A patética política do PP

Setembro 17th, 2008  |  Published in| the_category Política  |  12 Comments


Ollando os xornais distos días ollo dúas novas referentes ao concello. A primeira está relacionada co estado do acceso ao “corredor do Salnés” na Armenteira na que unha vez máis aparece o PP na súa campaña mediática narcotizante sobre o mal estado destas accesos. Por outro lado, a concesión de licenza dun tanatorio en San Martiño de Meis.

Desde logo, nas xa redundantes roldas de prensa do “Sindicato de alcaldes do PP do Salnés” co Corredor non me deixa de sorprender a pouca ou nula autocrítica desta xente porque son eles os verdadeiros culpabeis da situación na que se atopan as estradas de acceso. As famosas políticas de Fraga de facer as cousas rápidas, mal e arrastro fixeron que os veciños de Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo estemos pagando as consecuencias de todo isto, mais agora coa desfachatez de que os responsabeis orixinais aproveiten a ocasión para zouparlle á actual Xunta de Galiza, ainda que algunha responsabilidade terá a COTP en mans do PSOE.

Por outro lado, a concesión da licenza para facer un tanatorio na freguesía de San Martiño non deixa de ser outro dos esperpentos do PP de Meis. Inagurado pola Deputación hai case 3 anos a todo bombo duns terreos para facer un tanatorio, mais descoñecendo ou non que nesa zona non se podían obrar porque estaba catalogado como “Solo Rústico”. Así funciona o PP, mexan por nós e nos din que chove.

Non sei se vai ter futuro a construcción dun tanatorio para un potencial de 15.000 persoas se temos en conta a poboación de Meaño, Ribadumia e Meis. Máis a “coña” de ter esta “industria” para Meis non remata aquí, pois Ribadumia aprobou xa un orzamento de 45.000 € para a construcción do seu propio tanatorio municipal.

Sen descartar que se trata dun servizo necesario, entendo que para o conxunto de poboación ao que vai dirixida sería ideal un servizo mancomunado. Pero xa se vé a política do PP…políticas minifundistas para xordos, cegos e mudos. Se cadra, estamos todos mortos?

Responses

  1. Un parvo agradecido says:

    Setembro 18th, 2008 at|comment_date at comment_time 2:11 (#)

    Bendito sexas ti, que nos abres os ollos aos pobres iñorantes que vivimos en Meis e necesitamos que miren por nós…

  2. meis says:

    Setembro 18th, 2008 at|comment_date at comment_time 14:21 (#)

    O Webmaster dixit:

    De nada “parvo agradecido” e viva a liberdade de expresión e de información.

  3. Un parvo agradecido says:

    Setembro 19th, 2008 at|comment_date at comment_time 2:52 (#)

    Nalgo estamos de acordo, sí señor. A liberdade de expresión é marabillosa e imprescindible nunha sociedade moderna coma a nosa. O que me pregunto é se se pode considerar información unha visión tan parcial e maquillada coma a que desde este blog se presenta, e que con frecuencia acaba obtendo un resultado supoño que contrario ó que nun principio se esperaba. Quero dicir, que como bo votante de esquerdas que son, teño o costume de facer autocrítica e dóeme profundamente atoparme con que desde sectores próximos (sobre o papel) ás miñas ideas se cometen os mesmos erros que sempre boto na cara ós medios de tendencia conservadora, tales como a distorsión da realidade ou a interpretación partidista e interesada da información. É algo que me jode profundamente, sobre todo porque estou convencido de que non fai falla recorrer á mala educación nin ás faltas de respeto para descalificar a aqueles que se descalifican sós coas súas accións; e porque considero que é de cabaleiros o saber recoñecer que algo se fai ben (porque algunhas cousas -aínda que sexan poucas e pequenas- si se fan ben), sexa quen sexa o que as faga.

  4. STomewarrior says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 12:32 (#)

    Que non se extrane ninguén dos “Salvadores” e autoproclamados loitadores da Galiza. Sempre serán máis galegos ca ún (a ver cando se premian os méritos con galóns como no Exército), e posuidores da verdade absoluta, por enriba do ben e o mal.
    Grandes valentes que amparados no máis cobarde anonimato, vilipendian i emporcan a conducta do que non pensa como eles. Pero claro, eles dín que é liberdade de expresión en democracia. DEMOCRACIA ????
    Vos sodes os verdadeiros fascistas.
    Emputecedes a verdadeira loita con localismos infames que o que fan é deixar ver a vosa curtedade de miras.
    Este tipo de noxentos individuos, emputecen o senso común do pensar colectivo do país, facendo a guerra pola súa conta e aproveitando o “tiro a apedra i escondo a man”.
    Probiños lerdos e carentes de vontade e pensamento, monecrequiños captados que non ven que os manexan cal peonciños do xadrez.

  5. Santiña says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 13:26 (#)

    Os comentarios a este artigo só demostran o atinado do artigo. Felicitacións a esta páxina por facerlle frente ás paiasadas do PP.
    Istos comentaristas que tanto critican o artigo preferirían a sumisión ás políticas caciquiles do PP.

  6. Un parvo agradecido says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 14:39 (#)

    Resposta a Santiña: Pódoche asegurar que os meus idearios políticos están totalmente nas antípodas do PP, de feito eu o que critico deste artigo (e desgraciadamente podería dicir que xeralmente de todo o que se publica neste blog) é que con frecuencia me recorda moito nas formas ó propio PP.
    Así que de sumisión nada, o que eu propugno é a crítica exemplificadora.
    Persoalmente visito esta páxina porque me interesan certos artigos culturais relacionados con Meis, algo que non atopo en ningún outro lugar e que me parece necesario, e penso que a clara tendenciosidade dos artigos políticos rebaixan a calidade global do blog.

  7. Lucia says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 19:29 (#)

    Santiña no te enteras, las críticas al artículo proceden de los hooligans del PSOE. No soportan los “sociatas” los comentarios del blog a la Consellería de Ordenación del Territorio ni tampoco las críticas que mantiene ultimamente con la pobre política del PSOE en el ayuntamiento.

    Nadie discute que “bitácora de meis” tiene una tendencia próxima al nacionalismo, pero no creo que el o la autora del blog se crea con la verdad absoluta. A mi me gusta todo lo que leo, desde temas culturales, históricos hasta los políticos. Es algo que enriquece ver todos los puntos de vista.

    Los que critican el artículo deberían de concretar más lo que cuestionan.

  8. STomewarrior says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 20:28 (#)

    Y bajarse los pantalones ante una minoría absurda y extremizada ¿a que sí?

  9. Un parvo agradecido says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 22:53 (#)

    Resposta a Lucía: Se no de hooligan do PSOE me estás incluindo a min, permíteme dicirche que te estás equivocando. Polo de agora, voto ó PSOE nas eleccións xenerais e autonómicas, pero nas municipais voto sempre ó BNG, aínda que nada desto ten por que ser así para sempre, claro está. Non son dogmático, prézome moito de ser unha persoa obxetiva e non me gusta enarbolar bandeiras sen poñelas en cuestionamento. O que deduzo nas respostas túa, de Santiña e do propio webmaster é que sodes bastante susceptibles ás críticas.

  10. Un parvo agradecido says:

    Setembro 21st, 2008 at|comment_date at comment_time 22:54 (#)

    Por certo, o da minoría absurda e extremizada paréceme, lóxicamente, unha parvada.

  11. Pitagorín says:

    Setembro 23rd, 2008 at|comment_date at comment_time 15:21 (#)

    Menudas pataletas que tienen los socialistos cuando simplemente nombraron en el artículo a la conselleira de política territorial, y solo la nombraron.¿Que pasaría si dijesen lo que es realmente?.
    No entiendo el enfado de la pandilla de Marta, pues eso es el Psoe de Meis, Marta y su coro de amigas, junto con Isidoro, que es un sufridor de esta niña prepotente que pusieron de cabeza de lista.Saben que se equivocaron , pero yo creo que no tenían a nadie más. Lo mismo que le ocurre a los del Bloque, que tienen ahí a la loca de Maricarmen porque no tienen a nadie para el puesto.Pero por lo menos la del Bloque tiene narices y el problema es que no se rebaja al Psoe, ni aunque estos tengan tres concejales.El psoe quería aprovechar y que la del bloque al estar sola se uniera a ellos, pero me dicen que el cabreo de los sociatas es que los del bloque pasan de ellos y por encima a veces los nombran en este blog y no lo soportan.,
    por cierto me comentaron que detrás de este blog esta Maricarmen la del bloque. Yo no la creo tan lista como para hacer un blog como este, al menos. ¿Que opinais vosotros?

  12. victoria says:

    Setembro 24th, 2008 at|comment_date at comment_time 9:20 (#)

    A ver Pitagorín, non vou entrar na cuestión de fondo. Simplemente decirche, que o teu discurso, como o da tua pandilla de amigos/as xa cansa , porque vense repetindo dende fai aproximadamente un ano e medio. Que si prepotente, que si tola, que si así… Cambia o chip que repites mais que unha lata de srdiñas en conserva