A Canceira do Salnés

Novembro 1st, 2008  |  Published in| the_category Memoria Historica

O Busto (A Armenteira)

A Canceira Comarcal é outro dos proxectos do Partido Popular que vai a paso de tartaruga, únese a outros coma a estrada O Mosteiro – Barrantes que xa vai camiño de 10 anos desde que comezou ou o do Poligono Industrial de Meis que cos mesmos anos co anterior non sabemos ainda como está.

A historia da canceira data de hai dous lustros como reflexa unha nova de La Voz de Galicia: O Salnés solicita una subvención para construir una perrera comarcal en Meis do 26 de Xuño do 2000. Desde entón foron varios os lugares onde se ía instalar, chegando a mercar uns terreos (creo lembrar en Silván) do que ao final se desbota a idea de facela. Xa se sabe como xestiona o PP de Meis estas cousas, e se non que llo pregunten aos veciños de San Martiño cos terreos do tanatorio e piscina climatizada. A Mancomunidade do Salnés volve de novo co tema no 2006, así sinala o rotativo galego o 6 de novembro do 2006: O Salnés debate el convenio para construir la perrera comarcal e Canal Rías Baixas o 26 de Outubro dese mesmo ano: Medio Ambiente financiará a canceira mancomunada. A Canceira Comarcal do Salnés instálase no Busto (A Armenteira).

Non será até o 26 de Decembro do 2006 e coa chegada do novo Goberno da Xunta de Galiza, e polo tanto estando fóra o PP do goberno autonómico, cando comenza as obras da Canceira que dará servizo aos nove concello da zona do Salnés: Cambados, O Grove, Vilagarcía, A Illa de Arousa, Meaño Meis, Ribadumia, Sanxenxo, Vilagarcía e Vilanova.

A Xunta de Galiza volta de novo a financiar a ampliación da canceira con 154.00 € neste 3 anos: Medio Ambiente financia con 154.000 euros la ampliación de la perrera comarcal

Os comentarios están pechados.