Axóuxere

Xuño 11th, 2009  |  Published in| the_category Revistas e Folletos

cpimosteiro0002 Axóuxere é unha revista que edita o C.P.I. do Mosteiro desde hai cando menos

10 anos. Trátase dunha publicación escolar anual integramente en galego. Nesta xeira, teño coñecimento de 10 números, o último data de 2007. O ano pasado non se editou. Ainda que na revista fala de dúas épocas, poderiamos falar de 3. A primeira época da revista “Axóuxere” hai que situala nos anos 90 e viñan nunha carátula azul co anagrama da Caixa de Aforros de Vigo (actual Caixanova). A temática da revista é diversa, vai desde temas culturais (día das letras galegas), históricos, de actividades educativas, etc. O Colexio do Mosteiro tivera anteriormente outra revistiña chamada “A Voz da Escola”, nunha primeira xeira a finais dos anos setenta do século pasado e nunha segunda xeira a comezos dos oitenta. Ainda que os números publicados foron moi escasos. Agardemos que o C.P.I. do Mosteiro continue o seu labor con novos números.

Os comentarios están pechados.