O Concello de Meis organiza os actos do Nadal

Decembro 14th, 2008  |  Published in| the_category Festas

Entre as actividades que quere organizar o Concello de Meis para o Nadal atoparemos un “Belén Vivente” e a Festa de Fin de ano infantil.
O programa de festas comezará o día 20 coa actuación da Banda Municipal de Meis no Centro Multiusos do Mosteiro.
As mañáns dos días 22 e 23 estarán amenizadas por xogos, manualidades e panxoliñas para os mais novos. Así como xornadas deportivos até que comecen as clases.
O 25 prográmase o Belén Vivente e a celebración dunha “misa no Centro Multiusos do Mosteiro”.
Para o 31 os cativos poderán disfrutar da “Festa de Fin de Ano” con cotillón incluido, ademais de xogos, música, baile, obradoiro de maquillaxe e as tradicionais doce badaladas.
A programación finaliza o día 5 coa tradicional Cabalgata de Reis con recepción no Multiusos e desfile de carrozas.

Os comentarios están pechados.