Presentación do CD da Coral Xuntanza Xoven

Decembro 16th, 2008  |  Published in| the_category Coral Xuntanza de Meis

Queridos amigos :
Nestes próximos días presentaremos noso primeiro CD. Esta presentación coincidira co festival de corais do nadal de Meis que celebrarase no multiusos da casa de cultura municipal de música o vindeiro domingo dia 21 as 5 da tarde.
A presentación coincide co festival de corais de Nadal de Meis e acompañarannos. Coral Polifónica Xuntanza de Meis , Coro Santa María de Paradela, Coro Divino Salvador de Meis, Coro Arco da Vella, Coro Os Muiños de Armenteira e Coro o Noso Aire como podedes ver para arrouparnos nesta ocasion, non podíamos atopar mellor compañia.
O novidososo desta grabación é que os temas son coma nos, temas de hoxe en día ,sons e arranxos de cancions xa coñecidas da música pop, eso si adaptados para cantar por unha formación coral. Entre estos temas atopase No dudaría de Antonio Flores, Vivo por ella de Andrea Boccelli tamen dous villancicos sacados do disco de Rosa Lopez.A grabación esta feita pola CRTVG e o seu xefe de producción Pablo Barreiro, os arranxos son de Andrés Moreiras, e como non o frente de todo a boa man de Montse Arosa .
Para a gravación do Cd. axudaronnos institucións coma o Concello e a CRTVG, e tamen suliñar moi especialmente a sensibilidade e colaboración de cantidade de firmas locais, as que dende aqui dar todas as grazas e o noso cariño.
Todo o que queira adquirir o CD. podeo facer neste festival ou a traves dos compoñentes, seguro que non ides pasar estas navidades sin el..
Tamen queremos aproveitar a ocasión para convidar, a todos os mozos e mozas que queiran formar parte da nosa formación, a animarse, e vir cantar con nos, agardamosvos todos os sabados as 12:30 na casa da Cultura do Mosteiro.Esperamos que esta noticia sexa do voso interese e agardamos que nos axudedes na promoción do CD.
Coral Xuntanza Xoven

Os comentarios están pechados.