Artigo de Miguel Anxo Murado sobre os chanchullos do PP en Meis

Maio 24th, 2007  |  Published in| the_category Eventos, Memoria Historica  |  5 Comments

 miguelanxbio.jpg

Artigo de Miguel Anxo Murado en La Voz de Galicia sobre a manipulación do PP do censo electoral de Meis:

“LIN en La Voz o caso dese alcalde, o de Meis, que ten empadroadas a doce persoas na súa casa. Como estamos en campaña electoral, e para non parecer tendencioso (non o son, francamente), referireime ó seu partido tan só por medio de iniciais: P.P. Así ninguén saberá de quen falamos.
Digo que lin o desta especie de solución habitacional, esta variante politizada do turismo rural, e o meu primeiro impulso foi o de ir votar por este home. Si, a oposición está indignada, pero eu digo que o votaría mesmo para presidente, porque este home resólvenos o problema da vivenda de vez. A doce persoas por piso, a burbulla inmobiliaria rebentaba seguro en nada. E parecíannos pequenos aqueles pisos de trinta metros cadrados da ministra esa que nunca me lembro do nome nin de se segue sendo ministra porque nunca máis volveu abrir a boca…. Pois aí temos en Meis un alcalde que nun piso de trinta metros, se lle deixan, mete a todo o P.P. e aínda lle sobra espazo para facer unha piscina.
¿Por que se incomoda a oposición, logo? Incomódase porque din que desas doce persoas tan só dúas (o alcalde e a súa muller) residen realmente na vivenda, e que os outros tan só están rexistrados alí a efectos de poder votar. Pero o alcalde di que os aloxou porque lle daba carraxe velos ir e vir desde Pontevedra todos os días. A cousa podería, xa que logo, interpretarse como unha medida de integración de inmigrantes (neste caso, os inmigrantes de Pontevedra en Meis).
Despois de todo, ¿non era de Meis precisamente aquel san Ero de Armenteira do que fala a Cantiga 103 de Alfonso X, o santo que converteu o seu palacio nun mosteiro para acoller monxes? Este rexedor de agora non fai senón seguir esta antiga tradición local.
San Ero pedíalles ós seus empadroados o voto de castidade, e este alcalde, máis acorde con estes tempos, pídelles tamén o voto, pero doutro tipo. E eu o único que digo é que polo menos estes votantes están vivos. Imos mellorando en cuestión de limpeza electoral.”

Biografía de Miguel Anxo Murado: Vieiros e Wikipedia

Responses

  1. Tito says:

    Maio 25th, 2007 at|comment_date at comment_time 0:47 (#)

    Que vergonza que se coñeza Meis por estas cousas.Vai pasar como Toques, todo o mundo o coñece polo que pasou co seu alcalde.
    Agora Meis, mira ti que non teremos cousas, pero estos XXXXXXX do PP fanno famoso polas suas trapalladas.
    VERGONZA debería darlle a todolos integrantes da lista do PP, sen excepción.
    Tapade a cara.Fora do goberno municipal .

  2. --- says:

    Maio 25th, 2007 at|comment_date at comment_time 14:40 (#)

    Hola. Son un dos cuestionados empadroados. Soamente é para dicir que non son votante do P.P. co cal o interese falado no meu caso queda descartado.

    Un atento saúdo.

  3. Tito says:

    Maio 25th, 2007 at|comment_date at comment_time 22:25 (#)

    Sinto decircho, pero non varia absolutamente nada de nada.Está xente empadroada na casa de José Luis, alcalde do PP, do nº 2 Eugenio Fernández, do PP, e ti empadroaste alí para votar por outros , ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,ja,….
    Deberías ter a suficiente vergonza para non ir a votar.

  4. --- says:

    Maio 26th, 2007 at|comment_date at comment_time 2:58 (#)

    Tito, non fai falla que sintas dicirme nada. Non estou empadroado en Meis por motivo algún electoral. E sí, quizáis queira votar este domingo como entendo me corresponde. Non me importa expresar como fixen que non son votante do P.P. e moitas menos ganas teño de afastarme das urnas escoitando cousas estos días como as de un iluminado xa non presidente do Goberno que di que votaría eu a unha banda terrorista, faga por quen o faga, se non voto ao partido dos seus favores. Saúdos.

  5. tano says:

    Maio 30th, 2007 at|comment_date at comment_time 13:23 (#)

    Os empadroados “daquela maneira” foron a votar.
    En Paradela foron 2.
    En San Lourenzo foron 14
    En Santo Tomé foron 2.
    Esto é unha vergoña.
    Non dicía o alcalde que estuvera todo o mundo tranquilo que non irían a votar??
    Marbella o lado deste concello e un chiste. O día que se empece a tirar do fío, mi madriña o que nos espera…