O PSOE de Meis renova a Executiva Local

Outubro 22nd, 2008  |  Published in| the_category Política


O sábado 18 de Outubro pola tarde celebrouse a Asemblea da agrupación local coa fin de escoller á súa executiva. Por unanimidade, elixiuse continuar co proceso de renovación iniciado no proceso das Eleccións Municipais. A lista aprobada está encabezada por Marta Giráldez, Secretaria Xeral, informou aos presentes do seu programa de traballo que empeza pola necesidade de achegar o traballo que os socialistas están a facer no Concello ao pobo; ademais propuxo artellar un sistema para que os veciños de Meis teñan a posibilidade de achegarlles as súas preocupacións e problemas. Outra das propostas da nova executiva e promover unha campaña de afiliación entre os seus simpatizantes e veciños que estean interesados, coa fin de sumar nova xente con novas iniciativas.
A Executiva quedou constituída do seguinte xeito:
Secretaria Xeral, Marta Giráldez.
Secretario de Organización, Isidoro Dios.
Secretario de Contas, Francisco Casás.
Secretaria de Igualdade, Cristina Sineiro.
Secretario de Cultura, José Ramón Jubino
Secretaria de Relacións co Grupo Municipal, Aderita Serantes
Secretaria de Comunicación, Hortensia Fernández.

Máis información: La Voz de Galicia 22.10.08

Os comentarios están pechados.