Ultimando o Festival Dolorock`07 (O Mosteiro)

Xuño 26th, 2007  |  Published in| the_category Eventos  |  3 Comments

 A banda 6 P.M., último grupo confirmado para o festival Dolorock`07

O cartel do festival Dolorock 07 que, o vindeiro 25 de agosto, se celebrará no Campo da Feira do Mosteiro, en Meis, está a piques de pecharse. De feito, o último grupo en confirmar a súa asistencia foi 6 P.M., unha banda galega que, nas súas interpretacións, se aproxima moito ao estilo exercido por Nadadora. Nacida hai catro anos froito das inquedanzas no conservatorio de Santiago, Iván Oubiña e Raúl Mom expresan o seu sentir pola vida percorrendo a electrónica de dormitorio misturada con toques de pop melancólico. Máis información no Diario de Arousa.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/F7B8PqTFS-c" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Diario de Arousa do 1 de Xullo do 2007

Responses

  1. alba says:

    Xuño 26th, 2007 at|comment_date at comment_time 23:43 (#)

    quero felicitar ós organizadores do dolorock porque por agora teñen un cartel que non lle ten nada que envexar ós outros festivais con moito máis renombre. a mi particularmente flipanme mendetz. espero que sigades coas mesmas ganas moito tempo e cada ano así sexa mellor. saudos e todo saia ben.

  2. ESPE says:

    Xullo 7th, 2007 at|comment_date at comment_time 15:59 (#)

    esta asociacion si que traballa, e seguro q sen gañar un peso. tiñades q darlle clases de organizacion a comision de san benito, e ó sr alcalde q o unico q sabe organizar son comidas pos vellos q son os q lle dan os votos. seguide asi e non fagades caso de qen di q ides a acabar sendo comprados polos politicos, iso so o di qen vos envidia.

  3. fochon says:

    Xullo 31st, 2007 at|comment_date at comment_time 19:58 (#)

    Me gusta mucho el montaje que habeis hecho con este video, y lo mejor es la música de Creed.

    NOTA DO WEBMASTER: A montaxe do video debe ser da mesma asociación A Baralla, coido, está depositado no YouTube a nome de Jamaika79