Un plano de Meis do século XVIII

Outubro 10th, 2007  |  Published in| the_category Historia

Existe na Real Chancelaria de Valladolid un Plano do camiño que vai desde O Pazo de Meis (San Salvador) até Caticovas (Nogueira) que data de 1767.

O Plano realizouse entre 1765 e 1768 por mor dun preito de Melchor de Abal Leis e Caamaño, dono da Casa e Torre de Caticovas, veciño de San Vicente de Nogueira, con José Gabriel Patón e outros consortes, veciños de San Salvador de Meis sobre a propiedade e pertenencia dos montes do lugar de Caticovas, titulados de Outeiro, San Paio e Fonte Cova. O conflicto iníciase en 1763 cando os veciños da freguesía de Meis e José Gabriel Patón presentan perante a Audiencia do Reino de Galiza (A Coruña) un recurso contra Melchor Luis de Abal sobre a Posesión do devandito monte.

plano.jpg

Anteriormente, Melchor Abal tivera outro conflicto entre 1757 e 1758 con  Benito Barreiro, veciño de San Vicente de Nogueira, polas mesmas propiedades. Ainda que ao igual que o anterior, o preito iniciouse anos antes. Concretamente en 1753 na mesma Real Audiencia de Galiza, cando os veciños de San Vicente de Nogueira e lugar de Caticovas e Benito Barreiro, en contra dos intereses de Melchor Luis de Abal e Caamaño, REINVINDICAN as propiedades dos montes do Outeiro, San Paio e Fonte Cova como comúns. 

Os comentarios están pechados.