Últimos días de exposición da obra de Pesqueira

Xuño 19th, 2007  |  Published in| the_category Eventos  |  2 Comments

 pesqueiralabregos.jpg

“Meis e as súas xentes están por descubrir: canteiros, labregos e gandeiros, intelectuais, profesionais, políticos, artistas, homes, nobres, literatos, militares, artesáns, mulleres sindicalistas, entre outros deron sentido social e histórico a unha terra que nos colle con agarimo e nos amosa a vida da súa vida milenaria. A vida e a obra de MANUEL PESQUEIRA SALGADO é un exemplo de forza vital, amor pola terra e compromiso social e político polos máis desfavorecidos. Seu traballo como pintor expresa con realismo e colorido, vivencias cotiás e xeito de vivir dunha época da súa historia que tentamos dar a coñecer a toda a comunidade educativa”.

Deste modo comeza un tríptico que o C.P.I. do Mosteiro fixo para a exposición do pintor meisino. O vindeiro luns será desmantelada polo que recoméndovos que vaiades se non coñecedes o seu traballo.

Un dos cadros que mais me impactou da obra que coñezo de Pesqueira é un lienzo debuxado nos anos 60 do século pasado sobre a Guerra Civil, que para min significa a lembranza fonda que tiña o autor deses feitos. Nesa pintura nótase a influencia de dous cadros ben coñecidos como son as  pinturas de Goya sobre os Fusilamentos do 3 de Mayo e o Guernika de Picasso.

A Mostra pictórica está exposta no Colexio Público do Mosteiro e pode ser visitada durante o horario escolar.

Responses

  1. P L M says:

    Xuño 19th, 2007 at|comment_date at comment_time 15:59 (#)

    Ola! Querería saber onde se atopa esta exposición de Pesqueira, ata cando e en que horarios se pode visitar e quen a organiza. Saúdos.

  2. meis says:

    Xuño 20th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:22 (#)

    NOTA DO WEBMASTER:
    Ola PLM, a mostra pódela ver no C.P.I. do Mosteiro durante o horario escolar. Creo que a organiza Don Mario co apoio do Centro.
    Un saúdo