpgal_6/Tes

  2. Vilagonde says:

    Xullo 5th, 2009 at|comment_date at comment_time 13:56 (#)

    BENVIDO DE NOVO !!!.
    Da Feira esa non tiña coñecemento, pero imaxino será magnífica. O día está un pouco raro, pero a ver si podedes disfrutala debidamente.
    Por certo, moi bonita foto.
    Saúdos !