A Saleta

Abril 18th, 2007  |  Published in| the_category Memoria Historica

asaleta1.JPG

Ollando nos vellos papeis, atopei unha carta do meu amigo Miguel Galiñanes Castro, titulada “ADEUS Á SALETA” (1996), O Xardín Botánico da Saleta é un das tantas cousas que Meis perdeu polos especímenes que nos gobernan do PP. Agora que estamos en eleccións non ven mal ter un pouco de Memoria Histórica. Eís a carta:

Esta misiva non vai dirixida a nenguén en concreto, polo menos non a nível persoal, ainda que ganas non faltan.
Como un cidadán do concello de Meis sinto arrepíos cando ata min chegan os comentarios dalgúns politicuchos poñendo en dúbida a seriedade de Mrs. Gimnson. Os que coñecemos dende fai anos sabemos do seu optimismo, da súa integridade e da súa constancia en tódolos aspectos da vida. Do mesmo xeito, non somos coñecedores da “integridade” e “personalidade” dalgunha das nosas “autoridades”. É unha vergoña allea á que se sinte ante as expresións empregadas por algún “personaxiño” que non atopa que dicir para explicar a incompetencia, inoperancia, incapacidade e falta de vontade de aqueles que tiñan na súas mans a oportunidade de que unha xoia como A Saleta, fose un ben publico do que poidesen disfrutar e aprender tódolos cidadáns e aqueles que ata a nosa bisbarra se achegasen.
Pero de todos é sabido que isto restaría atractivo ó punto de encontro dos turistas da zona: a nova casa rectoral da Armenteira coñecida popularmente como “A Casa do Cura”, centro das miradas de todos aqueles interesados polo arte, e que non se dan posto de acordo no estilo: ¿románico? ¿gótico?…
Sinto ter que usa-lo cinismo, pero ¿qué nos queda ós cidadáns do concello despois de ter sufrido unha perda como a da Saleta, de ter que dicir adeus a unha persoa extraordinaria como Mrs. Gimnson, e inda por riba ter que tragar as falsedades dalgunhas “personiñas”?

¿Gustaríavos sabe-la resposta? Quédanos o golf.

Os comentarios están pechados.